Pontón critica a Rueda o seu “agasallo millonario” ás eléctricas no cánon eólico
Bloque Nacionalista Galego 12-02-2026, 18:21
![]()
A portavoz nacional, Ana Pontón, recriminou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o seu “agasallo millonario” ás eléctricas coa modificación introducida polo Goberno do PP no cánon eólico para que “paguen menos impostos”, mentres en Galiza hai “300.000 persoas en pobreza enerxética” que “non poden prender a calefacción”.
Pontón cifrou en 1,6 millóns de euros, “só en 2026 e só en oito parques”, o agasallo fiscal do Executivo ao sector eléctrico. “Ese é o seu bando, as eléctricas por diante dos galegos e das galegas”, afeou a Rueda nunha sesión de control na que lle reprochou que o PP sempre elixiu poñerse do lado do lobby eléctrico.
A líder nacionalista evidenciou esta posición recordando que, primeiro, os populares anularon en 2009 “con falsidades un concurso que por primeira vez poñía a riqueza eólica ao servizo de Galiza”, en referencia ao concurso aberto polo BNG no goberno bipartito.
Posteriormente, afondou, vetaron unha tarifa eléctrica galega para que o País fose compensando polos custos ambientais e sociais cunha tarifa máis barata e tamén “dixeron non” á creación dunha empresa pública de enerxía porque “para o PP, é moitísimo mellor que as eléctricas se forren coa riqueza eléctrica” que ten Galiza, recalcou.
“Vostede segue lexislando ao ditado das eléctricas e o último exemplo vémolo no cambio do cánon eólico para que paguen menos impostos”, criticou a un Rueda, ao que emprazou a seguir o exemplo do alcalde nacionalista de Muras, o concello con máis eólicos do País, que si traballa para poñer a riqueza enerxética ao servizo da cidadanía.
“Desde o BNG demostramos que se pode gobernar doutra maneira, demostrámolo en Muras, un municipio de apenas 600 habitantes, pero que ten un alcalde valente, que fai o que vostede non se atreve a facer, negociar cara a cara con Iberdrola para lograr un reparto xusto dos beneficios”, exemplificou. “Defender un acordo xusto en lugar de axeonllarse ante as eléctricas, que é o que fai vostede”, reprochou ao titular do Executivo.
A portavoz nacional recordou que o rexedor de Muras actuou para que os veciños e veciñas do concello se beneficien da riqueza eólica cunha tarifa pola que non terán que pagar a luz e que, ademais, traballou para lograr máis recursos para financiar os servizos sociais e compensar o que o Goberno do PP “lle quita para darlle agasallos fiscais ao lobby eléctrico”.
“Vai tomar exemplo ou vai seguir gobernando para as eléctricas baixándolles os impostos e regalándolles millóns de euros?”, cuestionou a Rueda, ao que recordou que “o que non é normal é que Galiza pague o enorme custo social e ambiental sen recibir nada a cambio”.
“Ao contrario, grazas ao Partido Popular, en 2020 os galegos e galegas pagamos a luz máis cara que o resto do Estado”, advertiu, para pedir a continuación ao presidente da Xunta que “quite a cadeira que teñen as eléctricas no Consello da Xunta” e que “empece a gobernar para os galegos e as galegas”.
Pontón reprochou a Rueda que na súa resposta evitase explicar o que cualificou de “auténtico escándalo”, unha modificación do cánon eólico que “claramente beneficia ás empresas” e que fai perder aos galegos e galegas millóns de euros “para que elas gañen máis”.
Cunhas repotenciacións que “non están paralizadas” senón que se poden seguir realizando, contrapuxo ao presidente da Xunta sobre unha suposta non aplicación da modificación do cánon este ano, e que “están sendo financiadas con fondos públicos”, o que fai aínda “máis bochornoso” ese agasallo fiscal ao sector.
A líder nacionalista recordou na súa quenda de réplica que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarou legal o concurso eólico impulsado polo BNG no goberno bipartito, evidenciando “as mentiras do PP” para anulalo, logo de indicar que o Tribunal Constitucional “non é un árbitro neutral”, senón un instrumento de PP e PSOE ao servizo do centralismo, en referencia á recente admisión a trámite por parte do alto tribunal do recurso de inconstitucionalidade contra os cambios legais da Xunta no sector eólico.
“O que sabemos do concurso eólico do bipartito é que quen o declarou legal foi o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que deixou en evidencia as súas mentiras”, incidiu Pontón, quen acusou aos populares de anulalo porque “por primeira vez, a enerxía se poñía ao servizo do País”, cun retorno ás arcas públicas do 14% dos beneficios. “Pero vostedes botárono abaixo porque son os grandes defensores do lobby eléctrico”, sintetizou.
En contraposición ao PP, a portavoz nacional avogou polo modelo enerxético do BNG que pon a riqueza enerxética do País a favor dos galegos e das galegas e que pasa pola creación dunha tarifa eléctrica galega e dunha empresa pública de enerxía, igual que teñen outros países da contorna como Francia ou Noruega, para compensar a Galiza polos custos medioambientais e socias da produción e abaratar a factura da luz.
De igual xeito, defendeu que as eléctricas “teñen que pagar máis” e non recibir agasallos fiscais como os que lle fai o Executivo de Rueda a través da modificación do cánon eólico, con esa rebaixa de 1,6 millóns de euros só para oito parques.
“Xa sabemos cal é o custo que teñen as portas xiratorias e estou segura de que pronto saberemos quen é a próxima Bea Mato do seu goberno”, concluíu en referencia a exconselleira de Medio Ambiente, agora directiva en Greenalia.
N-VA wil daders kindermisbruik strenger straffen. “Dé prioriteit voor de komende weken is een omgangsverbod met kinderen voor veroordeelde daders van kindermishandeling”, stelt partijvoorzitter Valerie Van Peel in een interview door Paul Cobbaert in De Zondag.
read more..Néstor Rego urxe o executivo a reparar de maneira inmediata o tramo máis deteriorado da estrada ao seu paso por Curtir e poñer en marcha un plan integral
A organización nacionalista reclama executar sen máis demoras a mellora do cruzamento da N-634 coa AC-840 en Sesmonde: “implicará unha importante mellora na seguranza viaria”
read more..A portavoz nacional do BNG advirte de que, a pesar do rexeitamento ao proxecto industrial: "Non renunciamos a sacar a luz o acordo segredo que o goberno de Rueda asinou con Altri, a través dunha sociedade pública"
read more..Vanaf 1 juli is het niet langer mogelijk op de trein een vervoersbewijs kopen. Wie toch zonder een ticket opstapt, zal een boete van 90 euro opgelegd krijgen.“Volgens de NMBS moet de maatregel zwartrijden en agressie tegen de treinbegeleiders tegengaan”, zegt voorzitter van de Kamercommissie Mobiliteit Frank Troosters(Vlaams Belang).“Het is lang niet zeker dat die doelstellingen bereikt zullen worden. Maar wat wel al zeker is, is dat deze plannen vooral kwetsbare en oudere reizigers zullen treffen.”
read more..Les débats de ce mardi à l’Assemblée nationale ont donné l’impression d’un éternel recommencement, celui de voir l’avenir institutionnel de l’Alsace pris en otage par un hémicycle souvent ignorant des réalités alsaciennes et reléguant la volonté du peuple alsacien en arrière-plan par rapport aux considérations politiciennes.
read more..De syndicale acties van de loodsen zetten de Vlaamse havens verder onder druk. Dat blijkt uit cijfers die Vlaams Parlementslid Tomas Roggeman heeft opgevraagd bij Vlaams minister van Havens Annick De Ridder. Vorig jaar liepen zo 703 schepen vertraging op als gevolg van syndicale acties. Dat is meer dan 3 keer zoveel als de 5 jaar voordien samen.
read more..Na comparecencia de Costa Kadis, a eurodeputada do BNG lanzou un SOS ante a grave crise pola que atravesa o sector pesqueiro galego e o marisqueo e demandou que Galiza sexa considerada zona altamente dependente da pesca
read more..2026 can be the year of hope and new leadership for Wales, Plaid Cymru leader Rhun ap Iorwerth has said.
read more..Urxe explicacións logo da condena do TSXG á Xunta por desprotexer os terreos nos que pretendía colocar a macrocelulosa para beneficiar á pasteira
read more..