Rodil: “Por moita propaganda que use Rueda non vai conseguir tapar a súa incompetencia para resolver os problemas de Galiza

Bloque Nacionalista Galego 17-05-2026, 14:36 politics

Olalla Rodil

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil asegura que Rueda, co seu acto de medio mandato que celebra este sábado en Vigo baixo o lema ‘Galiza goberna’, “intenta tapar con quilos e quilos de propaganda a súa incompetencia para resolver os problemas das galegas e galegos”, en referencia á sanidade, o dereito a unha vivenda ou ao espolio dos recursos naturais de Galiza.

Afondando nas eivas da sanidade, a deputada nacionalista sinala os recortes do PP como causa de que haxa que esperar “15 días ou máis” por unha cita no médico de cabeceira, ou que as nenas e nenos deste País “non teñan a atención que merecen e que necesitan”, lamenta, subliñando que en 120 concellos non hai pediatra e que noutros 96 só hai esta especialidade unhas poucas horas algún día da semana.

“Isto non pasa porque si. É a consecuencia directa dos 1.600 millóns de euros que o PP recortou en Atención Primaria desde 2009”, manifesta.

Sinala ademais que Rueda conseguiu “poñer de acordo a todo o mundo no mal que está a sanidade pública galega hoxe”, onde tamén está a haber problemas nos hospitais. Rodil referiuse neste punto ao comunicado “conxunto que presentaron todos os xefes de urxencias de Galiza no que denuncian a falta de persoal e de recursos para garantir a asistencia sanitaria.

En materia de vivenda, a viceportavoz do BNG acusa o Partido Popular de converter o dereito a unha teito digno nun “privilexio”, con alugueres cada vez máis caros e máis de 32 mil persoas agardando por unha vivenda pública no rexistro de demandantes.

“E que fai agora? Inundarnos de propaganda con anuncios de miles de vivendas públicas pero a realidade, cos datos do Instituto Galego de Estatística IGE) na man, é que a día de hoxe só hai 485 vivendas empezadas”, recalca.

Pero para a deputada nacionalista, se algo define o goberno de Rueda, é o espolio da riqueza de Galiza. “O PP actúa como cabalo de Troia do lobby eléctrico e mineiro; vémolo co boom eólico depredador, co proxecto de Altri, mesmo atacando a independencia xudicial para defender os intereses dun puñado de empresas, vendendo os recursos naturais e a riqueza de Galiza a prezo de saldo”, incide.

Ademais, critica que o Goberno do PP anuncie agora que “van resucitar” as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, despois de que fosen amplamente rexeitadas socialmente polos enormes prexuízos ambientais e sociais que suporían.

En definitiva, conclúe, “Rueda e o PP non van tapar, por moitos quilos de propaganda que usen, a súa verdadeira cara: a do desmantelamento dos servizos públicos, o recorte de dereitos e o espolio da riqueza deste País”.

Fronte á incapacidade de Rueda, Rodil asegura que “seguimos traballando co convencemento de que as galegas e galegos merecen máis e teñen no BNG de Ana Pontón un proxecto e unha alternativa sólida para mellorar as súas vidas”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/rodil-moita-propaganda-que-use-rueda-non-vai-conseguir-tapar-sua-incompetencia-resolver-problemas-galiza/20260516160733042808.html

Related News

Die derzeitigen Möglichkeiten reichen nicht aus, sind schwierig und kommen für viele zu spät.

read more..

Pendelaars vanuit het Waasland kunnen sinds eind 2024 niet langer rekenen op een rechtstreekse treinverbinding met Brussel. Er werd sindsdien al meermaals geprotesteerd tegen die beslissing. Gisteren werd in de commissie Mobiliteit van de Kamer een voorstel van resolutie van het Vlaams Belang besproken die de federale regering aanspoort om werk te maken van het terugbrengen van de treinverbinding.“We vielen van onze stoel toen we hoorden dat nota bene N-VA die zich steeds achter het protest schaarde, plots stelde dat de NMBS waarschijnlijk goede redenen heeft voor het wegvallen van de verbinding”, zegt Kamerlid Alexander Van Hoecke.

read more..

Olalla Rodil

Asegura que as galegas e galegos merecen máis e que “aí está o BNG de Ana Pontón cun proxecto e alternativa sólidos para mellorar as súas vidas

read more..

Wenn wir jetzt nicht handeln, dann werden wir in ein paar Jahren nicht mehr darüber diskutieren, wie wir die Förde entwickeln – sondern darüber, was wir alles verloren haben.

read more..

Carmen Hernández avisa que la falta de ejecución de casi 900 casas
públicas y el riesgo de perder fondos europeos profundizan el problema
en Canarias

read more..

Przed kilkunastu laty nasze stowarzyszenie zainicjowało społeczną akcję na rzecz odzyskania figury Śpiącego lwa, odlanej według projektu Theodora Kalidego, wywiezionej po wojnie z Bytomia do Warszawy.

read more..

21 marzo 2026

Cari Amici, questa non è una newsletter come le altre.

La famiglia della Lega è profondamente scossa e addolorata per la scomparsa di Umberto Bossi: ci stringiamo con affetto e commozione ai suoi cari e lo saluteremo in migliaia domenica 22 marzo nella sua Pontida.

read more..

Néstor Rego insiste en que a N-540 non pode continuar nun estado de abandono que compromete a seguranza viaria e reclama contar con infraestruturas dignas e en condicións axeitadas

read more..

Olalla Rodil asegura que a accesibilidade e a sanidade pública brilla pola súa ausencia cando a xente se ten que desprazar para ser atendida

O PP votou en contra de cubrir permanentemente as dúas prazas do centro de saúde de San Román e a restitución da atención sanitaria en Doiras

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031