BNG exixe un plan urxente de axudas ás familias, PEMES e explotacións agrarias afectadas polos temporais
Bloque Nacionalista Galego 16-02-2026, 23:42
![]()
O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Iago Tabarés, rexistrou no Parlamento unha Proposición Non de Lei para instar a Xunta de Galiza a poñer en marcha, con carácter inmediato, un programa de axudas extraordinarias e urxentes para as persoas, familias, PEMES, autónomos, agricultores e gandeiras afectados polos danos derivados das sucesivas borrascas e temporais que nos últimos meses asolaron o país.
Tabarés lembrou que "a Xunta non declarou situación algunha de emerxencia", malia que todo o país foi declarado zona catastrófica como consecuencia dos importantes danos acontecidos en infraestruturas, servizos públicos, vivendas, explotacións e cultivos, "nomeadamente na Limia e no Salnés". Tabarés advertiu que "nin os seguros privados, nin as axudas anunciadas por diferentes administracións públicas, van conseguir cubrir" a totalidade dos prexuízos.
A iniciativa nacionalista chega despois de semanas de inestabilidade meteorolóxica con borrascas como Leonardo, Marta, Ingrid ou Judith, que provocaron alertas laranxa e vermella, desbordamentos de ríos como Mendo, Mandeo, Ulla, Umia, Tambre, Miño ou Louro, e múltiples incidencias en vivendas, baixos comerciais, estradas e milleiros de hectáreas de terreos agrícolas, invernadoiros e viñedos.
O deputado nacionalista subliñou a necesidade de que "de xeito coordinado e transparente todas as administracións públicas, tamén a Xunta de Galiza, contribúan a paliar as consecuencias e os efectos tan devastadores para as persoas, para as familias, para as explotacións e para o noso tecido económico e social". Neste senso, a PNL propón establecer medidas de coordinación e colaboración cos concellos e os sectores sociais implicados para garantir a eficacia e transparencia na xestión das axudas.
Tabarés fixo fincapé en que son os concellos os que están a soportar en solitario os custos das primeiras actuacións, como labores de limpeza, retirada de lodos, reparación de camiños e reposición de servizos básicos, "gastos extraordinarios que recaen sobre administracións cunha capacidade financeira limitada e que superan claramente o ámbito local".
A Proposición Non de Lei será debatida no Parlamento galego nas vindeiras semanas.
"Het internationale machtsspel van China, gericht op het ondermijnen van de westerse liberale orde, is sterk afhankelijk van de invloed die Peking kan uitoefenen op quasi-vazalstaten. Van deze staten is Venezuela al ingestort, en Iran staat op het punt hetzelfde lot te ondergaan. Alleen Rusland blijft stevig in de greep van China", stelt Europees Parlementslid Johan Van Overtveldt op knack.be.
read more..Zur aktuellen Diskussion um die Besetzung der Dezernentenstellen erklärt der Vorsitzende der SSW-Ratsfraktion Kiel, Ratsherr Marcel Schmidt:
„Die vergangene Ratsversammlung hat gezeigt, wie sehr das Verfahren zur Besetzung der offenen Dezernentenstellen die politische Kultur belastet. Noch immer stehen zwei zentrale Verwaltungsposten mit großer Bedeutung für Kiel zur Entscheidung an – in einer Phase angespannter Haushaltslage und großer struktureller Herausforderungen. Statt Vertrauen in ein transparentes und faires Auswahlverfahren zu stärken, ist der Eindruck entstanden, dass parteipolitische Erwägungen eine zu große Rolle spielen. Genau das darf bei der Besetzung von Spitzenämtern einer Stadtverwaltung nicht passieren.
Luís Bará evidencia, con esta propaganda, a falta de proxecto político e a preguiza dun goberno instalado no autobombo e no conformismo
read more..Liz Saville Roberts urges voters to reject Reform UK’s ‘Trumpian politics’ and back Plaid Cymru in May election
Iria Taibo denuncia o "silencio cómplice" do goberno do PP mentres máis de 25.000 residentes galegos están en situación de vulnerabilidade ante as deportacións masivas de Trump
read more..El Parlament de Catalunya ha aprovat avui, a proposta de Junts per Catalunya, una moció que fixa un canvi de rumb en les polítiques socials del país i que interpel·la directament el Govern a assumir la seva responsabilitat com a garant efectiu dels drets de les persones amb discapacitat i en situació de dependència. “En un escenari marcat per la tensió estructural del sistema, amb llistes d’espera persistents, retards en les valoracions i desigualtats territorials encara no resoltes, la iniciativa torna a situar les persones, la seva dignitat i els seus projectes de vida al centre de l’acció pública” ha destacat el diputat de Junts, Isaac Padrós.
read more..Propón unha tarifa eléctrica galega e a creación dunha empresa pública de enerxía para baixar a factura da luz e que os beneficios revertan en Galiza
Empraza ao titular da Xunta a seguir o exemplo do alcalde nacionalista de Muras para poñer a riqueza enerxética do País ao servizo da cidadanía
read more..ANDALUCISTAS DENUNCIA EL COLAPSO DEL TRANSPORTE EN SEVILLA Y EXIGE SOLUCIONES URGENTES A LAS INFRAESTRUCTURAS PENDIENTES EN ANDALUCÍA
La coalición señala la saturación del metro en Feria y el bloqueo de la SE-40 como ejemplos de una red de comunicaciones “insuficiente para una tierra con potencial de primera”
read more..Ariadna Fernández reclama á Xunta aumentar as contías anuais, pagar en tempo e facerse cargo dos custos das contratacións de persoal substituto
O BNG tamén considera fundamental unha listaxe de persoal que estea dispoñible para chamar en caso de necesitar substitucións esporádicas
read more..