Pontón defende en Bruxelas a oposición do BNG ao acordo Mercosur, nefasto para os gandeiros produtores de carne

Bloque Nacionalista Galego 3-03-2026, 20:09 anti-globalization, protest, international

Ana Miranda e Ana Pontón

Ana Miranda e Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, xunto coa eurodeputada Ana Miranda, mantivo na súa primeira xornada en Bruxelas reunións con parlamentarios de diferentes forzas de esquerda e nacionalistas para sumar aliados contra o acordo de Mercosur, que aínda ten que volver ao Parlamento para a súa aprobación definitiva.

“Queremos seguir sumando apoios para frear este acordo comercial que é claramente lesivo cos nosos gandeiros e gandeiras, porque obriga a competir en inferioridade de condicións”, subliña Pontón, quen contrapuxo esta defensa do sector que está facendo o BNG ante as institucións europeas co papel do presidente da Xunta, “que ven dicir si bwana a este tratado escondéndose detrás dunhas salvagardas que son papel mollado, que non van servir para nada porque non están no acordo, -de feito non foron negociadas cos Países do Mercosur-, e porque, ademais, non hai mecanismos reais para facelas efectivas”, explicou a líder do BNG.

Pontón deixa claro que as “salvargadas” coas que se autoxustifica Rueda, “son un engano para calar ós gandeiros e gandeiras que están protestando, e en vez de vir a Bruxelas a defender o acordo Mercosur tiña que vir aquí a defender os produtores e produturas do noso País”.

Entre os contactos parlamentarios, a ponente do Grupo Verdes/ALE responsable de promover a imputación do acordo ante o Tribunal Europeo, Saskia Bricmont; Diana Riva, eurodeputada de ERC, Lynn Boylan e Kathleen Fuchion, eurodeputadas e responsables tamén da negociación do acordo polo Sinn Féin, así como Catarina Martíns, do Bloco de Esquerda de Portugal.

Na segunda xornada en Bruxelas, Pontón manterá unha reunión co vicepresidente da Comisión Raffaele Fitto, comisario responsable de Fondos e de Reformas, nun momento no que se está negociando o orzamento da UE (Marco Financeiro Plurianual) para o período 2028-2034, que inclúe drásticos recortes en fondos comunitarios que son fundamentais para Galiza.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ponton-defende-bruxelas-oposicion-do-bng-ao-acordo-mercosur-nefasto-gandeiros-produtores-carne/20260303205943042354.html


Related News

Golpe pide á titular do Mar que aclare se comparte os plans de Industria para someter os caladoiros galegos á carreira de poxas da eólica mariña

Reclama aplicar o “principio de prudencia” porque fan falta estudios socioeconómicos e a tecnoloxía aínda se atopa nunha fase de aprendizaxe

read more..

CHRISTOPHER RIVAS PROPONE UN GRAN PLAN DE VIVIENDA JOVEN PARA FRENAR LA EMIGRACIÓN ANDALUZA
La Coalición Andalucistas–Pueblo Andaluz denuncia que miles de jóvenes “no pueden independizarse ni construir su futuro en Andalucía”

read more..

Néstor Rego urxe o executivo a ceder as vivendas de forma gratuíta para que a Xunta de Galiza asuma a súa xestión e as incorpore a vivenda pública

Maite Rodríguez defende que esta medida contribuiría a frear o despoboamento, facilitaría a emancipación da mocidade e permitiría o asentamento de novas familias

read more..

Els ajuntaments de les Terres de Ponent estan cridats a tenir un paper clau en la defensa i la promoció del català. Aquest va ser el missatge central de la presentació de la campanya Municipis per la Llengua, impulsada per l’Associació de Municipis per la Independència (AMI), que dijous al vespre es va celebrar a l’Espai Cívic d’Agramunt (l’Urgell).

read more..

Campos afirma que Canarias necesita una estrategia integral y valiente
basada en vivienda pública, mejores salarios, defensa del REF y
diversificación “real”

read more..

Ana Miranda visitou a comarca do Eume, onde avanzou a presentación de iniciativas no Parlamento Europe

read more..

Milers de persones s’han manifestat aquest dissabte al migdia a Barcelona per dir prou al col·lapse de Rodalies i per reivindicar la independència com a única via per garantir uns serveis bàsics de qualitat a la ciutadania. La manifestació, convocada per l’Assemblea Nacional Catalana i el Consell de la República, ha denunciat l’espoli fiscal que pateix Catalunya i la discriminació premeditada perpetrada per l’Estat espanyol. La marxa ha començat a les 12 del migdia des del monument a Rafael Casanova i ha recorregut els carrers de la capital catalana encapçalada per una pancarta amb el lema de la manifestació: “PROU! Única via: Independència!”.

read more..

CARMEN VIGO SERÁ LA CANDIDATA DE LA COALICIÓN ANDALUCISTAS POR LA PROVINCIA MÁLAGA
La coalición sitúa al frente de su candidatura a una profesional del ámbito público con experiencia en turismo, territorio y gestión para defender una provincia que no puede vivir solo de su escaparate

read more..

The leader of Wales’s pro-independence party – which could top the poll for the first time in its history – has cast May’s election as a stark, binary choice. Greens, Labour and the Conservatives, however, have yet to say their final word

read more..
Calendar
«July 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031