BNG critica o gasto do PP na Xunta en publicidade e merchandising, mentres deixa as mariscadoras sen axudas
Bloque Nacionalista Galego 29-04-2026, 10:46 protest
Insua pediu ao PP “decencia” e non escudarse só no cambio climático porque a situación non é de agora, levan cinco anos “esquecidas”
![]()
O deputado da Costa da Morte, Oscar Insua criticoulle ao Goberno de Rueda que non haxa cartos para axudas ás mariscadoras de Camariñas mentres gasta millóns de euros en enquisas, campañas de publicidade, feiras ou merchandising. Ademais, afeoulle ao PP que se escude no cambio climático para xustificar unha situación que lles leva afectando cinco anos, nos que non puideron acollerse a ningunha axuda durante o período de veda extraordinaria decretado pola Consellería do Mar.
“Pídolles decencia, porque a situación non é de agora, coas choivas, é de hai cinco anos e non se poden acoller a ningún tipo de axudas”, exclamou.
Na iniciativa que defendeu Insua na Comisión de Pesca, o BNG reclamaba a elaboración dun plan específico de rexeneración e recuperación dos bancos marisqueiros en Camariñas, que estivese acompañado dunha liña de axudas específica, complementaria ás do Instituto Social de la Marina (ISM), para as mariscadoras durante todo o período de veda. Argumentou a necesidade de que estas axudas fosen específicas polas diferentes condicións de cotización de cada unha delas. Pero o PP votou en contra.
Insua acusou a Consellería de anunciar liñas de axudas que sempre deixan fóra as mariscadoras de Camariñas. Emprazou a portavoz de pesca do PP no Parlamento e concelleira en Camariñas, Paula Mouzo a “enfundarse no traxe de augas para actualizarse e informarse ben” porque “minte” —asegurou— cando dixo que as mariscadoras se podían acoller ás axudas que a Xunta anunciou no mes de marzo. Responsabilizou así mesmo ao PP de Rueda e de Feijóo de axudar a “afogar a situación desastrosa xa de por si do marisqueo” cuxa “faena acabou de rematar a choiva” este inverno. “Eu non sei que teñen en contra destas mariscadoras” ou é que “non hai cartos”?, preguntou.
Neste punto, o deputado nacionalista fixo referencia a varios contratos que o PP na Xunta destinou a conceptos como a realización da enquisa “Ocupesca”, que en 2023 contou con máis de 70.000 euros e con case 90.000 en 2025. “Enquisa para o marisqueo, nada?”, obxectou, engadindo que “mentres, non hai cartos para comprar semente de ameixa fina nin berberecho”. “Son as esquecidas”.
Ademais, recalcou que, ao longo de 2025, a Xunta destinou 3,2 millóns de euros a elaborar campañas de promoción dos ámbitos competenciais atribuídos á Consellería do Mar durante 2026 e 2027. Advertiu así mesmo que o Goberno de Rueda gastou 173.000 euros en merchandising —discos voadores, gorras, mandís, cadernos, manoplas, panos, parasois, chaveiros...— en novembro de 2025 para promocionar a campaña “Galiza sabe a mar”, e que en xuño de 2025, contratou, por un valor de1.650.000 euros, o desenvolvemento dunha campaña para a promoción de produtos do mar en camións de transporte, e 10 millóns de euros para a organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería domar en distintos certames feirais a realizar nos anos 2026 e 2027.
Tamén afeou que houbese cartos para darlle ao Concello de Ribadeo para facer unhas xornadas sobre o mar “nas que non falan do mar”–Mar por medio–, 9.000 para “facerlle fotos á conselleira”, ou para promocionar os produtos do mar en Singapur. “Para iso hai cartos”, sinalou, reiterando que “é indecente que hoxe non aproben unha liña de axudas específicas para Camariñas”, rematou.
Turull assegura que “l’educació ha de ser una política de país, no de partit” i demana treballar de la mà dels docents per revertir la crisi estructural del sistema
read more..30 gennaio 2026
Buongiorno Amici,
questa è un’edizione speciale della newsletter La Settimana Leghista, eccezionalmente di venerdì e non di domenica mattina, per lanciare la nuova campagna della Lega IO STO COL POLIZIOTTO, per esprimere solidarietà e vicinanza all’agente di Polizia indagato che, durante un controllo antidroga nella periferia di Milano, ha ucciso un nordafricano irregolare e con diversi precedenti che si era avvicinato puntando una pistola – poi risultata a salve – contro gli agenti.
read more..Dal 22 al 26 aprile ci rimettiamo in cammino con la scuola di politica senza poltrone: da Aurisina al confine con la Slovenia, attraversando il Carso, Trieste e Muggia. Non un’aula, ma sentieri e piazze; non lezioni frontali, ma confronto vivo sui temi decisivi del nostro tempo: turismo, ambiente, migrazioni, partecipazione pubblica. Cammineremo insieme a ospiti e testimoni che ci aiuteranno a farci domande scomode e a costruire pensieri nuovi.
read more..El Parlament de Catalunya ha aprovat avui una proposta de resolució defensada pel diputat Ignasi Prat per millorar el servei de les línies RL3 i RL4 de Rodalies de Lleida, amb l’objectiu de reforçar la mobilitat ferroviària a les Terres de Lleida, la Catalunya Central i el Vallès Occidental.
read more..„Wer ständig mehr Integration fordert und beklagt, wo sie angeblich nicht funktioniert hätte, sollte ihre Grundlage nicht kaputt machen.“
Sybilla Nitsch zu TOP 16+19 - Zulassungsstopp für Integrationskurse unverzüglich aufheben, Erhalt der Integrationskurse (Drs. 20/4088, 20/4096)
El Parlament de Catalunya ha constatat que el Govern de la Generalitat no està donant compliment a la proposta de resolució aprovada per la cambra catalana on exigia al Govern l’ampliació a 24 hores, els set dies de la setmana, de la unitat d’ictus de l’Hospital Universitari Joan XXIII de Tarragona, centre de referència per al Camp de Tarragona i les Terres de l’Ebre. La diputada Nieto ha defensat avui al Parlament que l’actual cobertura és insuficient i genera una clara desigualtat territorial en l’accés a tractaments vitals com la trombectomia mecànica.
read more..NC-BC contribuye a la unanimidad de la Cámara sobre Mercosur logrado el
respaldo para evaluar el impacto, compensar a las RUP y blindar el Posei
8 marzo 2026
Buona domenica Amici e buona Giornata internazionale della donna,
benvenuti al quattordicesimo appuntamento settimanale con la newsletter della Lega, per tenervi aggiornati sull’attività del nostro movimento e sui risultati concreti ottenuti grazie al nostro lavoro al Governo, in Parlamento, in Europa e sui territori.
Allarme per l'imbarco di materiale NATO e netta contrarietà alle dichiarazioni di Michelangelo Agrusti sull’utilizzo anche militare del sistema logistico collegato al Porto di Trieste
read more..