Ana Pontón: “Lugo ten un goberno que funciona e a cidade e a veciñanza merece respecto"

Bloque Nacionalista Galego 23-04-2026, 10:31 politics

Ante a sospeita de que o PP tente comprar o voto dunha tránsfuga a cambio dun cargo público: “Sería un escándalo democrático e unha ilegalidade pola que habería que responder ante a Xustiza”

Critica a Rueda que desprece o mandato da veciñanza, á que lle di que “o seu voto non vale nada” e que pode ser cambiado con pactos escuros de despacho

Rubén Arroxo e Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, afirmou que Lugo e a súa veciñanza merecen respecto e non ser utilizados polo PP e Alfonso Rueda como “campo de xogo das súas estratexias políticas” cunha moción de censura “indecente e sen escrúpulos” a un goberno municipal que funciona e do que puxo en valor o papel destacado e o “extraordinario traballo” do tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e do conxunto de concelleiros e concelleiras do BNG, demostrando que hai outra forma de facer política e que “teñen un proxecto de cidade que pon as persoas no centro”.

Pontón recriminou ao PP e a Rueda unha posible moción de censura que cualificou de “vergoña democrática” e que non responde aos intereses da cidade, senón aos “seus intereses partidarios”. “Non lles importan a xente de Lugo e están dispostos a todo con tal de facerse co poder, porque o que hai detrás desta moción de censura non é un proxecto de cidade, senón pactos escuros”, remarcou para considerar a continuación a moción como “unha traizón ao que votaron os veciños e veciñas”.

“O único interese que ten o PP é facerse co poder polo poder”, sintetizou Pontón, quen, nunha comparecencia en Lugo xunto a Arroxo, advertiu que “non todo vale en política”. “O que nos están demostrando Rueda e o Partido Popular é que non teñen escrúpulos, que non lles importa cabalgar esta moción de censura sobre a morte de varias persoas, nin tampouco utilizar os recursos públicos para comprar vontades”, advertiu.

Neste sentido, considerou gravísima a sospeita de que se está creando unha praza a dedo para unha tránsfuga do Partido Socialista para comprar unha moción de censura e adulterar o resultado das urnas, unha operación coa que, reprobou, Rueda e o PP están enviando aos veciños e veciñas de Lugo a mensaxe de que “o seu voto non vale nada” e que “a vontade que expresaron nas urnas se pode torcer con pactos escuros nos despachos”.

A líder nacionalista avanzou que o BNG vai facer seguimento desa praza porque se isto se confirma, estaríase ante “un escándalo democrático de envergadura como non se recorda na cidade” e, ademais, recalcou, “unha ilegalidade”. “Polo tanto, os responsables desa ilegalidade, empezando polo señor Rueda, que é o máximo responsable da Xunta, terán que render contas ante a xustiza, porque non todo vale en política”, advertiu.

Pontón incidiu en que o titular do Executivo “non pode pasar por diante da dignidade dos veciños e veciñas de Lugo”, nin por diante do que votaron nas urnas “xa que o PP non ten unha maioría para gobernar a cidade” e sinalou á indignación que se sente na cidade porque “ninguén entende que esta moción de censura poda presentarse”, entre outras razóns, porque se sabe que “detrás só están os pactos escuros do Partido Popular, entender a política como un xogo de tronos e amosar a súa peor cara”. “Porque cando se lle perde o respecto á cidadanía, pérdeselle o respecto á democracia e sen democracia non pode haber avance”, sintetizou.

A portavoz nacional recordou que a veciñanza de Lugo decidiu hai tres anos que goberno tería e que dentro dun ano podería apostar por outro goberno pero, sen embargo, “o que está dicindo o Partido Popular é que o seu voto non vale nada”, unha “indignidade, recalcou, “que a cidade non se merece”.

“Pedímoslle ao señor Rueda que rectifique por que non todo vale, porque Lugo non é o campo de xogo das súas estratexias de curto alcance e, sobre todo, porque Lugo merece máis”, afondou logo de indicar que o BNG vai seguir traballando pola cidade.

Por último, Pontón amosou o seu convencemento de que esta moción “indecente e sen escrúpulos” que demostra “até que punto o PP está nunha degradación política terrible”, vaille pasar factura non só ao PP de Lugo, senón tamén a un Rueda que demostra “como entende a política e a súa falta de respecto aos veciños e veciñas”.

Unha veciñanza, alegou, que ten dereito a “elixir nas urnas ao seu alcalde ou á súa alcaldesa” e que non merece “esta manobra política que é indignante e que demostra até que punto o Partido Popular non ten escrúpulos e está instalado na indecencia política”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-ponton-lugo-ten-goberno-que-funciona-cidade-vecinanza-merece-respecto/20260422133020042651.html

Related News

El secretari general situa Junts com el partit de les solucions reals davant un govern preocupat només per no molestar Sánchez

read more..

Cada Onze de Setembre, Catalunya torna a mirar-se al mirall de la història, del seu passat, present i sobretot del seu futur. La Diada nacional és una jornada de memòria, però també de compromís.

read more..

ANDALUCISTAS PROPONE A CHRISTOPHER RIVAS COMO CANDIDATO A LAS ELECCIONES ANDALUZAS

Los partidos integrantes de la coalición aprueban por unanimidad su designación al frente de una candidatura andalucista, soberanista y progresista para dar voz al pueblo andaluz desde un proyecto político propio para Andalucía

read more..

Le premier tour des élections municipales 2026 a permis au Parti Breton de présenter un nombre de candidats inédit aux élections municipales, les élections locales par excellence. Force est de constater que la mobilisation a payé, faisant intégrer une nouvelle génération de militants du Parti Breton dans les conseils municipaux, en particulier plus de jeunes et plus de femmes. Cette nouvelle implantation de notre parti renforce notre expérience « terrain » et notre ancrage local, tant dans les communes rurales, les villes moyennes que les métropoles bretonnes.

read more..

Het aantal meldingen van agressie tegen hulpverleners bij de Centra Algemeen Welzijnswerk(CAW) is op twee jaar tijd geëxplodeerd. Dat blijkt uit het antwoord van minister Caroline Gennez (Vooruit) op een vraag van Vlaams Parlementslid Mercina Claesen(Vlaams Belang).Volgens de cijfers zijn er meer dan 6 agressie-incidenten per dag bij de CAW’s, een verviervoudiging op drie jaar tijd. Dit zijn geen incidenten meer, dit is een structureel probleem. Wie vandaag hulp verleent, wordt zelf onveilig”, reageert Claesen.

read more..

“Rueda escóndese detrás dunhas salvagardas que son papel mollado, un engano para tratar de calar as protestas do sector en Galiza”, advirte

Este mércores segunda xornada na UE, reúnese co vice presidente da Comisión, Raffaele Fitto, e comisario responsable de Fondos e Reformas

read more..

Es erreicht uns die traurige Nachricht, dass der 1933 geborene ehemalige Freiheitskämpfer Claudius Molling am 31. Dezember 2025 im Alter von 92 Jahren in Innsbruck verstorben ist. Unser Beileid gilt besonders seiner Frau Herlinde.

read more..

Aproveita o Congreso do Partido dos Trabalhadores para ratificar a posición do Bloque na defensa do multilateralismo para a resolución de conflitos

“Compartimos unha visión do mundo máis xusta, humana e democrática e fortalecemos lazos para seguir situados do lado correcto da historia”, alega

read more..

Vandaag vindt in de federale Kamer een ontmoeting plaats tussen leden van de commissie voor Buitenlandse Aangelegenheden, en de Cubaanse onderminister van Buitenlandse Zaken, Anayansi Rodriguez Camejo.“Het Vlaams Belang weigert het dictatoriale Cubaanse regering te legitimeren”, reageert Kamerlid Ellen Samyn(Vlaams Belang).“We zullen dan ook onze spreekwoordelijke kat naar de ontmoeting sturen.

read more..
Calendar
«September 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930