BNG exixe un pronunciamento urxente ante a "violenta e racista" actuación do ICE contra galegos nos EEUU
Bloque Nacionalista Galego 12-03-2026, 10:20
Iria Taibo denuncia o "silencio cómplice" do goberno do PP mentres máis de 25.000 residentes galegos están en situación de vulnerabilidade ante as deportacións masivas de Trump
![]()
A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Iria Taibo, exixir ao goberno de Rueda que concrete cal é a súa postura ante a actuación do Servizo de Control de Inmigración e Aduanas (ICE) dos Estados Unidos e que informe sobre as medidas previstas para protexer os máis de 25.000 galegos e galegas residentes no país norteamericano.
Taibo denunciou a "deriva autoritaria e racista" do ICE, especialmente desde o inicio do segundo mandato de Donald Trump, converténdose "no maior órgano policial da historia de EEUU" cunhas actuacións que cualificou de "paramilitares" e "arbitrarias". A nacionalista alertou de que os axentes "non precisan unha orde xudicial para deter persoas" e poden facelo "só por sospeitar que se atopan ilegalmente no país", documentándose ademais "numerosos incidentes de uso excesivo da forza" e máis de 30 mortes de migrantes baixo custodia do ICE só en 2025, incluídas crianzas.
A deputada reprochou ao goberno galego a súa "pasividade" e "medo a pronunciarse en defensa dos dereitos dos galegos". Lembrou que o secretario xeral da Emigración compareceu a semana pasada no Parlamento "sen facer nin unha soa referencia á situación nos EEUU, a pesar das preguntas do meu compañeiro Daniel Castro". Mentres tanto, criticou, "o departamento de emigración dedícase á publicidade institucional e á propaganda", e o propio presidente Rueda "viaxará a Suíza dentro duns días" sen dar mostras de interese pola diáspora en América.
Para o BNG, "é imposíbel desligar a violenta actuación do ICE da política exterior dos Estados Unidos, asasina e imperialista", que cualificou de "apoio á actuación criminal e xenocida do goberno sionista de Israel en Gaza" e ao que considera "o inicio dunha guerra ilegal en Irán". Neste sentido, Taibo vinculou a desprotección dos migrantes coa "indefensión" xerada por unha política internacional baseada en "argumentos falsos" e na busca de "control xeoestratéxico".
"Os EEUU senten que poden usar calquera pretexto para atacar calquera territorio en defensa dos seus intereses e dos seus amigos sionistas, do mesmo xeito que senten que poden usar calquera pretexto para deter, expulsar e mesmo asasinar persoas polo seu perfil racial ou pola lingua que falan", sentenciou a deputada.
A formación nacionalista insta a Xunta a abandonar o que considera un "silencio cómplice" e a poñer en marcha actuacións concretas de acompañamento e asesoramento para os galegos residentes nos EEUU ante o que cualifican como unha "política racista e clasista" que deixa as persoas migrantes nunha situación de "máxima vulnerabilidade".
In tegenstelling tot wat foutieve berichtgeving in de media vandaag laat uitschijnen, is het ontegensprekelijk zo dat het Vlaams Belang tegen het geheel van de pensioenhervorming heeft gestemd.“De retroactiviteit, het feit dat mensen achteraf afgestraft worden voor keuzes uit het verleden en voor zorgtaken, zijn zaken die voor ons absoluut niet door de beugel konden”, zegt Kamerlid Ellen Samyn(Vlaams Belang).“Onze amendementen werden weggestemd door een gezamenlijke coalitie van meerderheid en linkse partijen, wat dan ook de kans om tot een eerlijkere pensioenhervorming te komen aan diggelen heeft geslagen.”
read more..![]()
Carme da Silva Méndez urxe o Goberno a utilizar os instrumentos legais ao seu alcance para aprobar con carácter urxente a exención de cotas mantendo os anos de cotización
A senadora do BNG exixe a Seguranza Social saber “cando e como” se aprobará despois de que o Goberno se mostrase favorábel a exonerar as cotas
read more..CHA ha mostrado su profunda consternación por el fallecimiento de un trabajador de 56 años en un accidente laboral ocurrido en el polígono industrial de Montalbán (Teruel), tras quedar atrapado por la carga que transportaba durante labores de descarga.
read more..L’Union Démocratique Bretonne tient à exprimer son soutien à l’ensemble des élues et élus qui ont été victimes d’actes ou de propos racistes, notamment à l’occasion de l’installation des nouveaux conseils municipaux. Face à ces dérives inacceptables, l’UDB exprime une conviction forte : il est contreproductif d’opposer une « ancienne France » et une « nouvelle France ». Cette vision binaire est non seulement erronée, mais dangereuse, car elle alimente les divisions au lieu de construire un avenir commun.
read more..Sita Land-Dotinga: “As De Haach it net begripe wol, dan rêde wy der sels wol mei”
De FNP hat yn de nachtfan 31 maart op 1 april it earste Frysktalige ferkearsboerd by de tagong fan Hollân nei Fryslân pleatst.
read more..Le 10 janvier 1946 demeure une date fondatrice, un moment historique, un instant décisif pour la Vallée d’Aoste : le premier Conseil de la Vallée, symbole de la naissance de notre démocratie et de notre autonomie.
Parmi ses membres figuraient cinq personnalités de premier plan, dont une femme. Ces pionniers avaient – le 13 septembre 1945 – participé à la fondation de l’Union Valdôtaine : Flavien Albaney, Lino Binel, Séverin Caveri, Ernest Page et Maria Ida Viglino. Leur vision, leur courage et leur engagement ont jeté les bases d’une Vallée d’Aoste libre, fière et autonome.
read more..De geplande hervorming van de persoonsvolgende financiering zorgt voor steeds meer onrust bij personen met een handicap en hun families. In het Vlaams Parlement waarschuwde Vlaams Parlementslid Immanuel De Reuse(Vlaams Belang) dat de Vlaamse regering opnieuw dreigt te sleutelen aan rechten en ondersteuning zonder garanties op voldoende middelen.“Wat vandaag groeit, is enkel de onzekerheid: minder perspectief, minder rechtszekerheid”, stelde De Reuse.
read more..Dès novembre 2022, lors de notre dernier Congrès, Corsica Libera appelait « à jeter les bases d’un regroupement plus large des forces qui se situent dans une démarche d’essence nationale ». Cet appel fut par la suite réitéré solennellement depuis la tribune des Ghjurnate Internaziuale en août 2023. À cette occasion, nous affirmions que notre organisation politique se tenait prête à prendre sa part dans la constitution d’une démarche nouvelle et ce « non pas dans l’intérêt d’un sigle ou d’un pré carré politique mais en ayant pour boussole l’intérêt de cette terre et de la nation toute entière ».
read more..Iria Taibo denuncia o "silencio cómplice" do goberno do PP mentres máis de 25.000 residentes galegos están en situación de vulnerabilidade ante as deportacións masivas de Trump
read more..