BNG acusa o PP na Xunta de actuar como “lacaio” de Monbus mentres 3.000 traballadores seguen co convenio bloqueado

Bloque Nacionalista Galego 19-02-2026, 23:31

Mon Fernández

O portavoz de emprego do BNG no Parlamento, Mon Fernández responsabilizou a Xunta do PP do conflito laboral no sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña e chamou á cidadanía a participar na manifestación convocada para este domingo en Compostela para un reclamar un convenio e uns servizos dignos e do século XXI e contra o monopolio e as prácticas fraudulentas do PP.

Fernández sinalou que desde finais de 2025 os tres sindicatos maioritarios de Galiza —CiG, ,CC.OO, e UGT— viñan advertindo do bloqueo por parte da patronal, un bloqueo que na práctica equivale ao bloqueo por parte de Monbús, empresa que controla de facto o sector e a asociación maioritaria da patronal na mesa de negociación e á que cualificou como “criatura do PP”. O convenio leva catro anos caducado e xa foi superado pola normativa vixente en materias como a conciliación ou o control horario.

Denuncia que a Xunta de Rueda actúa como "lacaio" de Monbús mentres 3.000 traballadores e traballadoras e milleiros de usuarios e usuarias do transporte por estrada da Coruña sofren as consecuencias do bloqueo do convenio colectivo. "Milleiros de persoas están a ser empregadas por MONBUS como reféns, mentres a Xunta, autoridade competente, compórtase como un lacaio servil de Monbús e de Raúl López”, o seu propietario, a quen sinalou como o gran beneficiario das concesións públicas de transporte en Galiza.

O deputado nacionalista detallou as catro responsabilidades que, ao seu xuízo, a Xunta de Rueda está a incumprir neste conflito: a súa contribución á posición de dominio de Monbús a través de concesións públicas en condicións fraudulentas; o seu papel como principal contratista das liñas de transporte en autobús en Galiza; a súa condición de autoridade reguladora do sector con obriga de velar pola competencia e a súa función como autoridade laboral responsable da negociación colectiva.

Segundo argumentou Fernández, as reivindicacións dos sindicatos son de carácter básico: adaptar o convenio á normativa actual, acadar incrementos salariais dignos cunha cláusula de revisión ligada ao IPC, mellorar os dereitos do persoal acompañante do transporte escolar —maioritariamente mulleres e con contratos que ás veces non superan os 114 minutos— ou incluír unha cláusula de xubilación parcial que permita o relevo xeracional antes dos 67 anos, reducindo así o risco para os e as viaxeiras e para a seguridade viaria en xeral.

Na súa quenda de réplica, o deputado nacionalista evidenciou a “vergoña” que supón a postura amosada polo PP ao dicir que non ten competencias na materia. “Vaia se ten”, replicou, “en competencias como contratista, como regulador, como defensor da competencia, como autoridade laboral”, recordoulle. O PP votou en contra da iniciativa do BNG que lle reclamaba á Xunta exercer ditas competencias.

“Ao mesmo tempo non ten pudor ningún en recoñecer que o único que fixo foi determinar os servizos mínimos e despois dirixirse á policía para garantir eses servizos mínimos”, engadiu, aclarando que nesa materia a Xunta non ten competencias pero que “non lle custou nada dirixirse á Delegación do Goberno para garantir a presenza de policía”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-acusa-pp-xunta-actuar-como-lacaio-monbus-mentres-3000-traballadores-seguen-co-convenio-bloqueado/20260219124244042261.html

Related News

5 aprile 2026

Cari Amici, buona Santa Pasqua di Risurrezione a tutti voi e alle vostre famiglie.

Un momento di festa, ma anche di riflessione e di speranza, da vivere con le persone care e con uno sguardo al futuro.

read more..

Esquerra Republicana respon al president en una compareixença per la situació que viu Catalunya

read more..

After decades of repression under Francoism and its lingering legacy, Basque has reclaimed the streets of Tolosa. The town’s experience suggests that the revival of a minority language is not the result of isolated measures, but rather of sustained collective effort, strong political commitment, and shared social ambition.

read more..

Avoga por dotar os portos que teñen redeiras de naves nas que traballen en condicións dignas e avanzar no recoñecemento das doenzas do oficio

Critica ao Goberno do PP a súa inacción á hora de dignificar o traballo das mulleres no ámbito do mar e de ampliar os seus dereitos e representación

read more..

El republicà insisteix en què els nous pressupostos han d’incloure “salts importants” en sobirania, català, serveis públics o mobilitat i afirma que la clau resideix en “l’ambició nacional” per poder resoldre aquests reptes

read more..

Zeggen dat dit land een probleem van ongelijkheid heeft, is lachwekkend, schrijft Axel Ronse in een opiniestuk in De Standaard. 

read more..

Velkomsttale til SSWs nytårsreception ved SSWs landsformand og landdagsmedlem Sybilla Nitsch til SSWs nytårsreception i „Kirchspielkrug”, Mildstedt Fredag den 16.01.2026

read more..

I över 15 år har Finland effektivt hindrat utvecklingen av Ålands självstyrelse genom att dra ut revisionen i en ändlös politisk teater. Utredningar staplas, arbetsgrupper avlöser varandra och resurser bränns, men resultatet är nästan noll.

read more..

Nu de legerleiding zelf openlijk spreekt over een verplichte dienst als “plan B” om het nijpende personeelstekort op te vangen, krijgt het Vlaams Belang gelijk na jaren waarschuwingen. De partij pleit al geruime tijd voor de invoering van een verplichte gemeenschapsdienst voor alle schoolverlaters, met een duidelijke nadruk op dienst bij de krijgsmacht. “Wat Defensie vandaag voorzichtig suggereert, ligt bij ons al jaren op tafel”, zegt Vlaams Belang-Kamerlid Annick Ponthier wiens voorstel deze woensdag wordt besproken in de commissie Defensie.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031