BNG exixe ao Goberno garantir o acceso público ao Castelo de Corbeiroa e colaborar na súa recuperación urxente

Bloque Nacionalista Galego 7-04-2026, 09:26 heritage

Néstor Rego reclama facer cumprir a Lei de Costas, eliminando calquera limitación ilegal e permitindo o libre paso da cidadanía ao Castelo

O BNG urxe a colaboración das diferentes administracións para a restauración, consolidación e posta en valor do Castelo ante o seu estado de deterioro

Néstor Rego

O deputado do BNG, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para demandar o compromiso do Goberno do Estado en relación á conservación e posta en valor do Castelo de Corbeiroa –declarado Ben de Interese Cultural en 1949-, así como das actuacións urxentes para garantir o acceso público a este complexo de ruínas situadas en pleno dominio público marítimo-terrestre entre os termos municipais de Bergondo e Sada.

Os terreos que rodean as ruínas do Castelo son propiedade do Albergue Xuvenil de Gandarío, dependente da Xunta de Galiza, o que está a impedir o acceso libre á zona, vulnerando completamente a normativa de patrimonio cultural galego –que obriga a facer visitas públicas- como a lexislación estatal en materia de costas.

Ante esta situación, Néstor Rego reclama ao Goberno do Estado “actuar con dilixencia para facer cumprir a Lei e garantir o dereito da cidadanía ao uso e desfrute do dominio público marítimo-terrestre”. En opinión do deputado nacionalista, non se pode permitir que se limite o acceso a un ben patrimonial situado nun espazo que, por lei, debe ser de uso libre, público e gratuíto.

“É especialmente grave que non se respecte a servidume de tránsito que debe asegurar unha franxa libre para a circulación peonil ao longo da costa. É unha obriga legal manter esa zona e corresponde ao Goberno do Estado velar polo seu cumprimento porque, se non fixer, estará sendo cómplice” afirma Rego, que demanda pór fin a calquera restrición inxustificada.

Así mesmo, Néstor Rego alerta do preocupante estado de conservación do Castelo de Corbeiroa porque, aínda que recentemente se realizaron traballos de limpeza e acondicionamento do acceso, a organización nacionalista sinala que foron insuficientes. “Falamos dunha estrutura con risco real de derrubamento dalgúns dos muros polo que resulta imprescindíbel unha intervención integral e urxente para evitar a perda definitiva deste patrimonio tan valioso” asevera o deputado nacionalista.

“Non pode haber un abandono do patrimonio por parte da Administración do Estado e menos que esta permita que se estea vulnerando a lei e non garantindo o acceso público. O Goberno do Estado debe implicarse activamente e comprometerse tanto na defensa do acceso como na conservación do ben histórico” sentenza Rego.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-exixe-ao-goberno-garantir-acceso-publico-ao-castelo-corbeiroa-colaborar-sua-recuperacion-urxente/20260406114706042557.html

Related News

Het Vlaams Belang verzette zich gisteren hevig in de Kamer tegen de omzetting van het EU-Migratiepact in nationaal recht."Dit degradeert ons parlement tot uitvoerder van Europese beslissingen die wij niet hebben genomen en niet kunnen terugdraaien", zegt Kamerlid Francesca Van Belleghem."Het is een fundamentele vergissing. Dit pact zal niet zorgen voor minder illegale migratie. Het wil legale migratie juist nog meer faciliteren.”

read more..

Sònia Martínez fa una crida a revisar de manera urgent una carretera on ha augmentat la perillositat en els darrers anys

read more..

El diputat Francesc-Marc Álvaro denuncia que l’abstenció del PSOE és una oportunitat perduda per avançar en veritat, justícia i reparació i retreu la seva manca de compromís al no “mullar-se” davant una qüestió de drets humans

read more..

Insua pediu ao PP “decencia” e non escudarse só no cambio climático porque a situación non é de agora, levan cinco anos “esquecidas”

read more..

„Warum soll sich jemand für den Schuldienst interessieren, wenn er oder sie nur von frustrierenden und negativen Erfahrungen hört? Ohne ein vernünftiges Mentoren-System gräbt sich das Ministerium das Wasser für die eigene Kampagne ab: nämlich die Schulen für motivierte Quereinsteigerinnen und Quereinsteiger attraktiv zu machen.“

read more..

Saleta Chao critica que o PP rexeite reservar fondos no orzamento de 2027 para o Estadio Verónica Boquete mentres destinan millóns a outros concellos

O BNG salienta que esta negativa tan só prexudica ás entidades deportivas de base e a toda veciñanza de Santiago

read more..

Nous nous préparons à célébrer le quatre-vingtième anniversaire du premier Conseil de la Vallée, réuni le 10 janvier 1946 : une date fondatrice, qui marque la naissance de la démocratie et de l’autonomie de la Vallée d’Aoste, au lendemain des ruines morales et matérielles laissées par la guerre et le fascisme.

read more..

PM challenged by Plaid Cymru Westminster Leader over Mandelson’s links to Epstein 

read more..

Zachęcamy wraz z Ośrodkiem Sportu i Rekreacji we Władysławowie do świętowania Dnia Jedności Kaszubów na sportowo.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031