BNG censura o bloqueo do PP a unha iniciativa para mellorar o subministro eléctrico no Concello de Ordes
Bloque Nacionalista Galego 25-04-2026, 10:19 social
Saleta Chao denuncia a “inaceptable situación” que sofre a veciñanza desde hai anos, con cortes frecuentes que afectan tamén a actividade empresarial
![]()
A deputada do BNG da comarca compostelá, Saleta Chao, defendeu no Parlamento unha iniciativa para reclamar melloras no subministro eléctrico que acaben coa “inaceptable situación” que sofre desde hai anos a veciñanza do Concello de Ordes, con cortes frecuentes na luz que afectan tamén a actividade comercial e empresarial.
Chao censurou o bloqueo do PP á iniciativa, nun intento, denunciou, de “eximir das súas responsabilidades” ao Goberno da Xunta que, malia ter competencias, non actúa para resolver un problema que vén incluso de antes da entrada en funcionamento, en 2008, da subestación eléctrica de Sigüeiro, “anunciada naquel momento como solución aos continuos apagamentos que sufría o Concello de Ordes”, explicou.
“Que fai a Xunta de Galiza? Vai deixar de desenvolver o rol de espectador e asumir o rol de liderado para corrixir unha situación que non é aceptable en ningún lugar do País e que aínda se entende menos na situación xeográfica privilexiada que ten Ordes?, preguntou a deputada logo de que os populares rexeitasen a oferta de transacción do BNG para sacar adiante a iniciativa.
Lembrou, neste sentido, que o concello está atravesado por diversas liñas de alta tensión e situado nas proximidades de subestacións como Meirama, Mesón do Vento, Sigüeiro ou Santaigo, “o que debera garantir a priori unha situación privilexiada en termos de seguridade de subministro”.
A proposta do BNG instaba á Xunta a demandar das empresas distribuidoras de electricidade, e en particular de UFD, o cumprimento dos estándares de calidade do subministro eléctrico no concello de Ordes con inspeccións e, entre outros puntos, esixíndolles auditorías en campo que permitan determinar os índices reais de duración e frecuencia das interrupcións no termo municipal
Esixirlle ás distribuidoras un plan específico de mellora da calidade do subministro eléctrico en Ordes, con detalle das actuacións de reforzo e mantemento da rede, e un cronograma de execución, garantindo a participación do concello e das asociacións veciñais e empresariais no seu seguimento, constituía outro dos puntos da proposta do BNG rexeitada polo PP na Comisión 6ª do Parlamento.
O BNG propuxo así mesmo, entre outras cuestións, garantir que as persoas consumidoras e as empresas de Ordes reciban de forma efectiva e áxil as indemnizacións e compensacións previstas pola lexislación en caso de falta de calidade do servizo eléctrico.
Na defensa da iniciativa, Saleta Chao subliñou que Ordes leva anos sufrindo cortes reiterados de subministro eléctrico, tanto de curta como longa duración. Apagadas que, precisou, ademais de afectar no día a día de veciñanza e empresas, dificultan o funcionamento de servizos públicos e privados, incrementan a sensación de inseguridade na poboación e pon en risco a saúde de persoas que dependen de aparellos sanitarios electricamente.
A iniciativa do Bloque incluía garantir indemnizacións e compensacións ás persoas usuarias e as empresas afectadas polos cortes de luz e impulsar desde a Xunta as actuacións necesarias para asegurar unha equiparación real entre os concellos de interior como Ordes e outras zonas urbanas e periurbanas en materia de calidade do subministro eléctrico.
En una conferència al Fòrum Nova Economia, ha reclamat “aturar la voracitat fiscal dels socialistes”
El secretari general ha presentat una bateria de propostes en defensa de la classe mitjana i per “acabar amb l’actual infern fiscal”
read more..Izjava predsednice Narodne skupštine Republike Srbije Ane Brnabić da studentski protesti imaju za cilj otcepljenje Vojvodine je najobičniji spin i rezultat je straha zbog činjenice da istraživanja pokazuju da 60% građana Srbije smatra da država ide u pogrešnom smeru, a da više od 60% podržava proteste i blokade fakulteta.
read more..Home Office reform plans strengthen the case for full devolution, says Liz Saville Roberts MP
read more..Les tres formacions defineixen un full de ruta amb l’habitatge per als residents i el decreixement turístic com a prioritats
read more.."A nusatros nos hese cuacau que se seguise a grafía oficial, pero rispetamos a posición d'a mayoría"
read more..NAZIONE arradicheghja a so azzione pulitica in lu quadru di a Lotta di Liberazione Naziunale di u populu corsu. Si scrive in lu filu storicu di l’urganizazioni precedenti dapoi l’annati 70 è intende attualizà issu cumbattu à e sfide à i quali hè cunfruntata a Corsica di u XXI u siculu.
read more..Ancienne députée européenne, aujourd’hui cuisinière dans un lycée en Bretagne, j’annonce ma candidature à la primaire de la gauche en vue de l’élection présidentielle.
read more..