Pontón critica o veto do PP á difusión da obra de Castelao: “Élle unha figura incómoda por nacionalista, republicano e pacifista”

Bloque Nacionalista Galego 11-02-2026, 11:09

Ana Pontón e propoñentes ILP Castelao

A portavoz nacional, Ana Pontón, ve no veto do PP á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para garantir o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castealo a demostración de que “para a dereita, Castelao é unha figura incómoda” porque “era un nacionalista dos pés á cabeza”, un “republicano indomábel” e “un internacionalista e pacifista de principio a fin”.

“Pídolle ao Partido Popular que rectifique o seu veto de 2015 e apoie esta iniciativa porque de non facelo, demostrará unha vez máis que para a dereita, Castelao é unha figura incómoda”, advertía na súa intervención na Cámara para trasladar o voto a favor do BNG, xusto antes de que os populares confirmaran o seu rexeitamento á ILP defendida pola estudosa e divulgadora da obra de Castelao, María do Pilar García Negro.

Pontón preguntouse que, “se Castelao é de todos e de todas”, quen pode estar en contra de que se coñeza e divulgue a súa obra e de poñer os medios necesarios para garantir o coñecemento e a contemplación do seu legado, o único obxectivo que persegue a iniciativa, que “a memoria e o exemplo de Castelao sexan coñecidos polo pobo que tanto amou e polo que sempre loitou”, sintetizou.

“Só se me ocorre unha razón para que neste Parlamento se vete por parte do PP por segunda vez, a anterior foi en 2015, esta iniciativa lexislativa e esa razón é intentar silenciar a Castelao, que é o que levan facendo o franquismo e a dereita desde aquela nefasta consigna da Dirección General de Prensa de 1950”, afondou.

Logo de citar textualmente a consigna, na que se daban instrucións precisas para silenciar o falecemento do autor de ‘Sempre en Galiza’, da súa personalidade política e da súa obra, a portavoz nacional extraeu unha conclusión moi clara: “Levan 75 anos intentando silenciar a Castelao, pero non o conseguiron porque os seus ideais e a súa razón seguen latexando no corazón e na cabeza de miles de galegas e galegos”, afeou á bancada do PP.

A líder nacionalista defendeu o apoio a esta ILP, primeiro, loxicamente polo obxectivo da lei, que non é outro que garantir a difusión e coñecemento da obra de Castelao, mais tamén por coherencia cos acordos unánimes aprobados no Parlamento ao longo de 25 anos.

O primeiro deles, o do ano 1999, a instancia do BNG, nunha proposición non de lei defendida daquela precisamente por María do Pilar García Negro e que establecía un mandato ao Goberno galego para declarar BIC a obra de Castelao e garantir a súa difusión e exposición.

Houbo que agardar a 2007, cun goberno do BNG na Xunta, para que se iniciase a declaración como BIC da casa familiar de Castelao en Rianxo –“por certo, aínda hoxe sen abrir ao público”, denunciou Pontón– e para que se levase a cabo unha obra magna, o Catálogo Universal Castelao.

Catalogación esta rematada en 2010, con máis de 4.000 fichas, pero que aínda non é de acceso público. “É dicir, 15 anos despois de rematarse, o Catálogo Universal de Castelao segue secuestrado pola Xunta do PP”, criticou, para recordar a continuación o posterior acordo parlamentario de 2010, que tamén recollía a declaración BIC da obra de Castelao a partir desa catalogación, así como a súa exposición e difusión.

“Transcorridos 16 anos, a maior parte destes acordos seguen sen cumprirse”, cuestionou a portavoz nacional, quen recordou que se ben en 2011 a obra do ilustre rianxeiro foi declarada BIC, esta declaración limitouse singularmente á parte inmaterial. “Se tiveran un mínimo de coherencia, votarían a favor da admisión a trámite desta ILP”, afeou ao PP tras recordarlle todos os acordos parlamentarios que segue sen facer efectivos.

Pontón recalcou que logo de “intentar censuralo, prohibilo e silencialo sen éxito”, a dereita ideou unha “fórmula máis sibilina de manipulación”, a de tentar converter a Castelao “nun mito, nun símbolo, nun estandarte neutro, desprovisto de ideoloxía”, unha intencionalidade por parte do PP que, advertiu, quedou moi clara na celebración do Ano Castelao en 2025, onde se viu “o desleixo da Xunta”. Un ano que, afondou, o PP comezou vetando o recoñecemento da súa figura como primeiro presidente de Galiza e que rematou pedindo un Castelao “fóra de ideoloxías”.

Fronte a esta estratexia do PP, a portavoz nacional evidenciou con distintas citas do propio Castelao a súa inequívoca ideoloxía nacionalista, tal e como deixou plasmado do seu puño e lera no manifesto da Asemblea das Irmandades da Fala celebrada en Lugo en 1918: “Tendo Galiza todas as características esenciais de nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos”.

Pretender converter a Castelao nunha figura desprovista de ideoloxía e de compromiso político e mesmo utilizalo como ariete en contra dos ideais que defendeu, “constitúe unha fraude histórica” e, ademais, “unha aldraxe a Castelao e a todas e todos os que coma el pagaron un prezo altísimo, “mesmo coas súas vidas”, para defender a democracia, as liberdades e o dereito de Galiza a ser libre e dona do seu destino, advertiu Pontón.

“Castelao é de todos e todas as que levan Galiza na cabeza e no corazón, de todos e todas menos dos fascistas e dos seus herdeiros, de todos e todas menos dos que atacan o que el máis amou e defendeu que é Galiza, a súa lingua e a súa xente e de todos e de todas menos dos que deturpan as súas ideas e o seu legado”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ponton-critica-veto-do-pp-difusion-da-obra-castelao-elle-figura-incomoda-nacionalista-republicano-pacifista/20260210141826042211.html

Related News

Voor het nieuwe WK-lied van de Rode Duivels wordt gekozen voor Frans en Engels, zonder ook maar één woord Nederlands. In een land waar het Nederlands de meerderheidstaal is, is dat geen toeval, maar een keuze.

read more..

A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) quer facer chegar un saúdo fraternal e todo o recoñecemento ao pobo saharauí e á Fronte Polisario, como o seu lexítimo representante, con motivo do 50º aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).

read more..

Chunta Aragonesista se desmarca y no puede permanecer impasible ante las recientes declaraciones del Ministro Ernest Urtasun tildando de “vergonzosa” la Sentencia del Tribunal Supremo que exige la devolución de los Bienes de Sijena. Una cuestión que no admite ataques, ni siquiera ambigüedades o equidistancias. Los bienes de Sijena son de Aragón.

read more..

Mon Fernández advirte que a diversificación da actividade só será posible con diques para obra nova e reparacións e máis capacidade de elevación 

read more..

Des del CIEMEN expressem el nostre més sentit condol per la mort de Blanca Serra i Puig, que ens ha deixat aquest divendres. La seva desaparició representa una gran pèrdua per al conjunt del país i, especialment, per a l’independentisme i els moviments de defensa de la llengua i la cultura catalanes.

read more..

Liewi friend,
Nous voilà au seuil d’une nouvelle année. Le monde bien rangé, ou du moins qui donnait l’impression d’une certaine cohérence, se dévoile à nous comme instable et imprévisible. Nos certitudes volent en éclat et il va falloir s’adapter aux rafales de perturbations.
En tant qu’Alsaciens, nous avons déjà ressenti cet étrange sentiment d’impuissance face au rouleau compresseur d’un irrésistible « Zeitgeist » qui lamina notre langue et culture !

read more..

“First World Problems”!

Hetta var niðurstøðan hjá teimum trimum eldri monnunum, sum nú í kvøld tóku saman um valstríðið í útvarpssendingini “Valkøn”.

Teir hildu, at eingi stórmál sum so hava verið uppi, at øll hava hildið Føroyar vera eitt gott land, og verturin spyr tí:

“First World Problems?”

read more..

BOZEN – Der Südtiroler Schützenbund zeigt sich über die Aussagen von Landeshauptmann-Stellvertreter Marco Galateo zum Schriftzug „TIROL“ sehr verwundert.

read more..

El portaveu Salvador Vergés assegura que “l’únic partit que defensa a Madrid els interessos de Catalunya és Junts”

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031