Pontón celebra o "carpetazo" a Altri como "un éxito do pobo galego" e cualifica de fracaso político de Rueda
Bloque Nacionalista Galego 22-02-2026, 09:10
![]()
A portavoz nacional do BNG advirte de que, a pesar do rexeitamento ao proxecto industrial: "Non renunciamos a sacar a luz o acordo segredo que o goberno de Rueda asinou con Altri, a través dunha sociedade pública"
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou o día de onte como "un gran éxito do pobo galego" o rexeitamento ao proxecto industrial en Palas de Rei, poñendo o foco na mobilización social como a chave que fixo posible frear a "bomba ambiental", como era Altri.
Pontón celebrou que "o carpetazo a Altri foi un éxito rotundo do pobo galego", ao tempo que cargou duramente contra a xestión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a quen acusou de actuar como "delegado comercial de Altri en Galiza". Segundo a líder nacionalista, este episodio supón "un fracaso absoluto de Rueda, dun goberno do PP que traballa para as multinacionais e para as empresas amigas".
Para Pontón, o desenlace do proxecto representa unha vitoria colectiva: "Rueda perde, pero gaña Galiza, gaña a xente do rural e a xente do mar e gaña o conxunto do País. Gaña a dignidade do pobo galego fronte á indignidade dun goberno desleal que intentou traizoalo".
Exixencia de transparencia
Máis aló da celebración, a portavoz nacional do BNG deixou claro que a súa formación non dará por pechado o asunto sen esclarecer todos os detalles da negociación da Xunta coa multinacional lusa. "Non renunciamos a sacar a luz o acordo segredo que o goberno de Rueda asinou con Altri, a través dunha sociedade pública", advertiu.
Pontón fixo fincapé no dereito da cidadanía a coñecer "que esconde ese acordo, en que condicións se asinou e que consecuencias ten". A este respecto, lembrou que o PP leva "dous anos agochando esa información e esa documentación", o que obrigou ao BNG a acudir á vía xudicial. "O Tribunal Superior de Xustiza xa admitiu a trámite a demanda do BNG", confirmou.
"Queremos e exiximos transparencia e reto a Rueda a que, se non ten nada que esconder, rectifique e aporte esa documentación. É o mínimo que lle debe á cidadanía galega despois destes anos de mentiras e de enganos sobre Altri".
Een vernietigend overheidsrapport dat jarenlang bewust werd achtergehouden, onthult dat 59 procent van de onderzochte langdurig zieken in werkelijkheid gewoon konden werken. Het rapport dateert van 2020, maar minister van Sociale Zaken Frank Vandenbroucke(Vooruit) kreeg het naar eigen zeggen pas in december 2024 te zien. De schandelijke vaststelling lekte uit via klokkenluiders binnen het RIZIV."Dit bewijst het structurele wanbeheer van het RIZIV door Vandenbroucke dat wij continu aankaarten” zeggen Vlaams Belang-Kamerleden Kurt Moons en Dominiek Sneppe. Het Vlaams Belang gaat alleszins de minister ondervragen over de kwestie.
read more..Negre: “El dèficit històric de transport públic de la comarca nega la igualtat d’oportunitats als seus ciutadans”
read more..Der letzte der „Puschtra Buibm“ ist heimgegangen
TIROL – Mit tiefer Trauer und großer Dankbarkeit nimmt der Südtiroler Schützenbund Abschied von Freiheitskämpfer Siegfried Steger, dem „Puschtra Bui“. Mit ihm geht der letzte der vier „Puschtra Buibm“ – nach Sepp Forer, Heinrich Oberlechner und Heinrich Oberleiter schließt sich nun ein Kapitel Südtiroler Zeitgeschichte.
read more..Izjava predsednice Narodne skupštine Republike Srbije Ane Brnabić da studentski protesti imaju za cilj otcepljenje Vojvodine je najobičniji spin i rezultat je straha zbog činjenice da istraživanja pokazuju da 60% građana Srbije smatra da država ide u pogrešnom smeru, a da više od 60% podržava proteste i blokade fakulteta.
read more..Olalla Rodil acusa os populares de falta de respecto institucional e subliña a “folla de servizo intachable” do profesor de Dereito Fernando de Abel Vilela
O Pleno debaterá, a iniciativa do Bloque, a creación dunha comisión de investigación sobre as irregularidades na tramitación do proxecto de Altri
read more..Hier matin, à Rovenaud de Valsavarenche, la famille unioniste s’est réunie dans le recueillement pour rendre hommage à Émile Chanoux, figure majeure de notre histoire, martyr de la Résistance et penseur toujours actuel de l’autonomie valdôtaine.
read more..Josep Castells: “el descompte de resident no pot continuar essent una eina que acaba beneficiant les companyies mentre els ciutadans continuen pagant preus desorbitats per viatjar”
read more..In het Brussels parlement ondervroeg Vlaams Belang parlementslid Bob De Brabandere Brussels minister-president Boris Dilliès(MR)over de plannen van de Brusselse regering inzake de bestrijding van islamitisch extremisme. Dilliès fietste om de vraag heen en gaf geen antwoord, wat voor De Brabandere voldoende reden is om te concluderen dat er eenvoudigweg geen plannen zijn.“In het regeerakkoord staat niets over de bestrijding van islamitisch extremisme en als ik er naar vraag zegt de minister-president eigenlijk ook niets. Het blijft dus bij symptoombestrijding, op het moment dat er zich een probleem voordoet, zoals nu bij de oorlog in Iran. Dat doet mij terugdenken aan het oude devies voor Brusselse problemen: negeren. En zo worden faits divers hier faits généraux. Ook 10 jaar na de aanslagen zal islamitisch extremisme dus gewoon voet aan de grond blijven houden in Brussel.” zegt De Brabandere.
read more..Op woensdag 20 mei 2026 organiseert de MR een politieke meeting in zaal 'De Moriaan' in Alsemberg (Beersel) met partijvoorzitter Georges-Louis Bouchez en vicepremier David Clarinval. Opmerkelijk: de communicatie rond het evenement werd tweetalig verspreid … op Vlaams grondgebied.
read more..