BNG denuncia a falta de compromiso do PP co cadro de persoal de Nestlé: “Boas palabras pero cero compromiso”

Bloque Nacionalista Galego 21-05-2026, 11:15 social, protest

Ana Pontón, Luís Bará e Maite Tocino con traballadores de Nestlé

O deputado por Pontevedra Luís Bará reclamou ao conselleiro de Traballo, José González, un compromiso real da Xunta na defensa dos postos de traballo da fábrica de Nestlé de Pontecesures, onde a multinacional vén de anunciar un despedimento colectivo que afecta a 27 traballadores e traballadoras, o 14 % do cadro de persoal.

“O que a Xunta fixo até o de agora foi practicamente nada”, censurou Bará durante unha pregunta ao conselleiro que seguiron desde a tribuna de convidados do hemiciclo representantes do comité de empresa, acompañados pola alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino, e membros do BNG na comarca. “Até o de agora, boas palabras pero cero compromiso”, recriminou o deputado nacionalista ao conselleiro.

Bará reclamou “feitos” o Goberno de Rueda para salvar o emprego na Nestlé e, como primeiro paso, emprazou o titular de Traballo a reunirse coas persoas traballadoras que precisan o apoio da Administración galega para frear un expediente de regulación de emprego que é, subliñou, “absolutamente desproporcionado e inxustificado”. Só en España e só o ano pasado, a multinacional, que alega “razóns organizativas” para os despedimentos, tivo uns beneficios de case “tres mil millóns” de euros, precisou.

“É absolutamente indecente que mentres a multinacional obtén estes beneficios millonarios os traballadores e traballadoras estean vivindo unha situación de angustia, porque de un día para outro poden verse na rúa sen traballo e cunha idade que lles vai dificultar poder buscar outro posto laboral”, asegurou o tamén viceportavoz segundo do BNG no Parlamento.

Bará amosou o total apoio do BNG ás reivindicacións do cadro de persoal de Nestlé e ás súas mobilizacións, incluído o paro indefinido previsto a partir do día 1 de xuño. “Tamén vostedes ̣—díxolle ao conselleiro— deberían respectar e apoiar estas accións, que son as ferramentas que ten a clase traballadora para defender os seus intereses e facer presión diante da multinacional”.

Xa na quenda da réplica, o deputado nacionalista recriminoulle ao conselleiro que o “marco legal regrado” no que se parapetou durante a súa resposta é precisamente a reforma laboral aprobada polo PP en 2012, una reforma que, salientou, “fai que a empresa teña todo o poder e que os traballadores estean absolutamente vendidos ou que a autoridade laboral non poida paralizar un ERE que non está xustificado por razóns económicas e que as indemnizacións aos traballadores sexa de 20 días por ano traballado cun máximo de doce mensualidades”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-falta-compromiso-do-pp-co-cadro-persoal-nestle-boas-palabras-cero-compromiso/20260520184153042836.html

Related News

Dans les démocraties européennes, le droit de vote des femmes paraît aujourd’hui évident. Pourtant, en Italie comme ailleurs, il est le fruit d’un long parcours, marqué par des résistances profondes et des conquêtes progressives.

read more..

El portaveu del grup parlamentari, Salvador Vergés, ha presentat avui en roda de premsa les conclusions d’un informe jurídic de Junts que certifica la viabilitat de la rescissió del contracte de gestió del servei de RENFE per part de Generalitat de Catalunya. Per això, Vergés ha advertit que si l’operadora continua a Catalunya és perquè, políticament, el PSC ho vol.

read more..

Insua esixe un novo plan de emerxencias e máis fondos para facer unha restauración ambiental completa e segura, eliminando calquera risco

Critica a “neglixencia, pasotismo e deixadez” da Consellería de Industria, que non actuou durante anos malia saber do risco que había nas balsas

read more..

Comme chaque année depuis 1953, Saint-Vincent a accueilli la remise des Prix de fidélité à la montagne. Nul ne peut nier la noblesse de cette intention : rendre hommage à celles et ceux qui, dans nos vallées et sur nos pentes, mènent une vie rude, honnête et courageuse. Il y a là un geste de reconnaissance sincère envers nos montagnards.

read more..

More and more influential people are speaking out about the state of our water companies — from pollution to leaks to dividends and sky‑high bills. It’s no surprise, given how badly these services have been managed. 

read more..

ANDALUCISTAS SUSPENDE SUS ACTOS FÍSICOS DE CAMPAÑA EN SEÑAL DE LUTO POR LOS GUARDIAS CIVILES FALLECIDOS EN HUELVA
La coalición andalucista traslada sus condolencias a las familias de los agentes fallecidos y reclama más medios y apoyo europeo ante la creciente amenaza del narcotráfico en las costas andaluzas

read more..

Vlaams Belang Jongeren (VBJ) start een petitie waarin zij het ontslag vragen van UGent-rector Petra De Sutter. Aanleiding is het gebruik van artificiële intelligentie in haar openingstoespraak van het academiejaar, waarbij verzonnen citaten en foutieve bronverwijzingen opdoken. “Dit raakt aan de kern van academische integriteit en voorbeeldgedrag”, stelt Mercina Claesen, VBJ-voorzitter.

read more..

Van Europese onderhandelingen met de taliban tot flirten met de grenzen van onze rechtsstaat: federaal minister van Asiel en Migratie Anneleen Van Bossuyt brak de afgelopen vijftien maanden heel wat heilige huisjes af. En dat was nodig, vindt de juriste. “België was veel te lang het land van melk en honing”, stelt ze in een interview in Het Belang van Limburg. 

read more..

À Évran / Evrann (Pays Malouin / Bro Sant-Maloù), le Parti Breton est représenté par Logan Maheu sur la liste « Évran, Territoire d’avenir » conduite par Patrice Gautier, maire sortant.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031