BNG exixe ao Goberno actuar ante a situación das vivendas da SAREB en Ares e garantir a protección das familias

Bloque Nacionalista Galego 3-04-2026, 11:02

Néstor Rego denuncia a pasividade da SAREB e reclama garantir a protección das familias residentes nos bloques 11 e 12 da Avenida Federico García Expósito

O deputado do BNG demanda realizar unha avaliación individualizada e adoptar medidas urxentes para garantir o dereito a unha vivenda digna

Néstor Rego

O deputado do BNG, Néstor Rego, denuncia a grave situación que se está a vivir nas vivendas, propiedade da SAREB, sitas nos bloques 11 e 12 da Avenida Federico García Expósito no Concello de Ares onde residen arredor de 34 familias. A organización nacionalista reclama ao Goberno actuar para garantir condicións dignas de habitabilidade e a protección das persoas residentes.

A organización nacionalista denuncia que o bloque número 12 presenta importantes deficiencias, con filtracións de auga que afectan mesmo aos garaxes e outros problemas estruturais que non aseguran unhas condicións mínimas de habitabilidade, o que evidencia unha clara pasividade por parte da SAREB como propietaria.

Ademais, a organización nacionalista alerta dunha situación “extremadamente grave” derivada dunha presunta estafa nos alugueiros, xa denunciada ante a Fiscalía, onde a empresa interposta xestionaría os contratos aproveitando o limbo xurídico dos inmóbeis embargados. Segundo se recolle nos contratos, o prezo do alugueiro incluía as subministracións, mais estas non estarían sendo asumidas polas empresas intermediarias. A isto súmase unha situación “absolutamente irregular” no subministro eléctrico, xa que os edificios continúan con luz de obra e sen contadores individualizados.

O deputado do BNG no Congreso critica a falta de colaboración da SAREB coa Fiscalía, por non responder á denuncia presentada, o que contribuíu ao arquivo do caso e deixa nunha situación de indefensión ás persoas afectadas.

“Estamos ante un caso claro de abandono de responsabilidades por parte da SAREB, unha entidade maioritariamente pública que ten a obriga de garantir o bo estado dos seus inmóbeis e de evitar abusos contra as persoas inquilinas” denuncia Néstor Rego.

Neste contexto, o deputado nacionalista reclama ao Goberno esclarecer de inmediato a situación administrativa dos bloques e confirmar se a SAREB ten coñecemento das graves deficiencias e irregularidades existentes, así como das prácticas denunciadas no alugueiro das vivendas.

Así mesmo, Néstor Rego exixe explicacións polo feito de que a SAREB non atendese os requirimentos da Fiscalía e demanda que se depuren responsabilidades por esta inacción.

Ante a información recente sobre o inicio dun proceso de dación en pagamento dos inmóbeis, a organización nacionalista reclama total transparencia e información para as persoas inquilinas, así como garantías de que non se verán expulsadas das súas vivendas.

“O Goberno debe garantir que estas familias poidan continuar vivindo nestes pisos en condicións dignas e con alugueiros accesíbeis, e que non queden nunha situación de desamparo” reivindica Rego.

Por último, a organización nacionalista demanda que a SAREB realice unha avaliación individualizada da situación de cada unidade familiar e adopte medidas urxentes para protexer especialmente ás persoas en situación de vulnerabilidade, garantindo o seu dereito a unha vivenda digna.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-exixe-ao-goberno-actuar-situacion-das-vivendas-da-sareb-ares-garantir-proteccion-das-familias/20260402122821042553.html

Related News

ANDALUCÍA POR SÍ ARREMETE CONTRA LOS NUEVOS RETRASOS DE LA SE-40: “UN ENGAÑO INTOLERABLE PARA ANDALUCÍA”

La formación andalucista denuncia que, tras anunciarse la finalización de la SE-40 en 2030, el Gobierno central retrasa una vez más las obras y desprecia las necesidades de Sevilla y su área metropolitana

read more..

El CIEMEN valora positivament la creació de l’Oficina de Protecció de Drets Lingüístics com una eina necessària per donar resposta a les situacions de discriminació lingüística que pateixen els catalanoparlants. L’entitat ho ha expressat durant la reunió de seguiment del Pacte Nacional per la Llengua, coincidint amb el primer aniversari de la seva aprovació.

read more..

Vlaanderen kende vorig jaar het beste werkzaamheidscijfer ooit. Uit nieuwe cijfers van Statbel blijkt dat 77,3 procent van de 20- tot 64-jarigen in 2025 aan de slag was. Een historisch cijfer. “Deze cijfers tonen dat een aanklampend activeringsbeleid werkt”, zegt Vlaams minister van Werk Zuhal Demir. 

read more..

Liewe Frìnd, chères Alsaciennes, chers Alsaciens,

Quel immense plaisir de vous avoir retrouvés si nombreux à Sélestat pour notre Université d’hiver ! Avec plus de 130 inscrits, nous avons finalement accueilli plus de 150 personnes dans une salle comble, réunis autour d’une question vitale : le fédéralisme face à une France à bout de souffle.

read more..

Néstor Rego defende o sector pesqueiro e as persoas consumidoras e urxe máis inspeccións, mellor trazabilidade e medias contra esta práctica fraudulenta

Denuncia que a fraude provoca perdas millonarias ás familias, favorece a competencia desleal e prexudica gravemente o sector pesqueiro galego

read more..

Arbeit, Schöpfung, Handeln oder warum wir aufgehört haben, frei zu sein

Wir arbeiten mehr als je zuvor — und werden dabei immer unfreier. Nicht weil wir zu schwach sind. Sondern weil ein System uns erschöpft hält, das genau das braucht: Bürger ohne Zeit, ohne Energie, ohne Willen zum Widerstand. Hannah Arendt hat diesen Mechanismus vor siebzig Jahren beschrieben. Heute erleben wir ihn. Die Frage ist: Wann fangen wir an zu handeln?

read more..

Olalla Rodil asegura que a accesibilidade e a sanidade pública brilla pola súa ausencia cando a xente se ten que desprazar para ser atendida

O PP votou en contra de cubrir permanentemente as dúas prazas do centro de saúde de San Román e a restitución da atención sanitaria en Doiras

read more..

Liz Saville Roberts urges voters to reject Reform UK’s ‘Trumpian politics’ and back Plaid Cymru in May election

Plaid Cymru Westminster Leader Liz Saville Roberts MP has today (Wednesday 8 April) warned that the Iran war underlines why Reform UK cannot be trusted with power in Wales.

read more..

Der Computer namens Deutschland läuft seit Jahrzehnten auf demselben Kernel.

Die Verfassung: solide geschrieben, 1949. Für eine Welt ohne Internet, ohne Klimadebatte, ohne Masseneinwanderung, ohne globale Lieferketten. Was damals State of the Art war, ist heute Legacy-Code. Niemand versteht mehr alles. Niemand will es anfassen. Wer es anfassen will, scheitert an tausend Sonderfällen, die über die Jahrzehnte hineingepatcht wurden.

Gesetze sind Programmcode. Und dieser Code ist aufgebläht, widersprüchlich, voller veralteter Routinen, die eigentlich längst ersetzt gehörten. Aber niemand traut sich. Zu komplex. Zu viele Abhängigkeiten.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031