BNG reclama investimentos no plan industrial de Navantia en Ferrol: “Son a carga de traballo para o futuro”

Bloque Nacionalista Galego 30-05-2026, 14:18 development

Mon Fernández advirte que a diversificación da actividade só será posible con diques para obra nova e reparacións e máis capacidade de elevación 

Mon Fernández

O deputado do BNG pola comarca de Ferrol, Ramón Fernández, defendeu no Parlamento unha iniciativa para reclamar máis investimentos no plan industrial de Navantia en Ferrol para garantir a diversificación da actividade e a produción naval na ría no século XXI “con todas as garantías”.

“Os investimentos de hoxe son a carga de traballo para o futuro”, advertiu o deputado, que considerou que este é o momento de facer “presión social e política” para conseguilos, pois o plan industrial de Navantia está dando os seus primeiros pasos e este vai ser “a decisión política con máis transcendencia, con moita diferencia, para a vida e o futuro de toda a comarca de Ferrol”.

Ramón Fernández insistiu na idea de que “a diversificación non pode ser unha palabra baleira de significado” e que para dotala de contido é necesario garantir a Navantia Ferrol novas infraestruturas, como un dique para nova construción e outro para reparacións de maiores dimensións ou mellorar e aumentar a capacidade dos sistemas de elevación de cargas ou a renovación da kollman de turbinas.

Na defensa da iniciativa do BNG, o deputado alertou de que as decisións que se coñecen xa respecto ao futuro plan industrial “non son nada alentadoras” pois, explicou, manteñen o veto á construción naval civil na ría, sacan Puerto Real do negocio da eólica mariña para incorporalo como competidor directo e porque, ademais, renuncian a facer os investimentos necesarios para manter a capacidade actual dos estaleiro ferrolá.

É por iso que a proposta do BNG, rexeitada polo PP, reclama tamén, entre outras cuestións, a recuperación da actividade de construción naval civil, liberando Ferrol dun “corsé que cada 10 ou 15 anos nos deixa sen alento”. Segundo destacou, a carga de traballo que existe agora no segmento militar “atrae todos os focos”, máis a experiencia acumulada demostra que “detrás dun período de ocupación nos estaleiros chega sempre un de baleirado de gradas”.

De aí a importancia de “mirar a longo prazo” para garantir a carga de traballo, que “no medio da éxtase da construción militar” estase vendo afectada agora pola rescisión de varios contratos de eólica mariña dos Estados Unidos por causa das novas políticas da Administración Trump. “Polo de pronto temos un ERTE en vigor para 417 persoas até fin de ano”, lamentou.

A iniciativa do BNG avoga por introducir Navantia ría de Ferrol nos segmentos de maior carga tecnolóxica das actividades relacionadas coas enerxías renovábeis e a descarbonización da mobilidade marítima, nomeadamente a fábrica de turbinas. Pide, así mesmo, a adxudicación ao centro Navantia ría de Ferrol das construcións de buques de mediano e gran porte, como ven sendo norma habitualmente.

Ramón Fernández insistiu, por outra banda, en que a Xunta debe entrar no consello de administración de Navantia, unha posibilidade recollida no Estatuto de Galiza, porque é este órgano o que toma “decisións de moito calado” como, exemplificou, a de destinar Puerto Real á construción naval en competencia con Ferrol.

Ao longo da súa intervención, o deputado nacionalista esixiu un maior compromiso coas forzas Censurou, sobre esta cuestión, que a conselleira de Industria aínda non recibise aos comités de empresa de Navantia. “Supoño que quixo evitarse o papelón de reunirse cos comités para dicirlles o que lles dixeron, que a Xunta non ten pensado facer nada ao respecto do plan industrial nin vai solicitar a entrada no consello de administración de Navantia, nin tampouco van facer nada sobre a famosa promesa de Feijóo de investir na área de reparacións de Navantia Ferrol para potenciala”, salientou.

Na mesma liña, criticou que os comités non saiban nada aínda das xestións que o alcalde e senador de Ferrol, como presidente da mancomunidade, prometeu facer hai xa máis de un mes.

Ramón Fernández esixiu, por outra banda, que as medidas sociais pactadas pola dirección de Navantia para o seu persoal adiantando as posibilidades de xubilación deben ser de aplicación tamén ao persoal da industria auxiliar, que sofre igualmente a construción naval como “actividade penosa e perigosa”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-reclama-investimentos-plan-industrial-navantia-ferrol-son-carga-traballo-futuro/20260529174150042906.html

Related News

Het Vlaams Belang vindt het bijzonder problematisch dat minister van Justitie Annelies Verlinden(cd&v) slechts weet heeft van het overbrengen van twee Belgische'foreign terrorist fighters' van een gevangenis in Syrië naar een gevangenis in Irak.“Wat met de andere terroristen met banden met België die gevangen zaten in Syrië?”, vraagt Kamerlid Alexander Van Hoecke zich af.“Om ervoor te zorgen dat ze nooit meer naar dit land weer zullen keren, moeten we dit weten.”

read more..

“De veroordeling voor‘aanzetten tot haat’ van Dries van Langenhove is een zoveelste bewijs dat de vrije meningsuiting in België onder zware druk staat, en dat de zogenaamde anti-racismewetgeving op een schandalige manier wordt misbruikt om iedere migratiekritische stem het zwijgen op te leggen”, stelt Kamerlid Alexander Van Hoecke(Vlaams Belang). Het Vlaams Belang kondigt aan een wetsvoorstel neer te zullen leggen om de aantasting van de vrije meningsuiting tegen te gaan.

read more..

Néstor Rego reclama avanzar na quita da débeda galega e mudar o sistema de financiamento para rematar coa discriminación que sofre a Galiza

Defende unha fiscalidade máis xusta, con impostos á banca, ás eléctricas e ás grandes fortunas: “para problemas estruturais, son precisas medidas permanentes”

read more..

Marta Madrenas: “Les ocupacions existeixen, generen conflictes reals i degradació de comunitats; negar-ho no és progressisme, és irresponsabilitat”

read more..

The concerns raised by The Wildlife Trusts about the proposed English Devolution and Community Empowerment Bill deserve serious attention, particularly here in Yorkshire.

read more..

Als het van federaal minister van Volksgezondheid Frank Vandenbroucke (Vooruit) afhangt, wordt een vermelding van de Nutri-Score binnenkort verplicht in televisie-, online- en gedrukte reclame. Sommige partijen pleiten bovendien voor een volledig of gedeeltelijk verbod op reclame voor ongezonde voeding. Kamerlid Lotte Peeters en Vlaams Parlementslid An Hermans plaatsen grote vraagtekens bij die voorstellen.

read more..

Seule liste guérandaise à afficher une ambition bretonne dans son programme, la liste menée par le maire sortant Nicolas Criaud confiera une délégation aux enjeux bretons à Florence Pénot-Martineau, colistière (6ème) et membre du PB.

read more..

L’Union Démocratique Bretonne tient à exprimer son soutien à l’ensemble des élues et élus qui ont été victimes d’actes ou de propos racistes, notamment à l’occasion de l’installation des nouveaux conseils municipaux. Face à ces dérives inacceptables, l’UDB exprime une conviction forte : il est contreproductif d’opposer une « ancienne France » et une « nouvelle France ». Cette vision binaire est non seulement erronée, mais dangereuse, car elle alimente les divisions au lieu de construire un avenir commun.

read more..

Wer die Wahrheit nicht hören will, der muss sie mit großen Worten bekämpfen. Es geht aber um unsere Heimat Südtirol, deshalb können wir zu den Vorwürfen der Südtiroler Volkspartei gegen die Aussagen des SHB nicht schweigen, so Roland Lang, Obmann des Südtiroler Heimatbundes. So wie die SVP den Südtirolern vor Jahrzehnten das Bild der weltbesten Autonomie vorgaukelte, spricht sie jetzt bei der Autonomiereform großspurig von der „bedeutendsten Weiterentwicklung unseres Statuts seit Jahrzehnten“.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031