Ana Pontón viaxa a Bruxelas para abordar o acordo Mercosur co comisario europeo de Agricultura e a súa repercusión en Galiza
Bloque Nacionalista Galego 3-03-2026, 10:28 anti-globalization, protest, international
![]()
A portavoz nacional, Ana Pontón, desprázase a Bruxelas onde manterá unha reunión co comisario de Agricultura, o luxemburgués Christophe Hansen, nunha xuntaza na que tamén participará a eurodeputada Ana Miranda, para abordar as nefastas repercusións que o tratato de libre comercio con Mercosur tería para ao sector agrogandeiro galego.
No encontro que terá lugar na sede da Comisión Europea o vindeiro tres de marzo, Pontón trasladará a Hansen a posición do BNG en contra dun acordo que supón deixar ós produtores e ás produtoras galegas, especialmente as de carne, nunha situación de indefensión, “obrigándolles a competir en desigualdade de condicións”.
“A produción nos Países do Mercosur faise con estándares ambientais, sanitarios e de benestar animal menos estritos que os que se aplican aos nosos produtores e iso supón vantaxes á hora de competir, porque teñen menos costes o que lles permite abaratar prezos. E nunha Galiza na que predominan explotacións de tamaño medio, unha caída do prezo pode supoñer a diferencia entre viabilidade ou peche”, advirte a líder do BNG.
De aí a posición mantida polo BNG que, a diferencia das forzas estatais PP-PSOE-, votou en contra do acordo na Eurocámara.
“Desde o BNG compartimos as críticas e as preocupacións do sector agrogandeiro ante este acordo e por iso estamos en contra da súa aplicación e somos coherentes tanto no parlamento galego, como no Congreso, como en Bruxelas, porque queremos un rural vivo e produtivo e para iso non se poden poñer en marcha acordos que amezan a supervivencia de miles de explotacións. Por iso, demandamos ao goberno da Xunta e ao do Estado que rectifiquen e se poñan do lado dun sector estratéxico para Galiza ”, recalcou Pontón.
A líder do Bloque contrapuxo a actitude de brazos cruzados do Executivo de Rueda coa posición clara e inequívoca do BNG, cun papel relevante da seurodeputada Ana Miranda, na decisión do Parlamento Europeo de remitir o tratado ao Tribunal de Xustiza Europeo (TXUE), xa que abre unha oportunidade de negociación e de presión para desbotar definitivamente un acordo que cualificou de “nefasto” para o sector galego.
O acordo Mercosur suporá a entrada libre de aranceis de 99.000 toneladas de carne de vacún e 180.000 toneladas de carnes de aves procedentes do Mercosur, cando Galiza produce anualmente 95.600 toneladas de carne de vacún -das que 23.000 están amparadas pola indicación xeográfica Tenreira Galega- e 215.000 toneladas de carne de aves.
Ademais da cita co comisario de Agricultura, Pontón manterá unha reunión co Grupo Alianza Libre Europa (ALE), do que forma parte o BNG na Eurocámara.
Wenn wir systematisch Informationen über Lernstände, Unterricht, Prozesse und schulische Rahmenbedingungen sammeln und auswerten wollen, dann müssen die Daten dafür auch systematisch und standardisiert in der Fläche erhoben werden.
read more..Kamerlid Francesca Van Belleghem(Vlaams Belang) heeft aangetoond dat minister van Migratie Anneleen Van Bossuyt(N-VA) haar kabinet op de hoogte had gebracht van de nakende uitbetaling van dwangsommen aan asielzoekers, terwijl ze diezelfde dag in de Kamer deed alsof er niets aan de hand was.“We agenderen de kwestie volgende week opnieuw in het parlement”, aldus Van Belleghem.“Van Bossuyt zal moeten uitleggen waarom ze die cruciale informatie voor zich heeft gehouden.”
read more..El grup parlamentari de Junts registrarà una proposició de llei per lectura única per modificar el Decret llei 5/2026 que va aprovar ahir dijous el Parlament, de mesures urgents en matèria de transport públic interurbà de viatgers per carretera, amb l’objectiu d’assegurar el coneixement del català entre el personal del servei. La iniciativa plantejarà modificar la normativa per incorporar explícitament que el personal del servei tingui com a requisit necessari els mínims coneixements de català, fixats en un nivell B1, en el marc de la renovació de la flota i l’increment de l’oferta de serveis.
read more..A documentary backed by organisations from all three countries, exploring more than half a century of national and cultural resistance.
read more..Taal is meer dan woorden - het is een stukje van wie we zijn.
De jaarlijkse poëzieweek herinnert ons eraan hoe het Nederlands ons verbindt, ontroert en verbeelding wekt.
Junts s’erigeix en alternativa a un govern bloquejat que ha portat Catalunya al col·lapse
La presidenta del grup parlamentari de Junts, Mònica Sales, ha recordat al president de la Generalitat, Salvador Illa, que “el seu govern ha fracassat”. “Vostè ha portat Catalunya al col·lapse en molts àmbits”, ha afegit. Per això, “pel bé del país, només li queda un camí. Rectificar”, ha advertit durant la compareixença del cap de l’Executiu al Parlament, a petició de Junts, i no per voluntat pròpia.
read more..Nach der rechtlichen Klärung durch die Kommunalaufsicht setzen sich die Fraktionen von SSW, SPD und dem Linken Bündnis gemeinsam für eine zeitnahe Neuwahl des Seniorenbeirats ein.
read more..La terza e ultima tappa del ciclo di incontri dedicati a uno dei temi più urgenti e controversi del nostro tempo, il turismo e il suo impatto sui territori, arriva a Trieste. L’appuntamento pubblico è per domani, mercoledì 22 aprile, alle ore 18, alla libreria Lovat di Viale XX Settembre 11, con la presentazione del libro Il turismo che non paga della giornalista Cristina Nadotti, pubblicato da Edizioni Ambiente e in collaborazione con il Circolo Verdeazzurro Legambiente Trieste.
read more..L’Assemblea Nacional Catalana (ANC) ha participat en la Supplementary Human Dimension Meeting I 2026 de l’Organització per la Cooperació i Seguretat a Europa: Lawmaking for Democratic Resilience, on ha intervingut en dues sessions per exposar les seves preocupacions per la reducció de l’espai cívic, la criminalització de la dissidència política i la manca de mecanismes efectius de control judicial a l’Estat espanyol en relació amb el moviment independentista català.
read more..