BNG denuncia que a Xunta "enterrará" a variante de Viveiro cunha "estrada normaliña"

Bloque Nacionalista Galego 26-02-2026, 12:02 social

Daniel Castro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, denunciou no Parlamento o que cualificou como "a absoluta vergoña" da xestión da variante de Viveiro por parte da Xunta, nunha intervención na que acusou ao PP de concibir a política "como un favorciño" e de tratar á cidadanía "como algo servil".

O deputado nacionalista fixo un repaso polas promesas incumpridas que se arrastran desde 2001: "Isto vén de moi lonxe: en 2007 ía estar lista, despois en 2011, logo en 2014, logo en 2017... Agora veñen dicir que en 2028 comezarán a construír unha estrada convencional, sinxela, sen desdobramento, e que casualmente contempla só unha cuarta parte do orzamento inicial. Non colou, non convenceron a ninguén", afirmou.

Castro dirixiuse directamente á conselleira para cuestionar se a Xunta vai "enterrar definitivamente" o proxecto da VAC Costa Norte, tal e como parece. "Queren contentar a xente cunha estrada normaliña? Estannos a dicir que o que Aznar comezou en 2001 prometendo unha autovía, que Fraga rebaixou a vía de alta capacidade, Rueda remátao en 2026 cunha estrada convencional? En que vai acabar isto? Nun carreiro?", ironizou.

O deputado reprochoulle á conselleira que falar hoxe de "viabilidade" é unha escusa fóra de tempo. "Se estivésemos en 2003, cumpría estudar outros proxectos, pero estamos en 2026. Non me pode falar de viabilidade 25 anos despois. Isto é unha absoluta vergoña”. Finalmente, demandou que se aclare o futuro do resto da vía: "A variante non remata en Viveiro, segue cara a O Vicedo e chega ata Ortegal. Que vai pasar? Van enterrar todo?”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-que-xunta-enterrara-variante-viveiro-estrada-normalina/20260225173124042305.html

Related News

Ante a sospeita de que o PP tente comprar o voto dunha tránsfuga a cambio dun cargo público: “Sería un escándalo democrático e unha ilegalidade pola que habería que responder ante a Xustiza”

Critica a Rueda que desprece o mandato da veciñanza, á que lle di que “o seu voto non vale nada” e que pode ser cambiado con pactos escuros de despacho

read more..

Le Parti Breton participe à la liste “Retrouver Brest” avec une volonté claire de renforcer l’ancrage culturel et économique du projet municipal. Notre volonté est de concilier un projet assumé de baisse des dépenses tout en continuant à défendre la qualité de vie bretonne au service d’un enracinement territorial brestois fort, à travers notamment la culture mais aussi le logement, les transports et une action municipale efficace en faveur de l’activité économique.

read more..

Wenn wir systematisch Informationen über Lernstände, Unterricht, Prozesse und schulische Rahmenbedingungen sammeln und auswerten wollen, dann müssen die Daten dafür auch systematisch und standardisiert in der Fläche erhoben werden.

read more..

Saleta Chao critica a “teima” do Goberno de Rueda por non colaborar cos concellos, especialmente co de Santiago, e exixe a creación dunha comisión de coordinación como a do Xacobeo 2021

read more..

Friends,

It’s great to be back in Glasgow this morning.

A proud city, a welcoming city, an SNP city.

We are here today to talk about Scotland’s future.

read more..

Néstor Rego exixe ao Goberno transparencia, información detallada ante un proxecto -ser base de apoio da OTAN- que considera “lesivo para os intereses de Marín”

Lucía Santos lembra as resolucións aprobadas -por iniciativa do BNG- para impulsar un proxecto alternativo que permita recuperar o espazo para a veciñanza: “Abrir Marín ao Mar”

O deputado do BNG exixe ao Goberno a retirada das bases estadounidenses do Estado español e a saída da OTAN

read more..

Zum Beschluss des Bundestages, die Planung für den zweigleisigen Ausbau der Marschbahn voranzubringen, erklärt die wirtschafts- und verkehrspolitische Sprecherin der SSW-Landtagsfraktion, Sybilla Nitsch:


„Berlin beschließt Planung und sagt im selben Atemzug, dass dafür auf Jahre kein Geld da ist. Das hilft niemandem, der täglich auf dieser Strecke unterwegs ist.

read more..

Ruim een jaar na de faillissementen van Casa en Tupperware zijn bijna 7 op de 10 getroffen werknemers opnieuw aan het werk, zo tonen cijfers van Vlaams Parlementslid Katrien Houtmeyers aan. Toch blijkt leeftijd nog steeds een groot struikelblok. “We moeten ervoor zorgen dat ervaring opnieuw als een troef wordt gezien, niet als een hindernis”, zegt Houtmeyers.

read more..

Na de ophefmakende Pano-reportage over fraude bij het OCMW van Anderlecht, brengt Pano nu opnieuw een schandaal aan het licht, opnieuw in Anderlecht, maar deze keer over deAnderlechtse Haard, één van de grootste sociale huisvestingsmaatschappijen van Brussel. Opvallend is dat de spilfiguur dezelfde is: Lotfi Mostefa(PS), de voormalige en omstreden Anderlechtse OCMW-voorzitter, die ook als voorzitter van de sociale huisvestingsmaatschappij en schepen van Huisvesting in Anderlecht grove fouten maakt. Kamerlid Ellen Samyn(Vlaams Belang), die de zaak van het OCMW van Anderlecht nauw opvolgde in de Kamer, is verbouwereerd dat men hem ook na de voorgaande feiten zijn gang heeft laten gaan. Haar collega in het Brussels Parlement, Bob De Brabandere(Vlaams Belang), roept de Brusselse regering op om nu eindelijk werk te maken van verandering:"metminder dan een onderzoekscommissie én een volledige fusie van de huisvestingsmaatschappijen én de OCMW’s kunnen de Brusselaars geen genoegen nemen."

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031