BNG denuncia que a presión do PP e da Xunta están detrás da cancelación da reunión do comisario Hansen con Pontón
Bloque Nacionalista Galego 4-03-2026, 07:13 anti-globalization, politics, protest, international
Ana Miranda e Ana Pontón
O BNG quere denunciar publicamente un feito que considera de extrema gravidade: a presión do Partido Popular e do goberno de Rueda para cancelar a reunión prevista para este martes en Bruxelas co comisario de Agricultura, Christophe Hansen, encontro que estaba pechado e confirmado desde o pasado 13 de febreiro na sede da Comisión Europea.
Sen embargo, despois de que este pasado domingo o BNG fixera pública en comunicado de prensa esa xuntanza entre a líder nacionalista e o comisario popular, na que tamén ía tomar parte a eurodeputada Ana Miranda, o gabinete de Hansen trasladou nun correo electrónico emitido ás 15.30 dun domingo a cancelación da reunión, alegando un cambio “inesperado” na axenda do titular de Agricultura.
Para o BNG ese cambio inesperado non é outra cousa máis que as presións do Partido Popular e da Xunta, demostra o talente antidemocrático do PP.
“Rueda non pode soportar que se visualice que o BNG faga o que el non fai: defender ao sector agrogandeiro galego ameazado polo acordo da Unión Europea con Mercosur”, destaca a portavoz nacional, “non pode soportar o contraste entre a imaxe dun presidente da Xunta dicindo si bwana ao acordo con Mercosur, mentres o BNG defende diante do comisario de Agricultora os intereses dos nosos gandeiros e gandeiras pedindo con total claridade a retirada dese tratado porque é nefasto para o noso sector, en particular para os produtores e produtoras de carne”.
Pontón explicou que “a produción nos Países do Mercosur faise con estándares ambientais, sanitarios e de benestar animal menos estritos que os que se aplican aos nosos produtores e iso supón vantaxes á hora de competir, porque teñen menos costes o que lles permite abaratar prezos. E nunha Galiza na que predominan explotacións de tamaño medio, unha caída do prezo pode supoñer a diferencia entre viabilidade ou peche”, advirte.
En todo caso, a líder do BNG vai seguir coa súa axenda en Bruxelas para defender os intereses dos galegos e das galegas por moito que lle pese ao Partido Popular, cunha serie de encontros de traballo con eurodeputadxs dos grupos políticos da esquerda, -Bloco de Esquerdas de Portugal, Sinn Feín ou ALE, empezando por cunha reunión coa eurodeputada Saskia Bricmont do Grupo Verdes/ALE, unha das ponentes e voces máis destacadas á hora de promover a impuganación do tratado Mercosur ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ao consideralo contrario aos tratados. Axenda que continuará mañá en Bruxelas, co financiamento e a xestión dos fondos de cohesión como principal asunto para Galiza, nun momento en que se está negociando o Marco Financeiro Plurianual 2028-2034.
Pontón tamén aproveitou a súa primeira xornada no Parlamento Europeo para lamentar o “vergoñento” papel que está xogando a Unión Europea ante o ataque ilegal de Trump-Netayanhu contra Irán, unha acción bélica ilegal que xa custou a vida de centos de persoas e que Bruxelas nin siquera é capaz de condenar.
Plaid Cymru has hit out on Reform UK’s uncosted manifesto pledges which would lead to more than a £1billion black hole in Welsh public finances.
read more..“De invoering van het nieuwe Strafwetboek dreigt voor absolute chaos te zorgen”. Dat zeggen Vlaams Belang-Kamerleden Marijke Dillen en Alexander Van Hoecke, leden van de Kamercommissie Justitie. Zij pleiten voor een uitstel van de invoering ervan, en dienen ter zake ook een wetsvoorstel in.
read more..BOZEN/WANGEN – Mit tiefer Trauer nimmt der Südtiroler Schützenbund Abschied von Schützenhauptmann Franz Winkler, der am 23. April 2026 im Alter von 70 Jahren infolge eines tragischen Unfalls verstorben ist.
read more..Sabaudia-MRS : 3 réunions publiques dans le cadre des élections législatives du 25 janvier et 1er février. Faites passez le message, on a besoin de vous !
read more..Donderdagavond werd de noodzakelijke hervorming van het Grondwettelijk Hof in de Kamer weggestemd. Daarmee houden enkele oppositiepartijen, sommige tegen gemaakte afspraken in, een reeks broodnodige hervormingen tegen die de werking en legitimiteit van het Hof moesten versterken.
read more..Propón unha tarifa eléctrica galega e a creación dunha empresa pública de enerxía para baixar a factura da luz e que os beneficios revertan en Galiza
Empraza ao titular da Xunta a seguir o exemplo do alcalde nacionalista de Muras para poñer a riqueza enerxética do País ao servizo da cidadanía
read more..Durant la seva intervenció, a l’Intergrup del Sàhara del Parlament de Catalunya aquest dijous, el director del CIEMEN Jordi Garrell ha situat el cas del Sàhara Occidental com “un exemple paradigmàtic de descolonització incompleta” i ha denunciat la distància existent entre el reconeixement formal del dret internacional i la seva aplicació efectiva. En aquest sentit, ha recordat que les Nacions Unides continuen considerant el Sàhara Occidental un territori pendent de descolonització i que el poble sahrauí manté reconegut el dret a decidir el seu futur polític.
read more..