BNG reivindica o seu papel nas Cortes do Estado na defensa de Narón e Galiza

Bloque Nacionalista Galego 29-03-2026, 10:11 politics

Néstor Rego destaca a influencia do BNG para levar a cabo políticas transformadoras e en beneficio das maiorías sociais, así como o impulso da Axenda Galega

“Se cun único deputado e unha senadora fomos quen de conseguir todo isto, que non seríamos capaces de lograr con máis representación” engade Mosquera

Geno Carballeira subliña o traballo desenvolvido polo BNG para dar resposta ás necesidades reais da veciñanza de Narón: “conseguiu frear as corruptelas da SAREB”

Acto Narón

O BNG celebra un acto aberto coa veciñanza de Narón para dar conta do traballo que está a realizar a formación nacionalista nas Cortes do Estado e os avances conseguidos en beneficio da sociedade galega. O encontro conta coa participación do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Narón, Geno Carballeira, e a concelleira nacionalista, Beatriz Mosquera.

Durante a súa intervención, Néstor Rego pon en valor o papel decisivo do BNG nas Cortes do Estado, destacando que, cun deputado e unha senadora, a organización está a cumprir cos seus compromisos adquiridos en campaña electoral: “ser muro de contención frente á dereita ultra e a ultradereita, impulsando políticas verdadeiramente de esquerdas e transformadoras, e colocar enriba da mesa a Axenda Galega”.

No ámbito das políticas transformadoras, Rego salienta medidas como o aumento das pensións mínimas e non contributivas por riba do IPC, así como a ampliación das semanas dos permisos para familias monomarentais e monoparentais.

No relativo á Axenda Galega, destaca avances como as novas bonificacións de até 75% na AP-9 e o impulso á implantación dun servizo ferroviario de proximidade, unha reivindicación histórica para rematar coa discriminación que sofre Galiza neste ámbito. A quita dun terzo da débeda da Galiza, actuacións en infraestruturas estratéxicas para o noso País son outros dos exemplos do que o BNG foi capaz de conseguir.

Pola súa parte, Geno Carballeira destaca a relevancia do traballo desenvolvido por Néstor Rego no Congreso para dar resposta ás necesidades da veciñanza de Narón: “levou as corruptelas da SAREB no barrio de Piñeiros, conseguindo frear a intención do Goberno de botar a familias enteiras das súas vivendas; tamén logrou que Narón fose recoñecido como un dos concellos afectados polo peche da central térmica das Pontes” lembra o candidato do BNG á alcaldía de Narón nas vindeiras eleccións municipais.

Finalmente, Beatriz Mosquera pon o acento na necesidade de reforzar a presenza do BNG nas Cortes do Estado: “Se cun deputado e cunha senadora somos capaces de conseguir todo isto, que non seríamos capaces de lograr con máis representación para condicionar aínda máis as políticas do Goberno e mellorar a calidade de vida das maiorías sociais e do conxunto do pobo galego” sinala durante o encontro coa veciñanza.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-reivindica-seu-papel-nas-cortes-do-estado-defensa-naron-galiza/20260327205335042529.html

Related News

Le troisième rendez-vous du cycle « Contes et anecdotes de la politique », qui s’est tenu hier soir, 20 mai, a offert aux participants un moment particulièrement riche de mémoire, de réflexion et de partage. Les protagonistes de la rencontre étaient deux figures majeures de l’histoire récente de l’Union Valdôtaine et de la Vallée d’Aoste : Dino Viérin, ancien Président de la Région, et Ennio Pastoret, ancien Président du Mouvement.

read more..

Mon Fernández esíxelle ao Goberno de Rueda que exerza as súas competencias para garantir un convenio e uns servizos dignos e do S.XXI

read more..

La diputada Irene Negre reclama “passar del diagnòstic a l’acció” amb més planificació, recursos i suport al sector forestal

read more..

Het Vlaams Belang hekelt de chaos en het amateurisme dat de regering-De Wever tentoonspreidde bij de aanpassing van de verkeerswet aan het nieuwe strafwetboek.“Die aanpassing is te laat, ondermaats en absoluut niet klaar voor een succesvolle uitvoering”, oordeelt voorzitter van de Kamercommissie Mobiliteit Frank Troosters.“Chaos moet vermeden worden, en daarom dienen we alvast ook zelf een wetsvoorstel in.”

read more..

De FNP-fraksje makket him soargen oer nije regeljouwing foar greidefûgeldrones yn it CTR-gebiet fan fleanbasis Ljouwert. De BFVW (Bond Friese VogelWachten) set mei súkses drones yn om nêsten en piken fan greidefûgels op te spoaren en te beskermjen. De gearwurking mei fleanbasis Ljouwert is al jierren posityf, en Provinsjale Steaten sprutsen har stipe út mei in moasje op 17 desimber 2025 oer de ynset fan drones yn it greidefûgelwurk.

read more..

Rodil tacha de “indecente” que a “grande medida no medio dun conflito bélico” sexa promocionar Galiza como “refuxio turístico de tranquilidade”

O Bloque defenderá no Debate do Estado da Nación a súa alternativa a un goberno de Rueda que sofre o ‘síndrome de Monte Pío’ e non dá solucións

read more..

Stanoviska hnutí Moravané k sjezdu Sudetoněmeckého landsmanšaftu v Brně


Stručné stanovisko hnutí Moravané k sjezdu Sudetoněmeckého landsmanšaftu v Brně

read more..

ANDALUCISTAS CREE QUE EL CIS CONFIRMA EL CANSANCIO CON EL BIPARTIDISMO Y ABRE ESPACIO “A UNA ALTERNATIVA PROPIA Y ÚTIL PARA ANDALUCÍA”
La coalición Andalucistas considera que los datos confirman la necesidad de un proyecto andalucista, libre de tutelas, centrado en los problemas de la ciudadanía, útil y con experiencia de gestión diaria para mejorar la situación de nuestra tierra

La coalición Andalucistas ha valorado el último estudio del CIS sobre Andalucía como una muestra cl

read more..

The people of Wales are ready for new leadership, party leader Rhun ap Iorwerth has said during the final First Minister’s Questions of the Sixth Senedd term ahead of the election on 7 May.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031