BNG denuncia a "pasividade" da Xunta ante as "usuras" das aseguradoras co taxi e a "desregularización" das VTC
Bloque Nacionalista Galego 14-02-2026, 00:31
![]()
O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Paulo Ríos, criticou a xestión do Goberno do PP na Xunta en materia de transporte, denunciando a súa "pasividade" ante dous problemas clave que afectan o sector: a suba "abusiva" dos seguros do taxi e a "desregulación de facto" das empresas de VTC, que operan, segundo denunciou, "con incumprimentos sistemáticos das súas obrigas legais".
Ríos cualificou de "totalmente insuficiente" a partida de 1M€ implantada pola Xunta para paliar a suba dos seguros do taxi. "Son 240 euros por licenza, pan para hoxe e fame para mañá", lembrando que o incremento das pólizas supón "miles de euros" para os profesionais. O deputado nacionalista alertou especialmente da situación no rural, onde os taxistas "realizan unha función social esencial" que non está remunerada. Ante esta "irresponsabilidade" das aseguradoras, Ríos exixiu á Xunta unha resposta "moito máis contundente" para defender os dereitos dun sector que cualificou de "servizo público".
En paralelo, Ríos puxo o foco na situación das VTC, ás que acusou de competir "en desigualdade" co taxi. "Mentres ao taxi se lle exixe todo, vemos como moitas VTC incumpren a normativa, operando no ámbito urbano cando non lles corresponde ou utilizando pólizas de seguro máis baratas, como as de vehículo sen condutor, o que supón un claro agravio comparativo e un risco", denunciou.
Para o BNG, esta situación evidencia unha "dobre vara de medir" por parte da Xunta, que ten as competencias de inspección e sanción. "A Xunta non está a actuar con dilixencia. Mentres o taxi, que é servizo público, se afoga, permítese que un sector privado opere nunha especie de terra de ninguén, precarizando o servizo e desprazando ao sector público", afirmou Ríos.
"Non pode existir equilibrio entre un sector privado que tenta desprazar a un público mediante incumprimentos e competencia desleal. A Xunta de Galiza debe reforzar o sector público, colaborar na súa modernización, axilidade e accesibilidade para os usuarios e usuarias" salientou.
Finalmente, o deputado nacionalista reclamou á Xunta que "se pronuncie claramente" e abra un "debate profundo" no país sobre o modelo de transporte. "Queremos saber se a Xunta aposta pola liberalización total ou por defender o servizo público. E, sobre todo, queremos saber que vai facer para que as VTC cumpran escrupulosamente a lei e para promocionar e salvagardar os intereses do sector do taxi por riba dos intereses privados", concluíu.
In de HLN-podcast Het Rapport van de Wetstraat reageerde eerste minister Bart De Wever scherp, nu zeven partijen in conclaaf zijn gegaan om een Brusselse Regering te vormen zonder de N-VA. Vooral de houding van Anders – die opeens bereid is om zonder de N-VA aan tafel te gaan, enkel om de PS ter wille te zijn – schiet in het verkeerde keelgat.
read more..El CIEMEN, com entitat integrant d’Unitat Contra el Feixisme i el Racisme, s’afegeix a la convocatòria d’UCFR de la manifestació unitària contra el racisme i el feixisme que té el suport de més de 160 entitats de la societat civil catalana. La mobilització que es realitzarà dissabte 28 de març arrencarà a les 17h de la tarda a Passeig de Gràcia amb Gran Via de Barcelona
read more..Após o derrubamento do talude posterior, Néstor Rego rexistra iniciativas de urxencia para garantir a seguranza da veciñanza
“A seguranza das persoas debe estar por riba de calquera escusa administrativa. O Ministerio e ADIF teñen a obriga de actuar xa” afirma Rosana Prieto
read more..La formació destaca la incorporació de mesures que havia defensat des de l’inici, com el reforç de l’escut social energètic, l’ampliació del bo social i l’impuls a l’autoconsum i a les energies renovables.
read more..El secretari general situa Junts com el partit de les solucions reals davant un govern preocupat només per no molestar Sánchez
read more..Néstor Rego traslada o pesar e a solidariedade do BNG ás vítimas e familiares dos accidentes de Adamuz e Gelida: “non pode acontecer o que ocorreu en Angrois”
“Resulta inaceptábel actuacións como a suspensión dos servizos ferroviarios no Eixo Atlántico sen aviso e sen alternativa de transporte” denuncia Rego ante Sánchez
A organización nacionalista demanda actuacións de mantemento, mellora e modernización da rede ferroviaria
Rego pide a Sánchez “levantar a voz para defender a legalidade internacional e o respecto á soberanía dos pobos” para reclamar o fin do bloqueo en Cuba e unha Palestina e un Sáhara libres
read more..“Rueda escóndese detrás dunhas salvagardas que son papel mollado, un engano para tratar de calar as protestas do sector en Galiza”, advirte
Este mércores segunda xornada na UE, reúnese co vice presidente da Comisión, Raffaele Fitto, e comisario responsable de Fondos e Reformas
read more..ANDALUCISTAS ELIGE A JULIA RODRÍGUEZ PARA ENCABEZAR SU CANDIDATURA POR HUELVA
La coalición que aglutina al andalucismo político apuesta por una profesora y periodista onubense vinculada a la vida social, educativa y cultural de la provincia como cabeza de lista
read more..Olalla Rodil: “Nas concentracións, intentan enganalas dándolles a razón ás nais e aquí na Cámara dánlles coa porta nos fociños”, recriminou
read more..