BNG urxe o Goberno a reverter a externalización informática da AEAT e reforzar o cadro de persoal na Galiza
Bloque Nacionalista Galego 2-06-2026, 12:53 politics, social
Néstor Rego denuncia que a Axencia Tributaria destinou máis de 472 millóns de euros a empresas privadas desde 2023 mentres mantén vacantes sen cubrir e persoal insuficiente nas delegacións galegas
![]()
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para reclamar ao Goberno do Estado a reversión da progresiva privatización dos servizos informáticos da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), así como a adopción de medidas urxentes para reforzar os cadros de persoal e cubrir as numerosas vacantes existentes, particularmente na Delegación Especial da Galiza.
Rego denuncia que a AEAT leva anos afondando nun modelo de dependencia de empresas privadas para o desenvolvemento de funcións informáticas estratéxicas mentres desatende o fortalecemento dos seus propios medios técnicos e humanos.
“Estamos ante unha cuestión que afecta directamente a soberanía tecnolóxica da Administración pública, a protección dos datos fiscais da cidadanía e a calidade dun servizo público esencial. O Goberno debe abandonar esta política de privatización e apostar por reforzar as capacidades propias da Axencia Tributaria” defende Rego.
Segundo a documentación analizada polo BNG, a AEAT contratou entre 2023 e 2026 servizos informáticos por valor superior aos 472 millóns de euros. Trátase de contratos vinculados á xestión das telecomunicacións, sistemas de Big Data, investigación da fraude, transformación dixital ou operación dos sistemas informáticos da Axencia, moitos deles con duración de varios anos e cunha presenza recorrente de ofertas únicas nos procesos de licitación.
Para o deputado nacionalista, “non é razoábel que mentres se destinan centos de millóns de euros á contratación externa, non exista ningún plan para recuperar capacidades técnicas propias nin para reforzar os corpos informáticos da AEAT”.
Neste sentido, o BNG demanda a posta en marcha dun plan de recuperación progresiva dos servizos actualmente privatizados, con calendario e obxectivos verificábeis, así como a convocatoria inmediata dos paneis de mobilidade para os corpos informáticos e, en particular, para o Corpo de Técnicos Auxiliares de Informática.
“A Axencia Tributaria non pode seguir dependendo cada vez máis de empresas privadas para funcións que poden e deben ser desenvolvidas por persoal público especializado. É necesario recuperar coñecemento, capacidade técnica e control sobre sistemas que manexan información especialmente sensíbel da cidadanía” salienta Rego.
Unha situación especialmente grave na Galiza
O BNG tamén traslada ao Congreso a situación que padecen as Administracións e Delegacións dependentes da Delegación Especial da AEAT na Galiza, onde unidades de Informática, Xestión, Recadación, Inspección e Aduanas continúan funcionando con cadros de persoal moi por debaixo do mínimo necesario.
Segundo denuncia o deputado nacionalista, as vacantes acumuladas e a falta de reposición do persoal están a provocar unha crecente sobrecarga de traballo e dificultades para garantir unha atención adecuada á cidadanía.
“A precariedade dos cadros de persoal da AEAT na Galiza é unha realidade coñecida e prolongada no tempo. O persoal está asumindo funcións e cargas de traballo que corresponden a postos que permanecen baleiros mentres o Goberno continúa sen adoptar solucións efectivas” critica o deputado do BNG.
Por este motivo, a organización nacionalista reclama ao executivo a cobertura inmediata das prazas vacantes e a adopción dun plan específico para reforzar os recursos humanos na Galiza.
“A cidadanía galega ten dereito a un servizo tributario público dotado dos medios necesarios e o persoal da AEAT ten dereito a desenvolver o seu traballo en condicións dignas. O Goberno debe actuar para rematar coa falta de persoal e garantir un servizo público de calidade na Galiza” sentenza Néstor Rego.
In zijn nieuwe boek ‘Het papieren continent’ fileert Johan Van Overtveldt (N-VA) kritisch als altijd het gebrek aan ‘macht, slagkracht en realiteitszin’ van de EU. Dat zijn recepten vaker naar meer integratie neigen, steekt hij niet weg. ‘Als de feiten veranderen, verander ik mijn mening. En u?’, zo citeert hij de econoom John Maynard Keynes. Lees hieronder het interview in De Tijd.
read more..Der Schützenbezirk Bozen begrüßt das Olympische Feuer und die Olympischen Winterspiele in Südtirol
BOZEN – In dieser Woche läuft das Olympische Feuer durch Südtirol und auch durch unseren Bezirk. Gelaufen wird zuerst durch Terlan, dann Eppan mit Endspurt in Kaltern. Danach verlässt der Olympiatross unseren Bezirk und zieht weiter nach Tramin ins Unterland.
read more..![]()
Presas censura que, malia as promesas de Rueda, quedaron sen executar 23 M€ para acceso á vivenda ou 82 de Medio Rural no peor ano dos lumes
read more..“Les vagues a Catalunya són una mostra clara que els ciutadans viuen una realitat que els governs socialistes no volen reconèixer”, assegura el portaveu adjunt
read more..Mebyon Kernow would like to wish one and all a Happy St Piran’s Day!
We sincerely hope that everyone will find the time to do something to celebrate Cornwall’s national identity.
read more..Vlaams Belang-Kamerlid Werner Somers dient een voorstel in om de Grondwet te herzien en de deelstaten volledige fiscale en financiële autonomie te geven. De partij wil de huidige geldstromen omkeren zodat Vlaanderen zelf zijn belastingen kan innen.
read more..El divendres 27 de febrer, a Gandesa, al Consell Comarcal de la Terra Alta, alcaldes i alcaldesses de la comarca es van reunir per assistir a la presentació de la campanya Municipis per la llengua, impulsada per l’Associació de Municipis per la Independència. L’acte va tenir lloc a la seu comarcal al migdia, amb una bona representació institucional i l’objectiu de reforçar el compromís dels governs locals amb la promoció i l’ús social del català. La presentació va anar a càrrec del vicepresident, Jordi Gaseni i la coordinadora Rosa M. Sanjaume.
read more..“Rueda debe explicar por que se empeña en discriminar á veciñanza de Bergantiños e da Costa da Morte que leva 30 anos pagando peaxes”
O BNG arranca unha campaña a favor da liberalización dunha autoestrada esencial para unha poboación de 100.000 persoas. “É de xustiza”, alega
read more..