BNG acusa o PP de seguir precarizando as 102 “falsas autónomas” das casa niño con soldos que non chegan ao SMI
Bloque Nacionalista Galego 8-04-2026, 10:07 social
Ariadna Fernández reclama á Xunta aumentar as contías anuais, pagar en tempo e facerse cargo dos custos das contratacións de persoal substituto
O BNG tamén considera fundamental unha listaxe de persoal que estea dispoñible para chamar en caso de necesitar substitucións esporádicas
![]()
A portavoz de Infancia e Familia do BNG no Parlamento, Ariadna Fernández, criticou o PP por seguir precarizando as 102 “falsas autónomas” titulares que manteñen abertas as casas niño, o servizo de conciliación nos concellos rurais mais pequenos, que contan cunha axuda da Xunta de Galiza e que para o BNG é claramente insuficiente, ao non acadar nin sequera o Salario Mínimo Interprofesional (SMI).
Segundo indicou a deputada, a achega ascende a 29500 ao ano, case a metade dos cales se van en gastos de traballo –alugueiro, auga, calefacción, seguro do local, seguro de accidentes, xestoría, luz, IRPF, arranxos, material funxible ou a cota de autónomos), quedando limpos para a traballadora ––na súa maioría son mulleres– unha contía que non chega ao SMI.
“A quen dos presentes lles gustaría traballar nestas condicións laborais e salariais?, preguntou, aclarando que estas 102 titulares son autónomas a efectos de obrigacións tributarias e de pagos de cotización, pero son empregadas ao ter por riba de si alguén que lles marca as condicións de traballo, neste caso, a administración galega. “Teñen o malo de cada unha das dúas caras da moeda, non saen gañando nunca”, lamentou.
A deputada nacionalista tamén puxo o foco na falta de opcións para ser substituídas en caso de circunstancias sobrevidas que non poden controlar, como levar o seu propio fillo ou filla ao médico, exemplificou. “Esta é a conciliación da Xunta de Galiza no rural”, expresou, emprazando o Goberno galego a asumir os custos das contratación dese persoal substituto.
É por iso que o BNG, ademais de pedir que se aumenten as axudas anuais e que se pague en tempo, considera fundamental a creación dunhas listaxes ou bancos de substitucións para poder acceder a elas cando sexa preciso. Así mesmo, a Xunta debería clarificar a normativa para que non leve a enganos e establecer unhas condicións laborais nas que as traballadoras poidan pechar — informando ás persoas usuarias das casas niño— en días nos que se vexan afectadas por enfermidades de familiares, citas medicas ou asuntos sobrevidos.
Na súa intervención na Comisión 5ª, Fernández recriminoulle á Dirección Xeral de Infancia e familia que se reúna coas titulares das casas niño e que, porén, non sexa quen de comprender que as están a precarizar para que ofrezan o seu traballo nun sistema de coidados nos que elas coidan pero non reciben o mesmo trago por parte da administración. “Vostedes venden a conciliación no rural e elas vívena e sófrena”, criticou.
Afeoulle así mesmo ao PP que a todas as súas demandas de aumento da axuda, de necesidade de días de asuntos propios, de necesidade dun banco de sustitución que lles facilite a vida en circunstancias que non poden controlar, o goberno de Rueda lles ofrecese un local gratuíto no Carballiño para facer unha formación. “Hai que ser vendefumes. hai que pensar ben pouco nas persoas e hai incluso que ter certa intención de burla para ser capaces diso. Formación en malabarismo económico?”, ironizou.
Tamén lle pareceu “unha vergoña” que se lles diga a estas traballadoras que “hai que revisarlles as declaracións da renda” para saber se gañan cartos ou non e se merecen un aumento da contía das axudas ou non. “É unha cuestión de respecto ás persoas”, manifestou, engadindo que tampouco lle parecen normal que lles digan que “poñan máis atención ás casas niño que ao resto de cousas que queren facer na súa vida”, en relación ás publicacións nas redes sociais. “A ver se agora as traballadoras das casas niño van solucionar os problemas de demografía que temos”, aclarando que, por moito que publiciten o seu servizo nas redes sociais, “non van nacer máis nenos”.
O PP votou en contra da iniciativa do BNG.
Josep Pagès: “La compra de Palantir confirma una deriva autoritària i opaca del govern espanyol”
read more..El partit menorquinista ha registrat una instància al Ministeri d’Hisenda per advertir d’una greu infracció ambiental que atempta contra un recurs natural escàs com és l’aigua
read more..“It’s Scotland’s Energy” will read as the opening chapter of Scotland’s story when we become an independent nation.
For decades, the people of Scotland – our land of wind, water and wave – have witnessed our resources and revenues syphoned off to plug the blackholes of Westminster.
The stones and seabeds of Scotland, that few nations can match for their unique geology and scale of compacted ancient life, gave us the offshore industries we have today.
read more..De terug-naar-werkvoucher van minister Frank Vandenbroucke(Vooruit) blijkt één jaar na lancering een complete mislukking. Hoewel de maatregel‘een paar tienduizend’ langdurig zieken per jaar opnieuw richting werk moest begeleiden, werden tussen 1 april 2025 en 16 maart 2026 slechts 924 vouchers aangevraagd, waarvan amper 188 effectief gebruikt.“Dat is minder dan 0,03 procent van de 585.000 langdurig zieken die vandaag in aanmerking komen”, zegt Vlaams Belang-Kamerlid Ellen Samyn.“Bovendien kan Vandenbroucke niet eens zeggen hoeveel van die mensen effectief terug aan het werk zijn.”
read more..In einem Brief hat der Südtiroler Heimatbund den Bürgermeister der Marktgemeinde Naturns, Herrn Zeno Christanell, über die mit Regionalgesetz vorgesehenen Gebrauch der Trikoloreschleife bzw. des Bürgermeisterkette aufgeklärt. Denn mit der Trikoloreschleife vertretet ein Bürgermeister die römische Regierung, mit dem Medaillon die Gemeindeverwaltung.
read more..22 febbraio 2026
Buona domenica Amici,
benvenuti al dodicesimo appuntamento settimanale con la newsletter della Lega, per tenervi aggiornati sull’attività del nostro movimento e sui risultati concreti ottenuti grazie al nostro lavoro al Governo, in Parlamento, in Europa e sui territori.
read more..Con motivo de la celebración del 23 de abril, Día Nacional de Aragón, la Fundación Aragonesista Chesús Bernal vinculada a Chunta Aragonesista, hace pública la concesión del galardón en esta ya su vigésima edición, a Jorge Usón, merecido por su gran trabajo como artista polifacético, por su brillante trayectoria profesional y personal, y su vinculación con Aragón en Madrid.
read more..Voor het Vlaams Belang is de pensioenhervorming van de regering-De Wever geen structurele hervorming, maar vooral een budgettaire besparingsoperatie die verkocht wordt als hervorming.“Hoe langer men deze tekst bekijkt, hoe duidelijker het wordt dat dit in de eerste plaats een ordinaire boekhoudkundige besparingsoefening is”, stelde Kamerlid Ellen Samyn tijdens haar tussenkomst in de plenaire vergadering.
read more..De instelling levert indrukwekkende inspanningen om het personeel te motiveren en te ondersteunen bij het leren van Nederlands. Voor volgend jaar staan er maar liefst 180 aanvragen klaar van medewerkers die een taalcursus willen volgen - een duidelijk teken van engagement.
read more..