BNG propón fixar límites de caudal nos encoros de menos de 50 hm3 para evitar novos atentados ecolóxicos

Bloque Nacionalista Galego 22-05-2026, 11:13 development, legislation

Carme da Silva

O Bloque Nacionalista Galego, a través da súa senadora na cámara alta, defenderá a vindeira segunda feira, 26 de maio, a modificación da Lei de Augas co obxectivo de reforzar o control público sobre a xestión dos encoros de menor capacidade e evitar que se repitan episodios graves como o sucedido o pasado verán na presa de Chás, no concello de Oímbra, durante a vaga de lumes.

A formación nacionalista lembra que o baleirado “brutal e inxustificado” deste encoro, explotado por unha filial de ENDESA, provocou unha grave alteración do ecosistema, con mortaldade masiva de peixes, danos na flora, prexuízos nos usos agrícolas e locais da auga e dificultando a captación de auga para a extinción dos incendios que arrasaron máis de 30.000 hectáreas na comarca de Monterrei en agosto de 2025.

Para a senadora do BNG este episodio evidencia “unha cadea de neglixencias intolerábeis” por parte da empresa concesionaria, que actuou sen comunicación previa ao organismo de bacía, e tamén a insuficiencia do marco legal actual, que deixa fóra do control directo a encoros de menor capacidade.

Carme da Silva Méndez subliñará que “o acontecido na presa de Chás non pode volver repetirse. Non estamos só ante un dano ambiental, senón tamén ante unha situación que puxo en risco a seguranza das persoas nun contexto de lumes devastadores”.

Un cambio normativo necesario e urxente

A iniciativa do BNG céntrase na modificación do artigo 55 da Lei de Augas para ampliar as competencias dos organismos de bacía, de maneira que tamén poidan actuar sobre encoros cunha capacidade igual ou inferior a 50 hectómetros cúbicos, actualmente excluídos da regulación específica introducida polo Real Decreto lei 17/2021.

Segundo explica Carme da Silva, “trátase de dotar a Administración das ferramentas necesarias para anticiparse e evitar decisións unilaterais das empresas concesionarias que poidan ter consecuencias irreversíbeis”.

A senadora nacionalista recorda que o propio Goberno recoñeceu no Senado, á preguntas do BNG, que a regulación actual “é mellorábel” e que o sucedido en Chás supón “unha lección aprendida”, polo que o BNG considera que “non hai escusas para non actuar de inmediato”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-propon-fixar-limites-caudal-nos-encoros-menos-50-hm3-evitar-novos-atentados-ecoloxicos/20260521122727042838.html

Related News

El Parlament insta el Govern a agilitzar els tràmits per actuar ràpidament i a contemplar indemnitzacions i excepcions als plans de millora vinculats a plantacions afectades, a proposta de Junts

read more..

WIEN – Am Samstag, den 10. Jänner 2026, fand im Wiener Rathaus der traditionelle Tirolerball statt. Jedes Jahr wählt der Tirolerbund in Wien Traditionsvereine aus einer Region aus, die für die kulturelle Umrahmung dieses gesellschaftlichen Höhepunkts verantwortlich zeichnen. In diesem Jahr übernahmen die Vinschger Schützen diese anspruchsvolle Aufgabe.

read more..

El grup parlamentari registra una bateria de preguntes parlamentàries adreçades als departaments d’Interior i d’Educació arran de la denúncia del sindicat CGT sobre la infiltració de dos agents en una assemblea de professors a Barcelona

read more..

De federale regering zet vanaf maandag opnieuw militairen in op straat in Brussel en Antwerpen. Wat begint met 90 militairen, zou oplopen tot een inzet waarvoor in totaal 600 militairen nodig zijn om de gevraagde steun aan de politie te verzekeren.“600 militairen is enorm veel. Dat heeft onvermijdelijk een impact op operaties, opleidingen en trainingen”, stelt Kamerlid Annick Ponthier(Vlaams Belang). Onze militairen moeten zich kunnen richten op hun kerntaak, namelijk de externe veiligheid van dit land verzekeren, niet voor een vals veiligheidsgevoel op straat zorgen.”

read more..

SSW begrüßt Genehmigung des Flensburger Haushaltes und freut sich, dass die geplanten Investitionen für 2026 fast im gesamten Umfang getätigt werden können

read more..

Plus d’un siècle et demi plus tard, il est surprenant et préoccupant de constater que des arguments analogues réapparaissent aujourd’hui à l’égard de Nicol Delago. Attaquer une personne pour l’usage de sa langue maternelle constitue non seulement un malentendu profond de l’histoire et des institutions de la République, mais aussi une sous-estimation de la valeur constitutionnelle des minorités linguistiques.

read more..

Vážení přátelé, doufám, že jste prožili pěkné vánoční svátky a jménem Rady MZH bych Vám rád popřál vše dobré v roce 2026. Přeju tímto také hodně síly našemu hnutí. Dovolte mi pár osobních postřehů, protože jsem měl možnost přivítat rok 2026 na důležitých místech naší Moravské země.

read more..

Desde Chunta Aragonesista queremos expresar nuestro pesar por el fallecimiento de Victoria Nicolás, Mariví Nicolás, escritora en cheso y figura querida de la cultura aragonesa y el aragonesismo. Trasladamos nuestro cariño y nuestras condolencias a su familia y amistades, a las personas vinculadas a la Val d’Echo y a quienes continúan trabajando por la lengua aragonesa.

read more..

ANDALUCISTAS – PUEBLO ANDALUZ SITÚA A ALFREDO FERNÁNDEZ AL FRENTE DE SU CANDIDATURA POR CÁDIZ
El concejal de Puerto Real encabezará una lista que reivindica empleo, vivienda, sanidad y una provincia mejor conectada y más defendida desde Andalucía

read more..
Calendar
«September 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930