Pontón trasladará ao Goberno de Lula da Silva a capacidade das empresas galegas para mellorar a relación comercial co Brasil

Bloque Nacionalista Galego 25-04-2026, 15:27 international

Propón unha estratexia institucional e de internacionalización específica para abrir mercados aos sectores produtivos galegos no país americano

Aposta por impulsar a Lei Paz Andrade para aproveitar a oportunidade tanto económica como cultural que representa a lusofonía para Galiza

Ana Pontón en Ana Miranda no Congreso do PT

A portavoz nacional, Ana Pontón, trasladará ao Goberno de Lula da Silva que Galiza ten empresas e sectores produtivos “de primeiro nivel”, capaces de mellorar as relacións comerciais con Brasil, un dos grandes países do mundo e un xigantesco mercado de 213 millóns de habitantes que representa “unha oportunidade, tanto desde o punto de vista económico, como cultural”.

Así o avanza desde Brasilia, onde desenvolve xunto á eurodeputada e responsable da Área de Internacional, Ana Miranda, a primeira xornada da súa viaxe a Brasil no marco da celebración do 8º Congreso do Partido dos Traballadores do presidente Luiz Inácio de Lula da Silva, viaxe na que a líder do BNG manterá diversos encontros bilaterais con responsables do PT e do goberno brasileiro.

Ana Pontón e Ana Miranda

Pontón destaca a importancia de aproveitar o enorme potencial económico que representa o país americano para as empresas e os sectores produtivos galegos, para o que considera preciso corrixir o actual desequilibrio comercial.

Recorda, neste punto, que as empresas galegas facturan co mercado brasileiro unha cifra moi modesta, 70 millóns de euros, mentres que Brasil vende a Galiza produtos por valor de 250 millóns de euros, tres veces máis.

Ante esta realidade, a portavoz nacional aposta por poñer en marcha unha “estratexia institucional e comercial para abrir mercados” que permita ás empresas galegas “vender máis” no país americano e avanzar na internacionalización dos sectores económicos do País, dado que hai “marxe de mellora”.

Neste sentido, sinala que sectores como o da pesca, a acuicultura ou a construción naval están entre os de maior potencial comercial, con áreas de negocio como a tecnoloxía pesqueira, a sustentabilidade mariña ou a loxística portuaria.

“Galiza ten empresas e sectores produtivos moi competitivos e somos un País que ten todo para acoller proxectos de vangarda”, subliña a líder do BNG, quen tamén trasladará ao Executivo brasileiro a potencialidade galega para acoller proxectos de futuro, sempre desde o respecto ao territorio e ao medio ambiente. “Noutras palabras, portas abertas a investimentos de vangarda e de futuro”, sintetiza.

Outro aspecto clave que Pontón abordará na súa axenda é o de potenciar as relacións culturais, tendo en conta a fortaleza que dá a Galiza e Brasil compartir unha lingua común. “A lusofonía é unha oportunidade tanto cultural como económica que debemos impulsar e aproveitar”, subliña para apuntar ao necesario desenvolvemento da Lei Paz Andrade, aprobada e publicada no DOG pero aínda sen desenvolver, como instrumento para acadar este obxectivo.

A portavoz nacional tamén aposta por estreitar relacións entre ámbolos dous países, para o que considera fundamental promover un maior intercambio universitario e a colaboración no ámbito da investigación, particularmente en áreas como as ciencias do mar, a biotecnoloxía, a lingua e a cultura.

“En Brasil, ademais residen 54.000 galegos e galegas, a segunda comunidade de residentes de ascendencia galega máis grande do mundo, e tamén queremos compartir como está a comunidade, que proxectos ten e como poden ver a Galiza como un lugar no que poder investir e ao que retornar”, conclúe.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ponton-trasladara-ao-goberno-lula-da-silva-capacidade-das-empresas-galegas-mellorar-relacion-comercial-co-brasil/20260424180132042673.html

Related News

Propón unha estratexia institucional e de internacionalización específica para abrir mercados aos sectores produtivos galegos no país americano

Aposta por impulsar a Lei Paz Andrade para aproveitar a oportunidade tanto económica como cultural que representa a lusofonía para Galiza

read more..

Zur angestrebten zeitnahen Übernahme der deutschen Northvolt-Tochter durch das US-Unternehmen Lyten erklärt die wirtschaftspolitische Sprecherin der SSW-Landtagsfraktion, Sybilla Nitsch:

„Die Ausführungen von Wirtschaftsminister Madsen lassen uns mit gemischten Gefühlen zurück. Während das Ministerium erneut eine Aufbruchstimmung beschwört, bleiben die harten Fakten für die Menschen an der Westküste und für die Steuerzahler im ganzen Land weiterhin im Nebel.

read more..

A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) expresa a súa condena ao ataque militar perpetrado polos Estados Unidos e Israel contra Irán. Este novo acto de agresión, que pon en risco a vida da poboación civil e a estabilidade de todo Oriente Medio, supón unha nova vulneración da soberanía dos Pobos, do dereito internacional e da Carta das Nacións Unidas.

read more..

Néstor Rego destaca a influencia do BNG para levar a cabo políticas transformadoras e en beneficio das maiorías sociais, así como o impulso da Axenda Galega

“Se cun único deputado e unha senadora fomos quen de conseguir todo isto, que non seríamos capaces de lograr con máis representación” engade Mosquera

Geno Carballeira subliña o traballo desenvolvido polo BNG para dar resposta ás necesidades reais da veciñanza de Narón: “conseguiu frear as corruptelas da SAREB”


read more..

Byddai Arweinydd Plaid Cymru, Rhun ap Iorwerth AS, yn “ailosod y berthynas rhwng Cymru a San Steffan” pe bai’n cael ei ethol yn Brif Weinidog ym mis Mai, bydd yn dweud wrth gynulleidfa yn yr Institute for Government yn Llundain ddydd Llun.

read more..

Néstor Rego Candamil traslada os logros conseguidos polo BNG durante esta lexislatura e o papel decisivo á hora de conseguir melloras para a Galiza

Mari Fernández Sanmartín destaca o traballo incansábel e a capacidade do BNG nas Cortes do Estado: “é fundamental que o BNG conte con máis forza”

read more..

Vergés lamenta la manca de lideratge del Govern i reclama que impulsi una rebaixa fiscal

read more..

La iniciativa vol garantir que la protecció de les famílies vulnerables no recaigui sobre particulars

El Grup Parlamentari de Junts per Catalunya al Congrés dels Diputats ha registrat una Proposició no de Llei (PNL) amb l’objectiu de reforçar l’escut social a Catalunya des d’un principi clar: quan l’Estat espanyol exerceix les seves competències exclusives, ha d’assumir íntegrament el cost real de les decisions que adopta.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031