BNG exixe ao Goberno unha reparación integral da N-634 en Curtis e a mellora do cruzamento coa AC-840 en Vilasantar
Bloque Nacionalista Galego 17-02-2026, 16:41
![]()
O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado que acometa, dunha vez por todas, unha reforma integral da estrada N-634, especialmente no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 664 e 677, á altura de Teixeiro, no concello de Curtis, así como a mellora urxente do cruzamento coa AC-840 en Sesmonde, no concello de Vilasantar.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anuncia o rexistro de iniciativas na cámara baixa para exixir “actuacións estruturais e investimentos suficientes” que garantan a seguranza viaria nunha das principais vías de comunicación do interior da Galiza. Rego, acompañado pola deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Iria Carreira, tamén responsábel comarcal, así como polos portavoces do BNG en Curtis e Vilasantar, Lucas Quintas e Álvaro García.
Un firme impracticábel e perigoso en Curtis
O BNG denuncia que o estado actual da N-634 en Curtis é “absolutamente inaceptábel”. O tramo que vai do punto quilométrico 664 ao 677 presenta un firme cheo de fochancas e buratos que obriga as persoas condutoras a realizar manobras arriscadas, mesmo invadindo o carril contrario para evitar danos maiores.
Néstor Rego advirte que “o Ministerio de Transportes non pode seguir mirando cara a outro lado mentres a veciñanza soporta unha estrada desfeita que pon en risco a súa seguranza cada día”. Segundo sinala, os desprendementos do asfalto están a provocar danos continuos nos vehículos, con roturas de rodas e cristais, ademais de avarías mecánicas.
O deputado nacionalista reclama que o Goberno recoñeza o grave deterioro da vía e que faga públicas as inspeccións realizadas, de existiren, así como os seus resultados. “Non abonda con parches puntuais ou cun simple repintado superficial, como xa se fixo no pasado. É necesario un Plan de rehabilitación integral que actúe sobre a estrutura do firme e garanta unha solución duradeira” reivindica Rego.
A N-634, explica o nacionalista, constitúe unha vía fundamental de comunicación entre a comarca de Santiago e o nordés do país, vertebrando concellos como Curtis, Guitiriz, Vilalba, Mondoñedo ou Ribadeo. O BNG lembra ademais que, segundo o último informe da Asociación Española da Estrada, a Galiza é dos territorios do Estado con peor estado de conservación na rede viaria estatal, o que evidencia a falta de investimentos suficientes.
Mellora inmediata do cruzamento en Sesmonde
Xunto ao estado do firme, o BNG pon o foco na perigosidade do cruzamento da N-634 coa AC-840 en Sesmonde, no concello de Vilasantar, no límite con Curtis, tanto polo seu trazado como polo mal estado do firme. “Trátase dunha actuación comprometida hai anos mais que continúa sen executarse” recorda o deputado do BNG no Congreso.
“Resulta incomprensíbel que unha obra de escasa complexidade técnica e custo reducido continúe paralizada mentres a veciñanza e as persoas usuarias da vía sofren a diario unha intersección perigosa” denuncia Rego mentres urxe o Goberno a garantir investimentos suficientes para levar a cabo esta actuación que implicará unha importante mellora na seguranza viaria.
La portaveu adjunta dels republicans al Congrés ha defensat que “l’aqüicultura marina és un sector estratègic que genera ocupació, produeix aliments de proximitat, fixa activitat al territori i contribueix a la sobirania alimentària”
read more..À l’ouverture des Jeux Olympiques d’hiver de Milan-Cortina, la chanteuse Laura Pausini a interprété une version pop de l’Hymne de Mameli, qui a semblé plutôt excentrique, pour ne pas dire irrévérencieuse.
read more..Saleta Chao denuncia a “inaceptable situación” que sofre a veciñanza desde hai anos, con cortes frecuentes que afectan tamén a actividade empresarial
read more..“Están tan afanados en ser censores e represores que non se están preocupando de mellorar a calidade do ensino galego”, denunciou
read more..Le Parti Breton annonce la présence d’Annie Milin et de Françoise Amossé-Mevel sur la liste « Aimons Saint-Brieuc » conduite par Victor Bonnot à l’occasion des prochaines élections municipales. Ce choix s’inscrit dans une démarche de mettre en avant une voix bretonne forte et cohérente au sein du futur conseil municipal, dans l’intérêt direct des Briochins.
Daniel Castro retrata a "absoluta vergoña" dun proxecto que comezou en 2001 prometido como autovía e remata en 2026 cunha vía convencional e un cuarto do orzamento
read more..Przemówienie przeowdniczącego Ruchu Autnomii Śląska, Jerzego Gorzelika, pod bramą byłego polskiego obozu koncentracyjnego Zgoda w Świętochłowicach po Marszu na Zgodę.
read more..Everyone at Mebyon Kernow is extremely saddened to learn that prominent Cornish-Australian Chris Dunkerley has passed away.
Chris was active in the Cornish Association of South Australia and the Cornish Association of New South Wales, as well as the Celtic Council of Australia. He also learnt the Cornish language and was barded by proxy at Poldhu in 1988, and took the bardic name Kevrenor “builder of links.”
read more..Néstor Rego urxe o executivo a reparar de maneira inmediata o tramo máis deteriorado da estrada ao seu paso por Curtir e poñer en marcha un plan integral
A organización nacionalista reclama executar sen máis demoras a mellora do cruzamento da N-634 coa AC-840 en Sesmonde: “implicará unha importante mellora na seguranza viaria”
read more..