Pontón reivindica o orgullo da cidadanía polo galego e urxe un cambio de rumbo para garantir o dereito a aprendelo e a usalo
Bloque Nacionalista Galego 18-05-2026, 19:15 politics, language
![]()
A portavoz nacional do BNG celebrou, no día das Letras, o orgullo que senten os galegos e galegas pola “lingua que nos fai estar no mundo cunha voz que nos conecta coa lusofonía”, á vez que reivindicou un cambio de rumbo ante un momento crítico no que o Partido Popular está empeñado en converter o galego nunha lingua de segunda.
“Non chegamos aquí por casualidade, chegamos aquí despois de 17 anos de acoso e derruba do PP contra a lingua que máis no s une que é o galego”, considerou na súa declaración aos medios antes de participar na manifestación convocada en Santiago por Queremos Galego baixo o lema “O galego, lingua vital”.

A líder do BNG afeou que o traballo do PP contra o galego “queren enmascaralo” baixo ese “letreiro do plurilingüísmo”, que cualificou de “timo”, porque non hai “nin máis galego, nin máis inglés”, o único que avanza é “o monolingüísmo en castelán”, lamentou.
A proba máis recente desta deriva lingüicida do PP situouna na primeira decisión do novo goberno en Lugo trala “indigna” moción de censura ao “cargarse as políticas de apoio á lingua galega dicindo que son unha carga”. “O galego non é unha carga, é a lingua dos nosos pais, avós avoas, que nos une a todas as persoas que vivimos no noso País e que queremos seguir vivindo en galego e dándolle mil primaveras máis á nosa lingua”, contrapuxo.

Criticou neste sentido a folla de ruta do Goberno de Rueda contra o galego, na que mantén o “decreto da vergoña” que converte o galego nunha “lingua residual” no ensino e que está provocando que “os nosos fillos e fillas entren pola porta falando galego e saen falando castelán”
A líder do BNG acusou o PP na Xunta de “dinamitar todos os consensos” que tiñan as forzas políticas arredor do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Parlamento en 2004. “Todo isto empeza cunha manifestación indigna onde o señor Rueda se pon detrás da pancarta contra o galego”, lembrou. Despois, PP votaría en contra da nosa lingua no Parlamento e no Congreso, e, finalmente, chegou a campaña do PP e da extrema dereita en contra da nosa fala no Parlamento Europeo.

Cambio de rumbo
Ana Pontón reclamoulle ao PP un cambio de rumbo porque, aínda que a situación do galego hoxe é crítica, “podemos darlle a volta, e iso é o que está reclamando hoxe a cidadanía galega: vontade política para derrogar ese decreto da vergoña”, subliñou. Por iso reclama se apliquen as políticas do Plan Xeral de Normalización Lingüística que xa estaba consensuado e que son válidas. “O único que necesitan é un calendario e recursos para poder aprobarse”, apuntou.
Tamén urxe actualizar a Lei de Normalización Lingüística, despois de 40 anos de vixencia porque “evidentemente, a sociedade galega de hoxe non é a de cando se aprobou”.
Pero sobre todo, Ana Pontón pediulle ao PP que “deixe de atacar a lingua galega e que que se poña do lado do sentir maioritario da nosa sociedade". “Estou convencida que a inmensa maioría dos galegos e das galegas, falen o que falen, queren que o galego siga sendo unha lingua con futuro, que a coñezan os seus fillos e que sexa unha lingua viva”.
Ana Pontón quixo lembrar no día das Letras a Begoña Caamaño dicindo que “se algo fixo durante toda a súa vida foi precisamente defender o galego e dicir que en galego estamos no mundo e que que o galego non ten límites”.
“Nós imos seguir reivindicando ese orgullo xunto coa cidadanía e o que lle pedimos ao PP e ao señor Rueda é un cambio de rumbo, que deixen de estar detrás da pancarta en contra do galego e que se poña a traballar a favor como sente a inmensa maioría da sociedade galega”, concluíu.
Het aantal meldingen van agressie tegen hulpverleners bij de Centra Algemeen Welzijnswerk(CAW) is op twee jaar tijd geëxplodeerd. Dat blijkt uit het antwoord van minister Caroline Gennez (Vooruit) op een vraag van Vlaams Parlementslid Mercina Claesen(Vlaams Belang).“Volgens de cijfers zijn er meer dan 6 agressie-incidenten per dag bij de CAW’s, een verviervoudiging op drie jaar tijd. Dit zijn geen incidenten meer, dit is een structureel probleem. Wie vandaag hulp verleent, wordt zelf onveilig”, reageert Claesen.
read more..Dans les démocraties européennes, le droit de vote des femmes paraît aujourd’hui évident. Pourtant, en Italie comme ailleurs, il est le fruit d’un long parcours, marqué par des résistances profondes et des conquêtes progressives.
read more..Vertrouwenspersonen krijgen centrale rol in actieplan Grensoverschrijdend Gedrag voor de mediasector
Grensoverschrijdend gedrag blijft een probleem in de Vlaamse mediasector. Daarom komt er een nieuw actieplan voor 2026-2027. Daarin krijgen vertrouwenspersonen een centrale rol. “Een actieplan mag niet alleen op papier bestaan, maar moet ook echt werken op de werkvloer”, zegt Vlaams minister van Media Cieltje Van Achter.
read more..Montse Prado: “Ven a Atención Primaria como cousa de andar por casa, atendendo doentes como se colocasen ladrillos ou apertasen tornillos”
Denuncia que, cun recorte de 1.700 millóns de euros, o PP situou Galiza á cola de investimento en Atención Primaria, sendo só superada por Madrid
Reclama explicacións sobre o plan de saúde invernal da Consellería durante o pico invernal despois do colapso das urxencias ao longo do País
read more..LA COALICIÓN ANDALUCISTAS PRESENTA EN COÍN SU CANDIDATURA POR MÁLAGA Y REIVINDICA EL MUNICIPALISMO EN EL DÍA DE LA AMISTAD ANDALUCISTA
Carmen Vigo encabeza la lista autonómica mientras Cristina Rodríguez es proclamada candidata a la Alcaldía de Coín para 2027
read more..De N-VA reageert onthutst op het gelekte onderzoek van het RIZIV naar langdurig arbeidsongeschikten. Inspecteurs stelden in de steekproef vast dat ziekenfondsen te gul waren met uitkeringen: meer dan de helft van de onderzochte langdurig zieken bleek in werkelijkheid wél te kunnen werken.
read more..El diputat Francesc-Marc Álvaro denuncia que l’abstenció del PSOE és una oportunitat perduda per avançar en veritat, justícia i reparació i retreu la seva manca de compromís al no “mullar-se” davant una qüestió de drets humans
read more..La presentació al Camp de Tarragona de la campanya Municipis per la Llengua, impulsada per l’Associació de Municipis per la Independència (AMI) va servir per fer una crida a activar el món local en defensa del català. L’acte, que es va celebrar ahir dimecres a l’espai de Ca Xapa, a Valls (Alt Camp), va reunir una seixantena de persones entre alcaldesses i alcaldes del terriotir, el president del Consell Comarcal de l’Alt Camp i representants de la societat civil i entitats sobiranistes.
read more..Vlaams Parlementslid Frédéric Erens(Vlaams Belang) heeft donderdag in de Commissie Mobiliteit en Openbare Werken van het Vlaams Parlement bezwaar aangetekend tegen het ontwerp van decreet dat een CO₂-heffing invoert voor vrachtwagens."Dit gaat niet om het klimaat, dit is een ordinaire belastingverhoging die onze transportsector kapotmaakt en de Vlaamse consument recht in de portemonnee raakt", aldus Erens.
read more..