BNG reclama ao Goberno a reparación urxente do talude da estación de Santo Estevo en Pantón
Bloque Nacionalista Galego 18-02-2026, 10:09
![]()
Deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao Goberno do Estado actuacións inmediatas para solucionar o grave deterioro do talude posterior da Estación de Santo Estevo, no concello de Pantón, que está a pór en risco o único camiño de acceso ás vivendas da parte norte do núcleo da estación, na parroquia de San Xoán de Frontón.
A veciñanza denunciou importantes desprendementos de terra e a caída continuada de auga no noiro situado na parte traseira da estación ferroviaria, sobre o que se apoia a estrada que dá acceso ás casas. As intensas choivas dos últimos meses agravaron a situación, provocando unha fonda fenda na parte superior do muro e numerosos derrubamentos, así como a aparición de saltos de auga que continúan erosionando a ladeira mesmo despois do colapso xa producido.
Ante esta situación, o deputado do BNG reclama ao Ministerio de Transportes e a ADIF que actúen de maneira inmediata. “Estamos ante unha situación de risco evidente que pode derivar no derrubamento total do talude e, con el, na caída do único camiño de acceso ás vivendas. Non se pode agardar a que aconteza unha desgraza para intervir” advirte Rego.
O BNG, ademais, reclama ao Goberno recoñeza formalmente a gravidade dos danos producidos polo derrubamento, a escorrentía de augas e a caída de árbores no entorno da estación, e que se proceda á retirada inmediata da vexetación caída e á reparación dos postes do tendido eléctrico afectados para evitar novos incidentes.
Así mesmo, Néstor Rego demanda que ADIF acometa con urxencia a reparación e suxeición do talude, garantindo a estabilidade do muro posterior e do camiño superior, e que impulse un estudo técnico integral da situación actual co obxectivo de executar un proxecto definitivo que asegure a estabilidade da infraestrutura a longo prazo.
Rosana Prieto lembra que este camiño constitúe o único acceso rodado ao núcleo de vivendas, despois de que se anulasen os pasos a nivel situados ao lado da estación coa instalación de valados metálicos por parte de ADIF. “O Goberno é plenamente consciente de que estamos a falar da única vía de acceso ás casas. Se o derrubamento avanza, a veciñanza quedará completamente illada” denuncia a portavoz municipal do BNG.
O BNG exixe, por tanto, unha inspección técnica inmediata da zona afectada, a clarificación das últimas actuacións de mantemento realizadas no noiro e a posta en marcha sen demora das obras necesarias para garantir a seguranza das persoas e o dereito da veciñanza a contar cun acceso seguro ás súas vivendas.
A deputada Noa Presas reproba o nomeamento de Alfonso Villares como delegado da Xunta en Lugo e critica a “actitude contraria ás vítimas” do PP
read more..INNSBRUCK – Vor wenigen Tagen ist der Freiheitskämpfer, akademische Bildhauer, Maler und Restaurator Claudius Molling im Alter von 92 Jahren verstorben. Am Samstag, den 10. Jänner 2026, fand in der Einsegnungskapelle am Wiltener Friedhof in Innsbruck die Trauerfeier statt, bei der Familie, Freunde und Weggefährten Abschied nahmen.
read more..Davant la decisió judicial de la TSJC que ordena l’execució de la sentència sobre el règim lingüístic a l’escola catalana, el CIEMEN denuncia que aquesta resolució representa un nou episodi de judicialització de la política educativa i lingüística, que vulnera el principi de subsidiarietat democràtica i menysté el consens social i pedagògic construït durant dècades a Catalunya.
read more..Vlaanderen kende vorig jaar het beste werkzaamheidscijfer ooit. Uit nieuwe cijfers van Statbel blijkt dat 77,3 procent van de 20- tot 64-jarigen in 2025 aan de slag was. Een historisch cijfer. “Deze cijfers tonen dat een aanklampend activeringsbeleid werkt”, zegt Vlaams minister van Werk Zuhal Demir.
read more..Imagine a transformed Yorkshire: Hull, York, Leeds, Bradford, Sheffield, Doncaster, and Huddersfield all linked by fast, modern rail, seamlessly connected to Manchester. This isn’t fantasy – it’s a blueprint for a northern economic revival.
read more..Iria Taibo reclama infraestruturas básicas para as mariscadoras, a recuperación das zonas improdutivas e un compromiso real coa vindeira campaña de Nadal
A deputada nacionalista denuncia que “a Xunta leva 22 meses usando a dragaxe como escusa mentres a actividade produtiva está a piques de desaparecer” e reclama “feitos, non máis estudos”
read more..Es ist ein Meilenstein für besseren Gewaltschutz für Frauen in Nordfriesland: Heute hat Sozialministerin Aminata Touré in Husum einen Förderbescheid über rund 670.000 Euro für ein Frauenhaus überreicht. Eine SSW-Initiative aus dem Jahr 2020 trägt damit endlich Früchte.
read more..La coordinadora del Rolde de Feminismos de Chunta Aragonesista (CHA), Teresa Gassió, expresa su “consternación y rabia” ante el asesinato de una niña de tres años en Torrevieja (Alicante), presuntamente a manos de su padre, que posteriormente se ha suicidado, en un caso que se investiga como violencia vicaria.
read more..In het Vlaams Parlement gaf Vlaams Parlementslid Dries Devillé(Vlaams Belang) forse kritiek op de goedkeuring van de nieuwe koolstoftaks door de Vlaamse meerderheidspartijen en Groen.“Deze nieuwe taks zal de energiefactuur van een doorsnee huishouden tot 650 euro per jaar duurder maken”, klaagt Devillé aan.“Nochtans beloofden de partijen die deze waanzin goedkeurden voor de verkiezingen om energie niet verder te belasten. Dit is dus ronduit kiezersbedrog.”
read more..