Pontón pide a Rueda que escoite ao colectivo médico e retire o seu plus anti-baixas que pon en risco a saúde dos e das traballadoras

Bloque Nacionalista Galego 4-06-2026, 11:56 social

Propón reforzar a sanidade pública porque o problema é que as persoas esperan meses por consultas e probas, retrasando a súa recuperación

“Galiza está á cabeza en accidentes no traballo, para cando un plus para reducir a sinistralidade laboral ou a fraude das horas extra”, interpela

Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, demanda a Rueda que “se lle queda algo de decencia” escoite os médicos e médicas de familia e retire a proposta de pagarlles un extra ós facultativos que acorten as baixas laborais dos seus pacientes, o “plus anti-baixas”, sintetizou a líder do BNG.

“A resposta a esa ocorrencia xa lla deron os propios profesionais, -colexios médicos, asociación de médicos de familia e sindicatos-, tachando a medida de burda e disparatada que pon en risco a saúde das persoas”, argumentou durante a sesión de control, denunciando que o Partido Popular ve as baixas laborais “non como un dereito a saúde, senón como un gasto, unha perda de cartos e un exceso”.

Por iso, e pese a que Galiza é a segunda CCAA con menos baixas de todo o Estado, o goberno do PP con Rueda á cabeza puxo en marcha unha campaña de “criminalización” contra os e as traballadoras que están de baixa, ós que acusa de defraudadores que fixen estar enfermos. Unha campaña para impoñer un novo recorte, como xa fixo o Partido Popular en pensións, dependencia ou dereitos laborais.

“Co seu plus anti-baixas pretende que a xente vaia traballar enferma e de paso cuestiona a profesionalidade dos médicos e médicas, -denunciou Pontón-, quen se preguntou como é posible que desde o goberno de Rueda se use un incentivo económico que atenta contra o código deontolóxico médico. Quero recordarlle que estamos falando de persoas enfermas, non de paquetes que hai que despachar canto antes”, reprochou a líder nacionalista.

A portavoz nacional contrapuxo a dilixencia do presidente da Xunta para perseguir a quen colle unha baixa laboral, que pasa a ser sospeitoso de fraude, coa súa total despreocupación ante a sinistralidade laboral, na que Galiza está á cabeza, ou a fraude nas horas extra.

“En Galiza morre de media cada semana unha persoa en accidente laboral, para cando un plus anti-sinestralidade, señor Rueda; neste País os traballadores e as traballadoras cada semana fan 122.000 horas extra gratis, que nin son compensadas con descanso nin con salario, para cando un plus anti-fraude horas extra?”, reclamou.

Pontón considera que o verdadeiro problema das baixas está nas listas de espera, na tardanza en conseguir cita co especialista ou para unha consulta clínica o que deteriora a saúde das persoas e as súas posibilidades de recuperación. E isto é consecuencia de 17 anos de recortes e privatizacións do Partido Popular, que mesmo ten provocado o colapso de atención primaria con demoras de até un mes para ir ao centro de saúde.

“O problema é vostede señor Rueda, porque pon en perigo a saúde dos traballadores e das traballadoras que están de baixa, porque os fai esperar durante meses para ser atendidos. Por tanto, en vez de recortar dereitos, recorte as listas de espera e, por unha vez, escoite aos médicos e médicas de familia que lle piden que retire ese plus anti-baixas”.

Neste sentido, Pontón concluíu pedindo a Rueda que “non queira tapar a súa incompetencia e a súa incapacidade política botándolle a culpa á xente por enfermar, porque iso é unha indecencia que os traballadores e as traballadoras deste País non merecen”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ponton-pide-rueda-que-escoite-colectivo-medico-retire-seu-plus-anti-baixas-que-pon-risco-saude-dos-das-traballadoras/20260603124624042924.html

Related News

De federale regering zet vanaf maandag opnieuw militairen in op straat in Brussel en Antwerpen. Wat begint met 90 militairen, zou oplopen tot een inzet waarvoor in totaal 600 militairen nodig zijn om de gevraagde steun aan de politie te verzekeren.“600 militairen is enorm veel. Dat heeft onvermijdelijk een impact op operaties, opleidingen en trainingen”, stelt Kamerlid Annick Ponthier(Vlaams Belang). Onze militairen moeten zich kunnen richten op hun kerntaak, namelijk de externe veiligheid van dit land verzekeren, niet voor een vals veiligheidsgevoel op straat zorgen.”

read more..

Vlaams Parlementslid Stefaan Sintobin was vandaag te gast in De Zevende Dag, met minister van Landbouw en Omgeving Jo Brouns als hoofdgast. Sintobin, sinds 2004 lid van de commissie landbouw, is met Brouns aan zijn zesde cd&v-minister toe. Zowel Brouns als zijn partij kregen de wind van voren van Sintobin.“Het is bijna examenperiode, maar minister Brouns is nu al gebuisd,” stelde Sintobin expliciet.

read more..

Ana Pontón, Luís Bará e Maite Tocino con traballadores de Nestlé

Bará reafirma o apoio do Bloque ás persoas traballadoras afectadas por un ERE “totalmente inxustificado” nunha empresa con beneficios millonarios 

read more..

Scotland’s First Minister and SNP leader John Swinney pays tribute to Jeane Freeman:

"Jeane devoted her life to serving the public, and I am shocked and saddened at her death".

read more..

ANDALUCISTAS INICIA LA CAMPAÑA REIVINDICANDO UNA ANDALUCÍA CON VOZ PROPIA Y SOLUCIONES REALES
La coalición centra su campaña en la utilidad, la cercanía y la experiencia de gestión municipal de un espacio político propio que buscan consolidar

read more..

V pořadí již 19. sněm Moravského zemského hnutí se bude konat 11. dubna 2026 v restauraci Lucerna na ulici Veveří v Brně.

read more..

Le Congrès National thématique de Courmayeur a constitué un moment d’une portée particulière dans le chemin de l’Union Valdôtaine. Par la réforme des Statuts, le Mouvement a voulu accomplir un acte de responsabilité et de fidélité : fidélité à son histoire, à ses racines, à sa vocation autonomiste ;
responsabilité envers l’avenir, les nouvelles générations et les défis qui attendent la Vallée d’Aoste.

read more..

El portaveu del grup parlamentari, Salvador Vergés, ha presentat avui en roda de premsa les conclusions d’un informe jurídic de Junts que certifica la viabilitat de la rescissió del contracte de gestió del servei de RENFE per part de Generalitat de Catalunya. Per això, Vergés ha advertit que si l’operadora continua a Catalunya és perquè, políticament, el PSC ho vol.

read more..

In questi giorni, con l’arrivo in Consiglio regionale della Legge, sta tornando al centro del dibattito politico il tema delle Province e, più in generale, dell’organizzazione degli enti locali. Quali funzioni devono svolgere gli enti di area vasta? Quali criticità ha mostrato il sistema attuale? E quali opportunità potrebbe offrire una sua riforma, anziché un ritorno al passato?

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031