BNG urxe actuacións na AP-9 para mellorar a seguranza viaria
Bloque Nacionalista Galego 31-03-2026, 12:01 development
Néstor Rego: “Nin os galegos e galegas poden seguir pagando unha das peaxes máis caras do Estado por circular por unha infraestrutura insegura, nin o Goberno pode mirar cara a outro lado”
O BNG pide ao Goberno exixir á concesionaria actuacións urxentes para garantir un mantemento adecuado, en consonancia cos seus elevados beneficios
O deputado do BNG lembra que continúa a traballar para conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes
![]()
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para exixir ao Goberno do Estado –no concreto ao Ministerio de Transportes- actuación urxentes ante o grave deterioro do firme da AP-9. A organización nacionalista critica que, sendo das autoestradas máis caras do Estado, o estado de conservación está a xerar preocupación entre as persoas usuarias e supón un risco para a seguranza viaria.
Néstor Rego denuncia que “non é admisíbel que unha infraestrutura estratéxica como a Autoestrada do Atlántico, pola que a cidadanía galega paga peaxes abusivas, presente un estado de conservación deficiente que compromete a eguranza viaria”. Neste sentido, lembra que a autoestrada “leva anos máis que amortizada, mentres se mantén unha prórroga até 2048, acordada polo Goberno do PP de Aznar e hoxe cuestionada pola súa legalidade”.
O deputado nacionalista subliña que, malia as bonificacións conseguidas nos últimos anos polo BNG, “segue sendo imprescindíbel avanzar cara a unha AP-9 pública, galega e gratuíta”, mais insiste en que, mentres continúe baixo concesión, o Ministerio de Transportes debe garantir o seu correcto mantemento e condicións óptimas de seguranza.
As iniciativas presentadas polo BNG fanse eco das denuncias reiteradas de transportistas e condutores, que alertan da presenza de fochancas, gretas e outras deficiencias en distintos treitos da autoestrada, agravadas polos temporais do pasado inverno e pola falta de investimentos en conservación por parte da concesionaria. Unha situación que contrasta cos elevados beneficios da empresa, con máis de 210 millóns de euros en ingresos por peaxes e 90,3 millóns de beneficio neto no ano 2024.
Ademais, o deputado BNG pon o foco no último informe da asociación Automobilistas Europeos Asociados (AEA), que sitúa numerosos treitos da AP-9 entre os máis perigosos do Estado no período 2020-2024. Segundo este estudo, a Galiza concentra tres de cada dez tramos de autoestrada con maior índice de perigosidade, moitos deles nesta vía, con até 24 puntos catalogados de máximo risco.
“O Ministerio de Transportes debe avaliar con rigor o informe da AEA e recoñecer a gravidade da situación, asumindo que a Galiza concentra unha porcentaxe elevada e inasumíbel de tramos de alto risco, e adoptar medidas inmediatas” reclama Rego. Do mesmo xeito, o deputado entende que o Goberno debera atender e dar resposta ás denuncias das persoas usuarias sobre o mal estado do firme, con inspeccións e actuacións inmediatas
Segundo explica Rego, o executivo debe exixir á concesionaria da AP-9 a execución dos investimentos necesarios para garantir un mantemento adecuado, en consonancia cos seus elevados beneficios. A todo isto, engade o deputado, débese estabelecer un calendario concreto e público sobre as actuacións de mellora, a comezar polos puntos quilométricos de maior perigosidade.
“Nin os galegos e galegas poden seguir pagando unha das peaxes máis caras do Estado por circular por unha infraestrutura insegura, nin o Goberno pode mirar cara a outro lado” sentenza Néstor Rego, quen reclamou “actuacións inmediatas e contundentes para poñer fin a esta situación intolerábel”.
Noemí Garcia: “Ha estat una greu irresponsabilitat política que el PP hagi mirat cap a una altra banda”
read more..Vandaag vindt in de federale Kamer een ontmoeting plaats tussen leden van de commissie voor Buitenlandse Aangelegenheden, en de Cubaanse onderminister van Buitenlandse Zaken, Anayansi Rodriguez Camejo.“Het Vlaams Belang weigert het dictatoriale Cubaanse regering te legitimeren”, reageert Kamerlid Ellen Samyn(Vlaams Belang).“We zullen dan ook onze spreekwoordelijke kat naar de ontmoeting sturen.”
read more..Anlässlich der heutigen Beratungen im Wirtschaftsausschuss zur Missunde III erklärt die wirtschaftspolitische Sprecherin der SSW-Landtagsfraktion, Sybilla Nitsch:
„Die Landesregierung bekommt bei der Missunde III seit Jahren weder einen verlässlichen Zeitplan noch einen verlässlichen Betrieb hin. Und trotzdem wurde im Ausschuss noch so getan, als seien Zweifel am Osterstart überflüssig. Nun ist auch dieser Termin geplatzt und wieder kann niemand sagen, wann der Regelbetrieb tatsächlich beginnt.
Allarme per l'imbarco di materiale NATO e netta contrarietà alle dichiarazioni di Michelangelo Agrusti sull’utilizzo anche militare del sistema logistico collegato al Porto di Trieste
read more..Destaca “a vitoria da dignidade” fronte a un Executivo de Rueda ao que lle importaban máis os intereses dunha pasteira que o que lle dicían as galegas e os galegos
Pon en valor a capacidade da mobilización social para cambiar decisións de gran alcance: “Hoxe podemos dicir que o pobo é quen máis ordena”
read more..Rejoignez-nous pour l’Assemblée Générale de Unser Land. Un moment fort pour échanger, débattre et préparer nos prochaines actions.
read more..La portaveu d’Esquerra al Senat ha reclamat a l’Executiu espanyol “sortir del conformisme” de les dades macroeconòmiques i ha defensat la implantació d’un salari mínim territorialitzat.
read more..“Levan 75 anos intentando silencialo e non o conseguiron porque os seus ideais seguen latexando no corazón e na cabeza de miles de galegxs”, alega
O BNG apoia a ILP que só pretende que a súa memoria e o seu exemplo “sexan coñecidos polo pobo que tanto amou e polo que tanto loitou”
read more..