BNG exixe ao Goberno actuacións urxentes na N-540 polos graves danos causados polos temporais
Bloque Nacionalista Galego 11-02-2026, 12:00
![]()
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, demanda ao Goberno do Estado actuacións urxentes na estrada N-540 após os importantes danos ocasionados polas sucesivas borrascas e fortes temporais de choiva que veñen afectando á Galiza desde o pasado mes de novembro.
A formación nacionalista alerta do deterioro acelerado desta vía, especialmente ao seu paso por terras lucenses, onde as desfeitas no firme obrigaron a limitar a velocidade a 40 quilómetros por hora en varios treitos. A acumulación e erosión da auga agravaron o xa deficiente estado da estrada, ampliando fochancas, provocando novas fendas e empeorando de maneira xeral a seguranza viaria.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, subliña que “a N-540 é unha infraestrutura fundamental para a conexión entre Ourense e Lugo, a única vía de comunicación directa entre ambas cidades mentres non se complete a A-56, polo que resulta inaceptábel o abandono ao que está sometida”.
Rego lembra que o BNG leva tempo reclamando un plan integral de rexeneración e mellora da N-540 que dea unha solución definitiva aos numerosos tramos con fochancas e firme deteriorado, nomeadamente no tramo entre Chantada e Lugo, así como en distintos puntos do territorio ourensá.
“O mal estado da vía non só dificulta a mobilidade, senón que está a provocar un incremento dos accidentes desde 2024 e danos constantes nos vehículos, co conseguinte prexuízo económico para as persoas usuarias” denuncia.
Neste contexto, o BNG demanda ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentábel que realice de maneira inmediata unha inspección técnica completa da N-540 para avaliar os danos causados polos temporais e identificar os puntos que requiren intervención urxente. Así mesmo, exixe que se confirme oficialmente o empeoramento do firme nos tramos que xa presentaban un elevado nivel de deterioro, especialmente entre Chantada e Lugo.
A organización nacionalista reclama tamén que se leven a cabo reparacións de emerxencia nos puntos máis afectados e que se activen, sen máis demoras, actuacións de rehabilitación e reforma estrutural nos treitos danados. “Non abonda con limitar a velocidade; cómpre actuar con responsabilidade e garantir condicións de seguranza axeitadas” sinala o deputado.
Ademais, o BNG solicita información detallada sobre o estado actual das obras de rehabilitación estrutural do firme entre os puntos quilométricos 0 e 68,9 en Lugo, iniciadas en 2024 e cuxos prazos de execución foron ampliados o pasado ano. “O Ministerio comprometeuse a reducir os prazos durante a execución das obras, mais a realidade é que a situación da estrada segue a empeorar. É necesario concretar calendarios e garantir o cumprimento dos compromisos adquiridos” sentenza Néstor Rego.
Urxe explicacións logo da condena do TSXG á Xunta por desprotexer os terreos nos que pretendía colocar a macrocelulosa para beneficiar á pasteira
read more..El candidato número uno de Chunta Aragonesista (CHA) a las Cortes de Aragón por la circunscripción electoral de Teruel, Javier Carbó, ha defendido la necesidad de aplicar de manera íntegra las ayudas al funcionamiento que la Unión Europea permite activar hasta un 20 % en zonas despobladas como las comarcas turolenses, una medida que “no se está aprovechando pese a contar con el aval de la UE”.
read more..Esquerra Republicana ha estat present a Tindouf en el marc dels actes de commemoració del 50è aniversari de la República Àrab Sahrauí Democràtica (RASD), amb una delegació encapçalada per la secretària general adjunta, Norma Pujol, i la diputada a Madrid Etna Estrems.
read more..![]()
Reclama máis recursos, a supresión do “decreto da vergoña”, cumprir o Plan de Normalización e actualizar a Lei de Normalización Lingüística
“Hoxe enchemos as rúas de Santiago para celebrar e reivindicar o orgullo polo idioma, que, como dixo Begoña Caamaño, non ten límites”, declara
read more..Der SSW hat heute einen Antrag in den Landtag eingebracht, der die Fortschreibung des bestehenden Theaterkonzepts für Schleswig-Holstein bis 2031 fordert und damit die Grundlage für eine verlässliche Zukunft der öffentlichen Bühnen schaffen soll.
read more..Prado denuncia que a promotora segrega fraudulentamente o proxecto que e non se avalía o risco do transporte pola ría de 300.000m3 de betume
Primeiro Altri e agora isto. “A ría de Arousa non pode permitirse nin un só elemento máis que poña en perigo a súa capacidade produtiva, advirte
read more..O deputado do BNG defendeu no Parlamento unha iniciativa para que a Xunta inicie negociacións coa UE co obxectivo de recuperar a titularidade
read more..Het aantal gedetineerden dat via het VDAB-programma ‘Aan de Bak’ intensief wordt begeleid naar werk, bereikte in 2025 een recordhoogte van 954 trajecten. Dat blijkt uit nieuwe cijfers die Vlaams parlementslid Ine Tombeur opvroeg bij minister van Werk en Justitie Zuhal Demir. Tombeur benadrukt de meerwaarde van werk voor re-integratie.
read more..![]()
Presas censura que, malia as promesas de Rueda, quedaron sen executar 23 M€ para acceso á vivenda ou 82 de Medio Rural no peor ano dos lumes
read more..