BNG eríxese como a única forza política que defende o sector agrogandeiro galego frente á ameaza de Mercosur

Bloque Nacionalista Galego 7-03-2026, 08:26 anti-globalization, politics, social

Néstor Rego e Carme da Silva destacan en Ourense os logros conseguidos polo BNG durante esta lexislatura: aumento das pensións mínimas, impulso á modernización da rede ferroviaria interna ou as históricas bonificacións na AP-53, entre outras

Luís Seara sinala a necesidade de que Ourense conte con representación nacionalista nas Cortes: “é fundamental que o BNG conte con máis forza”

Acto Ourense

O Bloque Nacionalista Galego celebra en Ourense un acto público para dar a coñecer o traballo realizado nas Cortes do Estado e os avances conseguidos pola organización nacionalista en beneficio da sociedade galega. No encontro participa o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, a senadora do BNG, Carme da Silva, e o portavoz municipal do BNG en Ourense, Luis Seara.

Infraestruturas ferroviarias e viarias do século XXI

Pola súa parte, o deputado nacionalista pon en valor o papel decisivo do BNG na defensa dos intereses da Galiza en Madrid e salienta avances concretos en materia de infraestruturas, especialmente no ámbito ferroviario. “O BNG está demostrando que cando ten forza en Madrid, a Galiza avanza e consegue investimentos para mellorar a mobilidade interna do país” destaca Rego.

O deputado lembra que a organización nacionalista conseguiu impulsar actuacións chave como a electrificación e modernización da liña ferroviaria entre Ourense e Lugo, unha demanda histórica que permitirá mellorar os tempos de viaxe e a calidade do servizo. Ademais, subliña o avance no impulso dos servizos ferroviarios de proximidade, dos que xa se adiantou que para a Galiza se contemplan catro liñas e unha liña complementaria de ancho métrico.

Rego tamén incide na necesidade de continuar mellorando as infraestruturas viarias, tal e como está recollido no Acordo de Investidura conseguido, comezando polo arranxo integral da N-120 e a mellora da A-52.

“Conseguimos por primeira vez bonificacións nas peaxes da AP-53 de até 75% para persoas usuarias recorrentes do tramo Ourense-Santiago” salienta Rego.

Impulso de políticas sociais e defensa do sector agrogandeiro galego

Pola súa parte, a senadora Carme da Silva sinala os avances conseguidos polo BNG en materia de políticas sociais e lembra que a suba das pensións mínimas e non contributivas por riba do IPC é un logro da organización nacionalista recollido no Acordo de Investidura e que, no caso de Ourense, perciben este incremento máis de 6.000 persoas.

Da Silva tamén destaca tamén o avance na ampliación dos permisos de paternidade e maternidade até as 20 semanas, unha medida que, malia non estar completamente desenvolvida, xa se sitúa en 19 semanas.

Por outra parte, a senadora nacionalista diferenza o BNG do resto de forzas políticas a respecto do acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur, advertindo do impacto negativo que podería ter para o sector agrogandeiro galego.

“O BNG sempre votou en contra do acordo UE-Mercosur polos graves prexuízos para o sector agrogandeiro galego; o PP di unha cousa aquí ao sector mais cando ten que votar sempre o fai a favor” critica, lembrando que a pasada semana o Partido Popular rexeitou no Senado unha moción do BNG que pedía rexeitar este acordo.

Un BNG con máis forza é un Ourense mellor

Finalmente, o portavoz municipal do BNG en Ourense, Luís Seara, reivindica a necesidade de que Ourense conte con representación nacionalista nas Cortes do Estado. “Ourense non pode seguir no estado de abandono ao que PP e PSOE o teñen sumido durante anos. É fundamental que o BNG conte con máis forza e que Ourense teña representación nacionalista propia nas Cortes para defender con firmeza os intereses da nosa terra” finda.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-erixese-como-unica-forza-politica-que-defende-sector-agrogandeiro-galego-frente-ameaza-mercosur/20260306210341042372.html

Related News

Mebyon Kernow – the Party for Cornwall would like to extend our heartfelt congratulations to our sister party Plaid Cymru for their victory in today’s elections to Senedd Cymru – winning 43 of the 96 seats in the Parliament.

read more..

Het Vlaamse jeugddelinquentierecht krijgt een grondige update. Vlaamse minister van Justitie Demir anticipeert daarmee op de invoering van het nieuwe federale Strafwetboek op 1 september 2026. De hervorming moet vermijden dat ernstige feiten door minderjarigen in de toekomst minder zwaar worden aangepakt.

read more..

Le Parti Breton apporte son soutien à la liste « Unis pour demain » conduite par Claude Annic sur la commune de Pluméliau-Bieuzy. Il sera représenté sur cette liste par son secrétaire de fédération du Morbihan, Pierre-Alexandre Lugué.

read more..

ANDALUCISTAS RECLAMA UN PLAN ANDALUZ DE SEGURIDAD ENERGÉTICA PARA DEJAR DE SER SOLO UNA TIERRA PRODUCTORA
La coalición advierte de que Andalucía lidera el crecimiento renovable en España, pero sigue sin suficiente capacidad de decisión, retorno territorial ni blindaje ante fallos del sistema

read more..

Donald Trump a bel et bien remplacé le droit international par la loi du plus fort. Pour l’UDB, les Européens doivent en tirer les conséquences et accélérer la construction d’une Europe fédérale.
On peut se montrer très critique à l’égard du régime de Maduro car celui-ci a plongé un pays riche de son pétrole dans la misère, forcé un tiers de sa population à l’exil, volé des élections et multiplié les emprisonnements politiques.

read more..

Ernest Page fut une figure centrale de l’histoire politique et culturelle de la Vallée d’Aoste. Fondateur de l’Union Valdôtaine, assesseur de la commune d’Aoste puis assesseur à l’Instruction publique lors du premier Conseil de la Vallée (1946-1948), il fut ensuite sénateur de la République pendant une décennie. Avocat estimé, il obtint son diplôme à l’Université de Turin avec une thèse intitulée « Pour une plus grande autonomie communale » et obtint également l’agrégation pour l’enseignement de la langue française, qu’il défendit avec constance comme élément fondamental de l’identité valdôtaine.

read more..

Néstor Rego defende o sector pesqueiro e as persoas consumidoras e urxe máis inspeccións, mellor trazabilidade e medias contra esta práctica fraudulenta

Denuncia que a fraude provoca perdas millonarias ás familias, favorece a competencia desleal e prexudica gravemente o sector pesqueiro galego

read more..

La presentació al Camp de Tarragona de la campanya Municipis per la Llengua, impulsada per l’Associació de Municipis per la Independència (AMI) va servir per fer una crida a activar el món local en defensa del català. L’acte, que es va celebrar ahir dimecres a l’espai de Ca Xapa, a Valls (Alt Camp), va reunir una seixantena de persones entre alcaldesses i alcaldes del terriotir, el president del Consell Comarcal de l’Alt Camp i representants de la societat civil i entitats sobiranistes.

read more..

Taal is meer dan woorden - het is een stukje van wie we zijn.
De jaarlijkse poëzieweek herinnert ons eraan hoe het Nederlands ons verbindt, ontroert en verbeelding wekt.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031