Paulo Ríos empraza o PP a aclarar por que xa non quere que o transporte da ría sexa público: “A que intereses serven?”
Bloque Nacionalista Galego 28-03-2026, 14:01 legal issues
O deputado do BNG defendeu no Parlamento unha iniciativa para que a Xunta inicie negociacións coa UE co obxectivo de recuperar a titularidade
![]()
O portavoz de Mobilidade e Transporte do BNG, Paulo Ríos, emprazou aos deputados e deputadas do PP a explicarlle á veciñanza do Morrazo por que xa non defenden que o transporte de ría volva ser de titularidade pública. “A que intereses serven?”, preguntoulle Ríos ás bancadas populares durante o debate dunha iniciativa nacionalista.
A proposición non de lei do BNG, contra a que votou o PP, instaba á Xunta a “dar os pasos necesarios”, negociando coa Unión Europa os cambios legais necesarios, para a recuperación da titularidade pública do transporte da ría co obxectivo, destacou Ríos, de blindar a súa continuidade e a atención ás necesidades das persoas usuarias.
O deputado nacionalista reprochou aos populares o seu cambio de postura e lembrou, neste sentido, que o PP impulsou desde a Xunta accións similares á debatida hoxe para, tal e como explicou, solicitar na Unión Europeo a reforma do marco legal, “na liña de superar o actual marco de libre competencia e de regulación para garantir un transporte de ría realmente público e fuxir da barra libre que supón a liberalización dun sector como este do transporte”.
É o mesmo que solicitaba, destacou, o Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo no ano 2015 e no 2016, que chegou a remitirlle a petición á UE posto que foi unha sentenza da Comisión Europea do 2006 a que obrigou á liberalización deste transporte, poñendo fin así á titularidade pública que establecía a regulación da Xunta do ano 1999.
“Por que cambiaron de idea e agora prefiren os cartos que saen dos petos de todos os galegos e galegas vaian cara unha empresa privada sen ningún tipo de garantía?”, preguntoulle a María Dolores Hermelo, encargada de defender a posición do PP, o deputado nacionalista, quen subliñou na súa exposición as irregularidades, sancións ou expedientes abertos nos últimos anos a algunhas navieiras por “fixar os prezos entre elas, repartirse o propio mercado ou directamente vender moito máis billetes dos que podían pola capacidade dos barcos”.
O deputado do BNG destacou, ademais, que o paso do tempo “desmontou” a sentenza da Comisión Europea en favor da liberalización do sector posto para evitar situacións de monopolio posto que, segundo o último rexistro de empresas prestadoras deste tipo de transporte, “hai ao redor duns 150 servizos e máis do 80% destes corresponden a dúas únicas empresas”.
Välkommen till Ålands Framtids årsmöte torsdagen den 19 mars kl. 19 i Folkhälsans Allaktivitetshus (Café Vreten).
read more..Dades del 2025: El 75 % de les incidències van afectar hora punta, perjudicant 2 milions de passatgers i 8.000 trens.
read more..De regering-De Wever kondigt aan de tweede pijler – het aanvullend pensioen bovenop het wettelijk pensioen – te willen versterken in alle sectoren, maar laat cruciale vragen over garanties, timing en financiering onbeantwoord. Kamerlid Ellen Samyn reageert scherp op de plannen en waarschuwt voor hervormingen die vooral uitgestelde beloftes bevatten. “Wat als een grote pensioenhervorming wordt verkocht, blijft in werkelijkheid steken in vage intenties zonder afdwingbare zekerheid”, zegt Samyn.
read more..Néstor Rego denuncia que a Axencia Tributaria destinou máis de 472 millóns de euros a empresas privadas desde 2023 mentres mantén vacantes sen cubrir e persoal insuficiente nas delegacións galegas
read more..Mae arweinydd Plaid Cymru wedi dweud fod nodyn personol gan Brif Weinidog y Deyrnas Unedig yn amlygu dirmyg Llafur tuag at ddatganoli.
Yn ystod Cwestiynau i’r Prif Weinidog yn y Senedd heddiw (Dydd Mawrth 10fed Mawrth, 2026), wnaeth arweinydd Plaid Cymru Rhun ap Iorwerth AS cwestiynu Prif Weinidog Llafur Cymru am nodyn gan Brif Weinidog y Deyrnas Unedig (DU) mae Plaid Cymru wedi cael gafael arno.
read more..La Federació, amb un futur incert i en risc, compareix aquest dimarts al Parlament
read more..Unsere Häfen sind keine lokalen Nebenprojekte, sondern strategische Infrastruktur – für Wirtschaft, Energiewende, Tourismus und Sicherheit. Einen Hafeninfrastrukturfonds müssen wir umsetzen statt prüfen.
CHA muestra su condena ante el caso que se investiga en Barbastro, donde tres personas han sido llamadas a declarar por un posible asesinato por violencia machista, tras la aparición del cuerpo sin vida de una mujer de 53 años.
read more..