BNG mantén a proposta para adxunto á Valedora tras o veto político dun PP que volve amosar o seu talante antidemocrático
Bloque Nacionalista Galego 4-03-2026, 10:00 politics, protest
![]()
A viceportavoz do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, avanzou que a formación nacionalista non vai aceptar o “veto político” do PP e, polo tanto, vai manter a proposta do profesor de Dereito Administrativo da USC Fernando de Abel Vila como candidato a adxunto á Valedora do Pobo.
“É intolerable e non o imos aceptar”, asegurou Rodil despois de que o PP trasladase á formación nacionalista o veto á súa proposta, o que supón unha “ruptura dos acordos, do costume e unha falta de respecto institucional”. Trátase, engadiu, dun “feito inaudito que responde única e exclusivamente a un veto político” dos populares que, máis unha vez, volven demostrar o seu “talante antidemocrático e o nulo respecto polo pluralismo”.
Rodil subliñou a “folla de servizo intachable” de Fernando de Abel Vilela, que é profesor do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado na Universidade de Santiago e que, ademais, cumpre todos os requisitos legais para ser adxunto á Valedora do Pobo.
A deputada nacionalista lembra que, segundo a tradición parlamentaria, correspóndelle ao BNG como segunda forza nomear candidato ou candidata para o cargo de adxunto á Valedora e destaca que, malia o veto do PP, seguirá adiante coa súa proposta, que terá que ser debatida na Comisión de Peticións.
O BNG lembra ademais o perfil de persoas que ocuparon anteriormente a vicevaledoría, como Antonio Pol, quen fora alcalde franquista de Arzúa entre 1964 e 1968, e de Lugo, entre 1974 e 1975. Fora tamén gobernador civil da Coruña e Salamanca e deputado por Alianza Popular (AP) entre 1982 e 1986.
Tamén Domingos Merino chegou á valedoría logo de ser alcalde da Coruña pola coalición Unidade Galega e deputado, primeiro polo PSG-EG e máis tarde polo BNG, no Parlamento galego. Igualmente, a anterior adxunta á Valedora, María Xosé Porteiro, foi concelleira, deputada e destacada militante do Partido Socialista.
Olalla Rodil expresou a posición do BNG sobre a renovación de cargos na Valedora do Pobo tras a reunión da Xunta de Portavoces na que se estableceu a orde do día do próximo Pleno, no que, a proposta do grupo nacionalista, debaterase a creación dunha comisión de investigación sobre as presuntas irregularidades e “os desmáns do Goberno do PP” na tramitación do proxecto de Altri en Palas de Rei.
“Aínda hai que deitar moita luz onde o PP o único que quere é poñer sombra”, destacou a viceportavoz, que detallou que a comisión que reclama o BNG céntrase na descatalogación da contorna da Serra do Careón como zona de amortecemento da Rede Natura, unha descatalogación que beneficiaba a Altri e que vén de ser declarada ilegal por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG).
Máis en concreto, Rodil explicou que o BNG quere saber “en termos políticos” que departamento ou organismo da Xunta tramitou a modificación da protección que tiñan eses terreos, que informes técnicos avalaron ou xustificaron esa desprotección e en que momento se levou a cabo ese cambio.
O Goberno de Rueda, engadiu Rodil, ten que aclarar se a desprotección dos terreos foi feita antes de que a Xunta asinase, a través da Sociedade Impulsa, o acordo secreto con Altri que non quere dar a coñecer, e se o cambio na catalogación era, precisamente, unha das contrapartidas á pasteira lusa contidas nese documento de 2021.
Ademais da creación da comisión de investigación, o BNG reclamou na Xunta de Portavoces a comparecencia de Rueda para falar tamén da toma de decisións, como a da contorna da Serra do Careón, tomadas polo seu Goberno “en contra dos intereses dos galegos e galegas e a favor da rapina dunha empresa portuguesa que o único que quería eran os nosos recursos naturais para encher a súa carteira de negocios”.
Como o PP vetou a comparecencia, a formación nacionalista formulará unha interpelación sobre esta cuestión.
No mesmo sentido, a pregunta ao presidente da Xunta da portavoz nacional, Ana Pontón, será “se ten algún proxecto industrial para Galiza ou vai seguir instalado no fracaso e na propaganda”. “Porque de todo o que Rueda anunciou como os grandes proxectos industriais para Galiza non se verificou nin un só”, denunciou Rodil.
“Realmente o PP ten moi pouco ou nada que ofrecerlle en materia industrial ás galegas e aos galegos, nada que non sexa volver a implantar fábricas que seguen o modelo industrial do franquismo na vez de proxectos sustentables baseados nos recursos e no desenvolvemento social, económico e humano do noso País”, salientou.
Junts registra preguntes sobre l’incompliment dels compromisos de les dues últimes reunions
read more..Plaid Cymru promises always stand up for Wales if elected to government
Plaid Cymru has said that Labour can no longer credibly describe itself as the ‘party of devolution’ following a leaked memo from the Prime Minister indicating a willingness to bypass the Senedd and Welsh Government.
read more..Ex-premiers Alexander De Croo(Anders) en Sophie Wilmès(MR) worden wellicht nog dit jaar benoemd tot minister van staat.“Dat is een zogenaamd prestigieuze eretitel voor wie zich - al even zogenaamd -‘bijzonder verdienstelijk’ heeft gemaakt”, zegt fractievoorzitter in de Kamer Barbara Pas(Vlaams Belang).“In dit geval bestaat die verdienste erin dit land verder naar de verdoemenis geholpen te hebben.”
read more..Le 12 avril 1932 naissait Corrado Gex. Une date qui, aujourd’hui encore, invite la communauté valdôtaine à se souvenir d’une figure exceptionnelle, dont le passage, bref mais intense, a profondément marqué l’histoire de notre région.
read more..El secretari general situa Junts com el partit de les solucions reals davant un govern preocupat només per no molestar Sánchez
read more..Asielzoekers die verblijven in federale opvangcentra kregen het voorbije jaar gratis treintickets toegestopt voor een bedrag van 1.398.330 euro.“Een bedrag dat jaar na jaar stijgt”, zegt Vlaams Belang-Kamerlid Frank Troosters, die de cijfers opvroeg bij minister van Asiel en Migratie Anneleen Van Bossuyt(N-VA).“En een bedrag dat beter besteed wordt aan onze eigen mensen die financieel nauwelijks rondkomen in plaats van aan pleziertripjes voor nieuwkomers.”
read more..Milers de persones s’han manifestat aquest dissabte al migdia a Barcelona per dir prou al col·lapse de Rodalies i per reivindicar la independència com a única via per garantir uns serveis bàsics de qualitat a la ciutadania. La manifestació, convocada per l’Assemblea Nacional Catalana i el Consell de la República, ha denunciat l’espoli fiscal que pateix Catalunya i la discriminació premeditada perpetrada per l’Estat espanyol. La marxa ha començat a les 12 del migdia des del monument a Rafael Casanova i ha recorregut els carrers de la capital catalana encapçalada per una pancarta amb el lema de la manifestació: “PROU! Única via: Independència!”.
read more..BOZEN – Der Südtiroler Schützenbund zeigt sich über die Aussagen von Landeshauptmann-Stellvertreter Marco Galateo zum Schriftzug „TIROL“ sehr verwundert.
read more..Mañana 11 de febrero, desde Nueva Canarias-Bloque Canarista (NC-BC), nos
sumamos a la conmemoración del Día Internacional de la Mujer y la Niña
en la Ciencia, una fecha proclamada por Naciones Unidas para
visibilizar, reconocer y reforzar el papel tan importante de las mujeres
y las niñas en el desarrollo científico-tecnológico, y para seguir
avanzando hacia una igualdad real y efectiva.