BNG denuncia a pasividade e o “pasotismo” do Goberno de Rueda ante as graves consecuencias dos temporais
Bloque Nacionalista Galego 17-02-2026, 13:40
![]()
O portavoz de Medio Ambiente do BNG no Parlamento, Luís Bará, denunciou a “pasividade” e o “pasotismo” da Xunta de Rueda á hora de establecer axudas ante as graves consecuencias, non só dos temporais, senón tamén ante o risco ao que se enfronta a costa galega diante duns fenómenos máis permanentes derivados do cambio climático como son a erosión e a subida do nivel do mar.
“Chama poderosamente a atención a pasividade e o pasotismo da Xunta en relación con todos os danos que sofre a nosa costa,” sinalou, acusando o PP de actuar de maneira “irresposable” e “neglixente” por non dar a coñecer, catro anos despois, o convenio acadado coas tres universidades galegas e que tiña como misión estudar o impacto, os danos e os riscos da subida do nivel do mar e da erosión. “Pedímolo no Parlamento polo artigo 9 e a Xunta teno secuestrado”, criticou Bará.
Tamén lle recriminou ao Executivo de Rueda que non levase a cabo ningunha actuación para paliar os efectos do cambio climático requiridas polo Plan Estratéxico nacional para a Protección da Costa Española, do ano 2022. “Moito presumir de que teñen as competencias en materia do litoral pero en realidade a Xunta non actúa naquelas cuestións que son absolutamente fundamentais e centrais”, expresou.
Porén, o deputado subliñou que o Executivo de Rueda si presume de tramitar centos de expedientes pero sen dar un só dato de ningunha concesión nova. “A inmensa maioría son autorizacións de eventos festivos, deportivos ou culturais e tamén de chiringuitos”, puntualizou, recordando que o “grande problema” é que a competencia sobre o litoral, é dicir sobre o dominio público marítimo terrestre e tamén sobre a zona de servidume, segue sendo estatal. Neste sentido, o BNG reclámalle á Xunta que faga unha “xestión responsable das súas competencias no litoral e defendan o intereses público fronte a particulares”.
Bará criticou a actitude da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ante o inicio da tramitación, a semana pasada, do novo Regulamento de Costas do Estado derivado dunha esixencia europea e que será máis protector e conservador. “Puxo o berro no ceo falando de ‘asalto á propiedade privada’ e de ‘tramitación pola porta de atrás’, sen que se coñeza o texto do regulamento”, subliñou, engadindo que “é para nota” que o Goberno galego que “tramita pola porta de atrás, sen participación, sen información e sen debate público”, fale nestes termos. Bará asegurou que a conselleira se comporta así como unha chamou “indocumentada” por descoñecer (ou, do contrario, actuar “de mala fe”) que, tal e como se fai tamén na Xunta, calquera regulamento require unha consulta previa cos axentes e colectivos para que se poidan facer alegacións. “Cando saia publicado o regulamento de Costas, será o momento de presentar alegacións”, incidiu.
Tamén cualificou a titular de Medio Ambiente de “terraplanista” porque nas súas declaracións, “como vén sendo habitual”, ignora o que é un gravísimo problema que ten a nosa costa: as consecuencias do cambio climático, a erosión costeira e a subida do nivel do mar. Acusouna, iso si, de defender “a capa e a espada” a “ocupación permanente da costa” por parte de numerosas instalacións e construcións que “non deben estar no litoral e que se debería planificar o seu traslado”, en clara alusión a Ence. Para o deputado nacionalista, a pasteira “xustifica todos os movementos da Xunta”, lembrando a información favorable do Goberno do PP á fábrica malia que o Plan do Litoral prevía a liberación dese espazo.
Bará esixiulle, tanto á consellería de Medio Ambiente como á do Mar que “deixen de liar o palangre” e que “se poñan a traballar, aprobando axudas para todos os sectores relacionados co mar que están a sufrir as consecuencias, tanto dos temporais, como pola erosión e a subida do nivel das augas, e cumprindo coa súa responsabilidade de aprobar medidas e programas destinados a prever e combater a suba do nivel do mar.
Tamén lle reclama ao Goberno galego que se poña do lado do sector pesqueiro e marisqueiro, ameazados pola convocatoria dos proxectos da eólica mariña. Neste sentido, a preguntas dos xornalistas, Bará, pediu seguir o principio de cautela e prudencia ata ter estudos que avalíen os riscos derivados da súa instalación, tanto no sector pesqueiro como na biodiversidade. “Pensamos que non se deben isntalar estes parques eólicos mariños, en cambio, estamos vendo con gran preoocupación que a Xunta quere que se instale con prioridade e con urxencia”.
“A quen lles interesan esta ocupación do noso mar non é nin a Galiza nin ao sector pesqueiro, senón ás grandes empresas enerxéticas que se queren enriquecer a costa dos nosos recursos”, rematou.
![]()
Xa existe un gran pacto polo idioma, destaca, o Plan de Normalización Lingüística que establece un 50% de ensino en lingua galega
“De que imposición fala? Sen igualdade non hai liberdade, pero onde está o 50% do galego?”, interpela
read more..ANDALUCISTAS SUSPENDE SUS ACTOS FÍSICOS DE CAMPAÑA EN SEÑAL DE LUTO POR LOS GUARDIAS CIVILES FALLECIDOS EN HUELVA
La coalición andalucista traslada sus condolencias a las familias de los agentes fallecidos y reclama más medios y apoyo europeo ante la creciente amenaza del narcotráfico en las costas andaluzas
read more..INZING/FLAURLING – Am Freitag, den 8. Mai, und Samstag, den 9. Mai 2026, fand im Viertel Tirol Mitte das 35. Gesamt-Tiroler Landesjungschützenschießen statt. Austragungsorte waren die Schießstände der Schützenkompanien Inzing und Flaurling. Insgesamt 337 Jungschützen und Jungmarketenderinnen aus allen Landesteilen Tirols reisten mit ihren Betreuern an, um sich im sportlichen Wettkampf zu messen.
read more..Zur angestrebten zeitnahen Übernahme der deutschen Northvolt-Tochter durch das US-Unternehmen Lyten erklärt die wirtschaftspolitische Sprecherin der SSW-Landtagsfraktion, Sybilla Nitsch:
„Die Ausführungen von Wirtschaftsminister Madsen lassen uns mit gemischten Gefühlen zurück. Während das Ministerium erneut eine Aufbruchstimmung beschwört, bleiben die harten Fakten für die Menschen an der Westküste und für die Steuerzahler im ganzen Land weiterhin im Nebel.
El Parlament de Catalunya ha debatut i votat la moció subsegüent a la interpel·lació al Govern sobre la situació de la justícia, impulsada per Junts per Catalunya, amb l’objectiu d’abordar reptes estructurals del sistema judicial com el desplegament de la Llei d’eficiència, la multireincidència, els recursos humans i la garantia dels drets lingüístics. La diputada Ariadna Urroz ha defensat la iniciativa destacant que “aborda qüestions clau com el desplegament de la Llei d’eficiència, la multireincidència, la necessitat de mitjans personals i la situació del català a la justícia”.
read more..El-felagið Sev hevur nú í meira enn 100 ár staðið fyri at veita okkum øllum streym. Veitingarskyldan ger, at vit øll hava rætt at vera íbundin, og øll til sama prís, líka mikið hvar vit búgv í landinum.
El-skipanin er grundsúlan í samfelagnum og forfreyt fyri øllum framburði, og allari vælferð.
read more..Eisini í komandi valskeiði verður Tjóðveldi trygdin fyri, at vit framhaldandi fara at gera íløgur í mentan og list. Vit skulu jú hava nakað at liva fyri.
read more..Ariadna Fernández cualifica de “paripé” a primeira visita en dous anos a conselleira ao Concello “para sacarse unha foto coas palas nun camiño”
A deputada nacionalista lembra que a concentración parcelaria de Val de Camba foi aprobada hai xa 18 anos: “Van finalizar antes das eleccións?”
read more..BOZEN – Mit großem Unverständnis nimmt der Südtiroler Schützenbund die Berichte über das neue staatliche Sicherheitsdekret zur Kenntnis, wonach selbst Taschenmesser mit einer Klinge ab fünf Zentimetern und Feststellmechanismus pauschal verboten sein sollen. Was in Rom offenbar als Sicherheitspolitik verkauft wird, ist in Wahrheit ein weiterer Auswuchs zentralistischen Denkens, das Lebenswirklichkeit, Hausverstand und gewachsene Traditionen missachtet.
read more..