Ana Miranda: “A nosa solidariedade coas vítimas de Adamuz, coas vítimas gregas e que se aprenda para non cometer os mesmos erros que en Angrois”

Bloque Nacionalista Galego 13-03-2026, 16:14 security

A eurodeputada galega lembra que tras o accidente de Santiago o BNG presentou unha denuncia en Bruxelas pola que o Estado español tivo que adaptar máis de 80 normativas de seguridade ferroviaria

Ana Miranda

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, interveu hoxe no debate da Eurocámara sobre “Seguridade do transporte ferroviario na Unión”, no que Miranda trasladou a solidariedade do Bloque tanto as vítimas do accidente de Adamuz como as do accidente de Tempi (Grecia), acontecido hai tres anos e expresa a súa confianza en que non se volvan cometer os mesmos erros que tras o accidente de Angrois.

“A nosa solidariedade coas vítimas de Adamuz, coas vítimas gregas e que se aprenda, que se aprenda de Angrois precisamente para non voltar a cometer os mesmos erros nas investigacións, no apoio ás vítimas e, sobre todo, nas responsabilidades políticas. As que non houbo en Angrois”, manifestou a eurodeputada galega.

Na súa intervención, Miranda denunciou os erros referidos ao accidente acontecido en Santiago de Compostela hai case 13 anos. Nese sinistro non se dirimiron responsabilidades políticas, culpabilizouse só ao maquinista e non se desenvolveu unha investigación independente, tal e como reclamou a Unión Europea.

Porén, si houbo leccións aprendidas tras o accidente de Angrois. Así, a eurodeputada do Bloque lembrou que a denuncia que a propia Miranda presentou en Bruxelas motivou a apertura dun procedemento de infracción contra o Estado español por incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria que tivo como consecuencia a adaptación de máis de 80 normativas en materia de seguridade ferroviaria.

Pregunta á Comisión

Precisamente neste sentido Ana Miranda remitiu recentemente unha pregunta á Comisión Europea na que formula tres cuestións relacionadas coa seguridade ferroviaria ao fío do accidente de Adamuz ocorrido o pasado 18 de xaneiro. Así no documento, que aínda non foi respostado, Miranda pregunta se a Comisión pode verificar se as normas implementadas despois do accidente de Angrois estaban implementadas no momento do accidente de Adamuz. Ademais, a eurodeputada galega tamén pregunta á Comisión se xa abriu unha investigación da Axencia Ferroviaria Europea referida ao accidente de Adamuz ou se vai abrir un novo procedemento de infracción contra España por este tráxico accidente.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-miranda-nosa-solidariedade-coas-vitimas-adamuz-coas-vitimas-gregas-que-aprenda-non-cometer-mesmos-erros-que-angrois/20260312124514042404.html

Related News

Mediante tres preguntas parlamentarias, CHA pide en el Congreso suspender todos los procedimientos de proyectos renovables de Forestalia en los que participó el subdirector general de Evaluación Ambiental Eugenio Domínguez, que se encuentran investigados por la Guardia Civil, así como revisar todos los procedimientos administrativos que han beneficiado a Forestalia para detectar o descartar irregularidades.

read more..

Gervel a ra Strollad Breizh an holl Vretoned da gemer perzh en darvoud « Breizh a live » evit difenn ar brezhoneg, hag a vo e Karaez d’ar Sadorn 6 a viz Gwengolo 2025. Taolioù krenn a vo d’an abardaez, hag un sonadeg ha fest-noz d’an noz gant kalz aktourien eus al leurenn vrezhonek.

Gervel a ra Strollad Breizh da spisaat ar plas a rank kaout ar brezhoneg en hor gevredigezh, un dra n’eo ket kaoz anezhi morse. Lavarout a ra ne vo gwarantet dazont ar brezhoneg nemet ma vo roet ur statud ofisiel hag ur framm stabil dezhi a-benn ar fin. Kelennet a rank bezañ ar yezh en holl skolioù ar vro, met ivez « broudet » er bed micherel hag en dudioù, a-benn dont da vezañ ur « yezh da vevañ » da vat. Ret eo kaout ur sell hollek eus an traoù, evit adc’hounit he flas gant ar yezh, ur sell a oa difennet gant Strollad Breizh e-pad an dilennadegoù rannvroel diwezhañ.

read more..

Néstor Rego Candamil traslada os logros conseguidos polo BNG durante esta lexislatura e o papel decisivo á hora de conseguir melloras para a Galiza

Mari Fernández Sanmartín destaca o traballo incansábel e a capacidade do BNG nas Cortes do Estado: “é fundamental que o BNG conte con máis forza”

read more..

Nei giorni 20 e 21 gennaio, il ciclone Harry si è abbattuto su Calabria, Sardegna e sulle coste della Sicilia orientale, con gravi ripercussioni soprattutto nelle province di Catania e Messina. Mentre il resto del Paese sembrava voltarsi dall’altra parte, alcune strade costiere sono andate distrutte e si registrano gravi danni alle abitazioni colpite dal vento intenso e dalla violenza del mare, con onde che hanno superato i 7 metri di altezza.

read more..

Propón reforzar a sanidade pública porque o problema é que as persoas esperan meses por consultas e probas, retrasando a súa recuperación

“Galiza está á cabeza en accidentes no traballo, para cando un plus para reducir a sinistralidade laboral ou a fraude das horas extra”, interpela

read more..

Danas na Delti obilježavamo Dan pobjede nad fašizmom i Dan Europe – u gradu koji nosi posebno mjesto u antifašističkoj povijesti Europe.

read more..

De geplande hervorming van de persoonsvolgende financiering zorgt voor steeds meer onrust bij personen met een handicap en hun families. In het Vlaams Parlement waarschuwde Vlaams Parlementslid Immanuel De Reuse(Vlaams Belang) dat de Vlaamse regering opnieuw dreigt te sleutelen aan rechten en ondersteuning zonder garanties op voldoende middelen.“Wat vandaag groeit, is enkel de onzekerheid: minder perspectief, minder rechtszekerheid”, stelde De Reuse.

read more..

Els republicans registren unes preguntes i volen que les conselleres d’Interior i Educació compareguin al Parlament

read more..

TRAUNSTEIN – Am Sonntag, den 3. Mai 2026, fand in Traunstein der Patronatstag der Bayerischen Gebirgsschützen statt. Auch der Südtiroler Schützenbund war bei diesem bedeutenden Festtag vertreten: Landeskommandant Christoph Schmid nahm mit einer Abordnung des SSB und der Bundesfahne an den Feierlichkeiten teil.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031