BNG reclama ao Goberno do Estado paralizar a eólica mariña na Galiza
Bloque Nacionalista Galego 13-02-2026, 14:43
![]()
O Bloque Nacionalista Galego reclama nas Cortes do Estado ao Goberno do Estado frear o despregamento da eólica mariña na costa da Galiza e paralizar o inicio das poxas previstas polo Goberno do Estado mentres non existan informes científicos e socioeconómicos completos que avalen a súa viabilidade e a ausencia de impacto, tanto nos ecosistemas mariños como para a sector pesqueiro galego.
Para o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, resulta “irresponsábel acelerar a implantación da eólica mariña na Galiza cando nin sequera existen estudos rigorosos sobre o seu impacto real na pesca, no marisqueo e nos ecosistemas mariños”. Rego critica tamén a postura da Xunta da Galiza, que agora reclama que o país sexa dos primeiros territorios onde comecen as poxas, malia ter recoñecido previamente a ausencia de consenso e de garantías suficientes.
O BNG lembra que a Galiza é a primeira potencia pesqueira do Estado e unha das máis importantes da Unión Europea, cun sector que, xunto co marisqueo e a actividade mexilloeira, representa arredor de 5% do PIB galego e constitúe un piar básico da economía dos concellos costeiros, da soberanía alimentar e da fixación de poboación.
A formación nacionalista subliña que o documento dos POEM de segundo ciclo volve evidenciar a falta de estudos específicos sobre pesca e marisqueo, non avalía o valor social e económico do sector nin menciona os caladoiros históricos afectados polas zonas NOR 1, 2, 3, 4 e 5. Ademais, critica que se propoña unha Declaración Inicial Estratéxica única para as cinco demarcacións mariñas, sen ter en conta as claras diferenzas xeolóxicas, climatolóxicas, oceanográficas e biolóxicas entre as distintas costas.
Rego advirte de que o Real Decreto 962/2024, que regula a produción de enerxía renovábel no mar e prevé o procedemento de concorrencia competitiva para outorgar réxime económico, reserva de capacidade e prioridade na concesión do dominio público marítimo-terrestre, trámite que inicia agora a regulación e que “é un paso máis na aceleración dun modelo que favorece ao oligopolio eléctrico e deixa nun segundo plano os intereses do pobo galego”.
“O que está en xogo non é só un modelo enerxético, senón o futuro do noso mar, do noso sector pesqueiro e da biodiversidade mariña. Non se pode avanzar vulnerando o principio de precaución e pondo en risco a sustentabilidade ambiental e económica” afirma.
Ante esta situación, o Bloque Nacionalista Galego reclama desbotar a extensión de novas zonas para o despregamento da eólica mariña na Galiza e frear o inicio das poxas previstas, así como paralizar o despregamento da eólica mariña mediante a modificación dos Plans de Ordenación dos Espazos Marítimos de segundo ciclo e suspender o seu desenvolvemento. “O Goberno debe apoiar expresamente as reivindicacións da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños” engade Rego.
Aproveita o Congreso do Partido dos Trabalhadores para ratificar a posición do Bloque na defensa do multilateralismo para a resolución de conflitos
“Compartimos unha visión do mundo máis xusta, humana e democrática e fortalecemos lazos para seguir situados do lado correcto da historia”, alega
read more..Góðu tjóðveldisfólk
Takk!
Eg vil allar fyrst siga tykkum øllum hjartaliga takk fyri, at tit eru so mikið upptikin av tjóðskaparmálinum, at tit eru her í Salti í dag til floksting hjá Tjóðveldisflokkinum.
Eg vil eisini sera fegin takka fyri arbeiðið, sum tit hvønn dag gera til frama fyri føroysku tjóðina.
read more..In het Vlaams Parlement gaf Vlaams Parlementslid Dries Devillé(Vlaams Belang) forse kritiek op de goedkeuring van de nieuwe koolstoftaks door de Vlaamse meerderheidspartijen en Groen.“Deze nieuwe taks zal de energiefactuur van een doorsnee huishouden tot 650 euro per jaar duurder maken”, klaagt Devillé aan.“Nochtans beloofden de partijen die deze waanzin goedkeurden voor de verkiezingen om energie niet verder te belasten. Dit is dus ronduit kiezersbedrog.”
read more..El món local està cridat a liderar la defensa i la promoció del català. Aquest va ser el missatge central de la presentació de la campanya Municipis per la Llengua, impulsada per l’Associació de Municipis per la Independència (AMI), que aquest dimarts al vespre es va celebrar a l’equipament d’El Modern de Girona. Durant l’acte es va posar de manifest la necessitat que els ajuntaments esdevinguin motor lingüístic davant el retrocés de l’ús social del català.
read more..Byddai Arweinydd Plaid Cymru, Rhun ap Iorwerth AS, yn “ailosod y berthynas rhwng Cymru a San Steffan” pe bai’n cael ei ethol yn Brif Weinidog ym mis Mai, bydd yn dweud wrth gynulleidfa yn yr Institute for Government yn Llundain ddydd Llun.
read more..Brusselse begroting: Brusselse Regering tracht parlementaire controle te omzeilen, N-VA eist uitstel
“Dirk De Smedt (Anders) neemt een loopje met de democratische spelregels: de parlementaire termijnen worden niet gerespecteerd en het is, voor zowel het parlement als het Rekenhof, onmogelijk om ons werk correct te doen.” Brussels N-VA-fractievoorzitter Gilles Verstraeten wil dat de bespreking van de Brusselse begroting uitgesteld wordt.
read more..El-felagið Sev hevur nú í meira enn 100 ár staðið fyri at veita okkum øllum streym. Veitingarskyldan ger, at vit øll hava rætt at vera íbundin, og øll til sama prís, líka mikið hvar vit búgv í landinum.
El-skipanin er grundsúlan í samfelagnum og forfreyt fyri øllum framburði, og allari vælferð.
read more..Nous nous préparons à célébrer le quatre-vingtième anniversaire du premier Conseil de la Vallée, réuni le 10 janvier 1946 : une date fondatrice, qui marque la naissance de la démocratie et de l’autonomie de la Vallée d’Aoste, au lendemain des ruines morales et matérielles laissées par la guerre et le fascisme.
read more..“Desde CHA trabajamos con honestidad, con 40 años sin corrupción y sin tener jefes en Madrid. Votar a Chunta Aragonesista es votar a favor de las personas, de servicios públicos de calidad, a favor de la vivienda pública, a favor de la igualdad y el feminismo, a favor de los pueblos con vida, votar CHA es votar a favor de Aragón”, ha señalado.
read more..