BNG acusa o PP de facer “filibusterismos contables” para tapar a súa mala xestión e que deixou case 800 M€ sen gastar
Bloque Nacionalista Galego 22-05-2026, 14:00 social
![]()
A portavoz de Facenda do BNG no Parlamento, Noa Presas, acusou o PP de facer “filibusterismos contables” para tapar a súa mala xestión orzamentaria e “maquillar” a realidade das cifras, como que a Xunta deixou sen executar no ano 2025 case 800 millóns de euros “que podían aplicarse a políticas sociais ou a investimento”.
“Os datos non menten, quen mente e manipula é o PP para tapar a súa mala xestión”, advertiu a deputada do BNG na Comisión de Facenda, na que defendeu unha iniciativa para mellorar a planificación orzamentaria e atallar as “debilidades, deficiencias e problemas de xestión” que ano tras ano reitera o Consello de Contas nas Contas Xerais.
Segundo destacou Presas, o propio órgano fiscalizador asegura no seu último informe que “o resultado orzamentario está sobrevalorado”, entre outros motivos porque non se executa “en tempo e forma”. Ademais, hai unha “deficiente orzamentación” polo uso de mecanismos extraordinarios para cubrir gastos “perfectamente previsibles”.
A mala xestión do PP na Xunta fai, segundo denunciou Presas, que o orzamento inicial perda valor como “instrumento de planificación real”, pois “acaba sendo profundamente alterado durante o exercicio. Unha práctica que, engadiu, “pode ser legal pero non ética”.
A portavoz de Facenda do BNG cualificou de “chapuza orzamentaria” o traballo da Consellería e censurou que, entre as sección con menor nivel relativo de execución, repitan as consellería de Emprego, Medio Ambiente, Mar, Vivenda, Economía ou Medio Rural. “Como non vai caer, por exemplo, a produción industrial se as consellerías responsables dos motores económicos non executan?”, preguntou.
Afondando nesta cuestión, reprobou que de maneira recorrente, ano tras ano, hai partidas dos Orzamentos da Xunta que non chegan ao 50 % de execución, como é o caso do programa de formación de persoas ocupadas e desempregadas –do que quedaron no caixón en 2025 máis de cen millóns de euros– ou o Plan Galego de Investigación.
Na mesma liña, criticou que, malia as promesas de Rueda de impulso as políticas habitacionais, dos orzamentos do ano pasado quedaron sen gastar 28 millóns de euros do programa de acceso á vivenda. Así mesmo, en Política Social deixáronse sen executar 110 M€ “para despois estar rateando a miserenta subida do SAF”, apostilou. No ano da gran crise incendiaria, non se gastaron tampouco 82 M€ de Medio Rural, nin partidas destinadas á loita contra a violencia de xénero.
Entre outros exemplos, aludiu así mesmo ao programa de prevención do abandono escolar, para o que orzamentaron 30 millóns dos que acabaron “chapodando” ata 15 millóns, sendo este o programa que liderou os recortes nas contas de 2025.
A iniciativa do BNG, rexeitada polo PP, reclamaba impulsar unha actualización normativa e unha planificación orzamentaria, cun calendario de aplicación e impulso das recomendacións en materia orzamentaria de contas e a obriga de render contas ao Parlamento galego, mediante informe fundamentado, cada vez que unha partida de gasto non acade o 75 % de execución orzamentaria.
Presas reclamou ademais unha ampliación da información referente ás modificacións orzamentarias, maior transparencia do uso do fondo de continxencia e información detallada da planificación plurianual daqueles programas de gasto que exceden o ano orzamentario.
De Vlaamse begroting voor 2025 blijkt in de praktijk nauw aan te sluiten bij wat de Vlaamse Regering vooraf had ingeschat. Uit nieuwe uitvoeringscijfers blijkt dat Vlaanderen het vorig jaar zelfs 74,9 miljoen euro beter deed dan geraamd. “De uitvoeringscijfers laten zien dat we ons in Vlaanderen niet rijk rekenen: we begroten correct en zitten op koers”, zegt Vlaams minister van Begroting Ben Weyts. “Het zal nu zaak zijn om door te zetten en de rekeningen verder op orde te zetten.”
read more..11 lipca 2026 odbędzie się kolejny Marsz Autonomii. O godzinie 12:00 wyruszymy z Placu Sejmu Śląskiego.
Idymy, bo przajymy Ślōnskowi! To my, ślōnskŏ nacyjŏ, ślōnsko gŏdka, ślōnskŏ siła!
read more..![]()
Carme da Silva Méndez, após un ano de traballo denunciando a neglixencia ocorrida na presa de Chás, evidencia a urxencia de reforzar a regulación e garantir a auga
O BNG defenderá ampliar o control dos organismos de bacía a encoros de menos de 50hm3 co obxectivo de evitar baleirados incontrolados en situacións críticas
read more..Could the votes from the Faroe Islands and Greenland prove decisive?
read more..Vandaag vertrok vanuit ons secretariaat in Berchem een serieuze lading leeuwenvlaggetjes waarmee het parcours van ‘Vlaanderens Mooiste’ op zondag 5 april 2026 naar goede gewoonte geel-zwart gekleurd zal worden.
Christopher Rivas apuesta por el autoconsumo y las cooperativas energéticas frente a las macroplantas especulativas
read more..Ariadna Fernández reclama á Xunta aumentar as contías anuais, pagar en tempo e facerse cargo dos custos das contratacións de persoal substituto
O BNG tamén considera fundamental unha listaxe de persoal que estea dispoñible para chamar en caso de necesitar substitucións esporádicas
read more..Dans le cadre prestigieux de la Salle ducale de l’Hôtel de Ville d’Aoste, le Groupe au Conseil de la Vallée a organisé une conférence consacrée à un thème au cœur de l’histoire et de l’avenir de notre communauté : « Francophonie, culture et identité : préserver nos racines ».
read more..