BNG exerce presión ao Goberno para aprobar de maneira urxente a exención de cotas das mariscadoras á Seguranza Social
Bloque Nacionalista Galego 21-05-2026, 08:44 social, legislation
![]()
A senadora do BNG, Carme da Silva Méndez, reclama novamente ao Goberno do Estado aprobar de maneira urxente a exención de cotas á Seguranza Social das mariscadoras galegas, mantendo ese tempo como cotizado para que non perdan anos de cotización, e demanda coñecer “cando e como” se aprobará esta medida en favor dun sector tan importante para a Galiza.
Após un novo adiamento dos prazos para a tramitación do proxecto de lei que, en teoría, incorporará a exención das cotas, o BNG vén de rexistrar novas iniciativas para exercer presión sobre o Goberno co obxectivo de que se aproben de maneira urxente.
Carme da Silva Méndez lembra que a Ministra de Inclusión, Seguranza Social e Migración, en resposta a unha pregunta oral formulada polo BNG no Senado declaraba a vontade “coñecida e favorábel” do Goberno a exonerar as cotas ás traballadoras afectadas durante o tempo en que permaneza suspendida a actividade. Con todo, a Ministra remitiuse á tramitación dun proxecto de lei, que continúa bloqueada, mais “obviou que existen outros mecanismos legais que permitirían a aprobación desta medida con carácter urxente”.
“O Goberno do Estado fai gala de saber actuaren situacións de emerxencia e crise. Por que as mariscadoras galegas ten que agardar para obter compensacións como consecuencia dos temporais?” require a senadora do BNG. Para Carme da Silva Méndez, o sector “non pode seguir agardando pola tramitación dun proxecto de lei cuxo prazo de emendas non deixar de prorrogarse” ante a grave situación en que se atopan.
Neste sentido, o BNG sinala que o Goberno do Estado ten a súa disposición “outros instrumentos legais que permitirían aprobar esta medida de maneira urxente” polo que o urxe a “exonerar xa” as cotas da Seguranza Social ás traballadoras e traballadores afectados durante o tempo que permaneza suspendida a actividade.
“Estamos a falar de máis de 7.000 mariscadores e mariscadoras, tanto a pé como a frote. Non ten sentido dilatar a solución cando o sector vive, no momento actual, unha enorme incerteza ante o cese obrigado da actividade” salienta a senadora nacionalista.
BOZEN/WANGEN – Mit tiefer Trauer nimmt der Südtiroler Schützenbund Abschied von Schützenhauptmann Franz Winkler, der am 23. April 2026 im Alter von 70 Jahren infolge eines tragischen Unfalls verstorben ist.
read more..![]()
Secundino Fernández denuncia no Parlamento a parálise do proxecto malia os acordos unánimes e a partida nos orzamentos do 2025
O deputado nacionalista denuncia o “sen sentido” de reclamar un tren de alta velocidade e ter que acceder a el por unha estrada “do século XX”
read more..El diputat Jordi Fàbrega reivindica la proposta per garantir “igualtat d’oportunitats i cohesió territorial”
read more..ST. LEONHARD I. P. – Schützen und Marketenderinnen aus allen Teilen Tirols versammelten sich am Sonntag, 25. Jänner 2026, in St. Leonhard in Passeier, um gemeinsam mit dem Schützenbataillon Passeier unter dem Gesamtkommando von Bataillonskommandant Artur Oberprantacher des 50. Todestages von Major Georg „Jörg“ Klotz zu gedenken.
read more..Heddiw, bydd Plaid Cymru yn cyhoeddi ei chynllun ar gyfer 100 diwrnod cyntaf llywodraeth os bydd yn ennill etholiad y Senedd ar 7 Mai.
Bydd y cynllun yn cael ei lansio gan arweinydd Plaid Cymru Rhun ap Iorwerth heddiw (09.30am dydd Sadwrn Chwefror 28 2026) yn ystod cynhadledd i’r wasg arbennig yng nghynhadledd wanwyn Plaid Cymru yn yr ICC yng Nghasnewydd.
read more..Ante o elevado risco da estrada polo estado do firme, Carme da Silva fai especial fincapé nas melloras en Caldas, Cuntis e A Estrada
O BNG sinala a necesidade de adaptar os tramos urbanos da N-640 ao perfil de travesías urbanas
read more..Vier Fundamente.
Eine Antwort.
Was wir verloren haben — und warum wir wissen, wie es zurückkommt.
Europa zerfällt nicht an der Peripherie. Es zerfällt in der Mitte. Unsere Antwort: vier Fundamente.
- Heimat als Verantwortungsraum
- Gemeinschaft als Voraussetzung von Freiheit
- Naturrecht statt bloßem Positivrecht
- Subsidiarität statt Zentralismus
Ha promovido iniciativas para denunciar que un proyecto unitario se haya fragmentado artificialmente en siete expedientes administrativos distintos y para reclamar un nuevo Estudio de Impacto Ambiental integrado del conjunto del proyecto de la Línea de Muy Alta Tensión Escatrón-La Secuita, entre Aragón y Cataluña, y de sus infraestructuras asociadas, con el objeto de evitar las afecciones ambientales, territoriales, paisajísticas y socioeconómicas sobre los municipios afectados.
read more..Vandaag stelde de Studiecommissie voor de Vergrijzing in de Kamer een nieuw rapport voor over de gevolgen van de pensioenhervorming van minister Jan Jambon(N-VA).“Kort daarna volgt al de eerste stemming over de wet”, zegt Kamerlid Ellen Samyn.“Dat de minister zelf niet aanwezig zal zijn bij de stemming over zijn eigen zogenaamde‘grote hervorming’ is voor het Vlaams Belang onaanvaardbaar.”
read more..