BNG reclama reforzar os controis contra a fraude na etiquetaxe dos produtos do mar

Bloque Nacionalista Galego 3-06-2026, 13:03

Néstor Rego defende o sector pesqueiro e as persoas consumidoras e urxe máis inspeccións, mellor trazabilidade e medias contra esta práctica fraudulenta

Denuncia que a fraude provoca perdas millonarias ás familias, favorece a competencia desleal e prexudica gravemente o sector pesqueiro galego

Néstor Rego

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, demanda ao Goberno do Estado medidas urxentes contra a fraude na etiquetaxe dos produtos do mar, após a publicación dun estudo da Universidade de Cantabria que estima o seu impacto económico en máis de 683 millóns de euros.

Segundo alerta o deputado nacionalista, esta práctica “prexudica as persoas consumidoras, favorece a competencia desleal e dana o sector pesqueiro galego, que cumpre rigorosamente coa normativa”.

A formación nacionalista, ante o recente estudo publicado, demanda un reforzo das inspeccións e dos controis ao longo de toda a cadea de comercialización, especialmente nos produtos importados e procesados, así como melloras nos sistemas de trazabilidade e na información que reciben os consumidores.

“Non é admisíbel que se sigan producindo substitucións de especies e etiquetaxes incorrectas que enganan quen compra e prexudican quen fai as cousas ben. Non é normal que haxa especies que acumulen unha porcentaxe errónea na etiquetaxe que chega a taxas de até 30 ou 20%. O Goberno debe actuar para garantir que o produto que figura na etiqueta é realmente o que chega ao prato” sinala Rego.

O BNG reclama tamén unha aposta decidida polo consumo de produtos pesqueiros de proximidade e unha revisión da normativa para endurecer os controis frente ás prácticas fraudulentas, adoptando medidas para mellorar a información os consumidores e a veracidade na etiquetaxe de forma que se garanta que o que mercan se corresponde co pagado.

“Defender os produtos das nosas lonxas é defender a calidade, a transparencia e o futuro dun sector estratéxico para a Galiza” conclúe o deputado nacionalista, sinalando que, se non se actuar ante esta fraude, o sector pesqueiro galego seguirá véndose afectado.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-reclama-reforzar-controis-fraude-etiquetaxe-dos-produtos-do-mar/20260602103959042917.html

Related News

O gael ei thrin fel rhyw odrwydd rhanbarthol, mae San Steffan nawr yn trin Plaid Cymru fel 'bygythiad', medd Liz Saville Roberts AS

read more..

Avanza que o Bloque seguirá contando con quen é unha das mellores cabezas políticas, non só da organización nacionalista, senón de Galiza

Lembra que no BNG non se elixen candidatxs dixitalmente desde ningún despacho e que será a militancia da Coruña a que decida quen encabezará a candidatura nas municipais

read more..

Het Europees Parlement heeft ingestemd met strengere Europese regels voor de terugkeer van illegale migranten. Met 389 stemmen voor, 206 tegen en 32 onthoudingen wordt het terugkeerbeleid duidelijk verstrengd.“Devon der Leyen-coalitie leverde niet wat de kiezer vraagt. Met onze druk kan het beleid wél strenger worden,” reageert Tom Vandendriessche, fractieleider van het Vlaams Belang in het Europees Parlement.

read more..

El candidato número uno de Chunta Aragonesista (CHA) a las Cortes de Aragón por la circunscripción electoral de Teruel, Javier Carbó, ha defendido la necesidad de aplicar de manera íntegra las ayudas al funcionamiento que la Unión Europea permite activar hasta un 20 % en zonas despobladas como las comarcas turolenses, una medida que “no se está aprovechando pese a contar con el aval de la UE”.

read more..

LOS ANDALUCISTAS Y LOS VECINOS LOGRAN FRENAR LA PLANTA DE BIOMETANO EN ANDÚJAR TRAS MESES DE PRESIÓN SOCIAL Y POLÍTICA

Andalucía Por Sí – Andalucistas presenta una guía para que los ayuntamientos puedan defenderse de las macroplantas de biogás y biometano

read more..

De maatregel van minister van Maatschappelijke Integratie Anneleen Van Bossuyt die het opstapelen van leeflonen binnen gezinnen aan banden legt, gaat vandaag in. “Tot nu konden samenwonende volwassenen binnen een gezin hun leeflonen onbeperkt combineren. In sommige gevallen liep dit op tot meer dan 4.000 euro. We willen komaf maken met die excessen”, zegt Van Bossuyt.

read more..

Aposta nunha reunión coa ministra Márcia Lopes por aumentar a colaboración económica e cultural e as relacións empresariais e comerciais  

read more..

Sébastien Lecornu veut un nouvel acte de décentralisation. A l'exception de quelques uns, les présidents de Région n'osent même pas prononcer le mot "fédéralisme". C'est à se demander si la France sait décentraliser.

read more..

Terwijl de federale regering-De Wever begrotingsmaatregelen en-controles blijft vooruitschuiven, dient het Vlaams Belang in het parlement maar liefst 14 miljard euro aan amendementen in op de begroting 2026.Echte saneringen zijn wél mogelijk– als men tenminste de politieke moed heeft om taboes te doorbreken”, stelt Kamerlid en begrotingsexpert Wouter Vermeersch

read more..
Calendar
«September 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930