BNG acusa o PP de non facer “absolutamente nada” para garantir o acceso á saúde da veciñanza de Cervantes
Bloque Nacionalista Galego 13-03-2026, 07:07 social, protest
Olalla Rodil asegura que a accesibilidade e a sanidade pública brilla pola súa ausencia cando a xente se ten que desprazar para ser atendida
O PP votou en contra de cubrir permanentemente as dúas prazas do centro de saúde de San Román e a restitución da atención sanitaria en Doiras
![]()
A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, criticou a inacción do PP á hora de garantir o acceso á saúde da veciñanza de Cervantes ao votar en contra da cobertura permanente das dúas prazas de persoal facultativo no centro de saúde de San Román de Cervantes así como da restitución da atención sanitaria no consultorio de Doiras.
Dirixíndose á deputada do PP no Parlamento galego e concelleira en Cervantes, María Encarnación Amigo, recriminoulle que “sabe perfectamente” da situación que está a sufrir a veciñanza e que “non fixeron absolutamente nada, máis que enganar á xente asegurando que non mes de outubro se restituiría todo”. “Non manipule a realidade”, emprazou.
A deputada de Lugo reclamoulle ao PP, por “honestidade e respecto” á veciñanza, que “non lles siga mentindo” con promesas como as de que ía volver reabrir o consultorio de Doiras ou que os e as doentes ían ser atendidos con todas as garantías e que se despregaría no concello o programa de enfermería a domicilio do Sergas “Ariadna”. “Preguntei aínda hoxe e diso non hai nada”, afeou.
Tras rexeitar o BNG a emenda do PP que engadía que se cubrirían as prazas “cando haxa médicos”, a proposta nacionalista foi tombada polos votos en contra das bancadas populares.
Na súa intervención na Comisión 5ª, a deputada nacionalista explicou que en ano e medio, o concello de Cervantes pasou de ter dous médicos e unha enfermeira no centro de saúde de San Román e un médico e unha enfermeira en Doiras a atender toda a poboación, cun único médico e unha enfermeira para todo o concello .
No caso de Doiras, recordou que se pechou o consultorio no verán de 2024 e que cando o reabriron, xa só prestaba atención dous días á semana. “Non se cubriu a praza que quedou vacante, só se desprazaba un dos médicos de San Román a Doiras de xoves a venres”, precisou.
No que respecta ao centro de Saúde de San Román, a deputada explicou que un dos médicos cambiou de destino no concurso de traslados e que, como só queda un en todo o concello de Cervantes, Doiras está pechado e toda a poboación recibe atención no centro de saúde de San Román, cunha única médica e unha enfermeira.
A deputada lembrou que en total estamos a falar de 945 pacientes, con 238 cartillas en Doiras e con 378 e 329 dos dous médicos de San Román. Rodil argumentou neste punto que a sanidade perde a súa condición de calidade, accesibilidade e proximidade cando as persoas adscritas a Doiras se ven obrigadas a percorrer máis de 20 quilómetros para ver un médico e que ademais carecen de transporte e dependen do seu propio vehículo ou de que o leve algún veciño ou pagar un taxi.
“Cervantes non é Lugo nin Santiago”, comparou, lembrando que se trata dun concello de alta montaña cunha superficie de 277,63 km² e cunha poboación que de media ten 60 anos. “A proximidade e a accesibilidade brilla pola súa ausencia”, criticou.
Con motivo de la celebración del 23 de abril, Día Nacional de Aragón, la Fundación Aragonesista Chesús Bernal vinculada a Chunta Aragonesista, hace pública la concesión del galardón en esta ya su vigésima edición, a Jorge Usón, merecido por su gran trabajo como artista polifacético, por su brillante trayectoria profesional y personal, y su vinculación con Aragón en Madrid.
read more..Op gjin inkeld oar plak yn Nederlân is it provinsjale oandiel oan ynvestearrings yn de kulturele sektor grutter.
read more..El PSC tomba la proposta per reclamar a l’Estat l’informe tècnic sobre el trasllat dels murals de Sixena, com demanava Junts
read more..Vitan er lykilin til framtíðina, lykilin til at fara frámøguleikum til ítøkilig úrslit.
Og í Føroyum hava vit óendaliga stórar møguleikar, men taðkrevur eitt tilvitað val um miðvísar íløgur í hægri útbúgving, gransking,menning og nýskapan.
read more..Junts registra al Congrés una iniciativa perquè Madrid deixi de passar la factura social a Catalunya
La iniciativa vol garantir que la protecció de les famílies vulnerables no recaigui sobre particulars
El Grup Parlamentari de Junts per Catalunya al Congrés dels Diputats ha registrat una Proposició no de Llei (PNL) amb l’objectiu de reforçar l’escut social a Catalunya des d’un principi clar: quan l’Estat espanyol exerceix les seves competències exclusives, ha d’assumir íntegrament el cost real de les decisions que adopta.
read more..De FNP-fraksje makket him soargen oer nije regeljouwing foar greidefûgeldrones yn it CTR-gebiet fan fleanbasis Ljouwert. De BFVW (Bond Friese VogelWachten) set mei súkses drones yn om nêsten en piken fan greidefûgels op te spoaren en te beskermjen. De gearwurking mei fleanbasis Ljouwert is al jierren posityf, en Provinsjale Steaten sprutsen har stipe út mei in moasje op 17 desimber 2025 oer de ynset fan drones yn it greidefûgelwurk.
read more..Les Balears podran decidir sobre el sostre de vols, els plans directors i la capacitat de càrrega dels aeroports de l’Arxipèlag
read more..„Als SSW sehen wir verbindliche Eignungsprüfungen skeptisch. Wir plädieren stattdessen für eine Stärkung aller Schulabschlüsse sowie für ein längeres gemeinsames Lernen nach dem Vorbild der dänischen Folkeskole, um den frühen Selektionsdruck von Kindern und Eltern zu nehmen.“
Jette Waldinger-Thiering zu TOP 24 - Für eine Eignungsprüfung bei fehlender Gymnasialempfehlung (Drs. 20/4105)
Ex-premiers Alexander De Croo(Anders) en Sophie Wilmès(MR) worden wellicht nog dit jaar benoemd tot minister van staat.“Dat is een zogenaamd prestigieuze eretitel voor wie zich - al even zogenaamd -‘bijzonder verdienstelijk’ heeft gemaakt”, zegt fractievoorzitter in de Kamer Barbara Pas(Vlaams Belang).“In dit geval bestaat die verdienste erin dit land verder naar de verdoemenis geholpen te hebben.”
read more..