BNG reclama ao Goberno do Estado a reposición inmediata dos servizos ferroviarios entre Santiago e Vilagarcía
Bloque Nacionalista Galego 19-02-2026, 14:58
![]()
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de rexistrar con urxencia nas Cortes do Estado iniciativas para exixir ao Goberno do Estado que rectifique e repoña de inmediato os servizos ferroviarios convencionais entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa, suprimidos desde o pasado 6 de febreiro após os episodios de fortes precipitacións.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cualifica a situación de “inadmisíbel” e demanda explicacións claras ao Executivo central sobre as razóns que motivaron o feche da liña convencional, así como un calendario concreto para a súa reapertura ao tráfico ferroviario.
Segundo denuncia o BNG, a decisión de desviar os trens rexionais pola liña de altas prestacións non resolve as necesidades da veciñanza das estacións intermedias, que ficou sen servizo ferroviario. “Non se pode considerar unha alternativa válida cando se deixa sen tren a centos de persoas que utilizan a diario as paradas da Matanza en Padrón, Pontecesures, Catoira ou Osebe, en Teo, para desprazarse ao traballo ou aos seus centros de estudo” sinala.
Néstor Rego critica tamén a xestión realizada por Renfe, tanto pola falta de información ás persoas usuarias como polas deficiencias do plan alternativo por estrada. “Non existiu unha planificación ordenada nin rigorosa. Hai días nos que o autobús chega tarde, outros nos que directamente se suprime e, nalgúns casos, as persoas usuarias vense obrigadas a recorrer a taxis. Isto é un auténtico pesadelo para quen depende do tren a diario” afirma o deputado nacionalista.
Ademais, o BNG denuncia que durante dous días continuaron vendéndose billetes para un servizo que xa estaba suspendido, obrigando ás persoas viaxeiras a desprazarse até as estacións para atoparse cun tren inexistente. “É unha mostra máis da falta de coordinación e da desatención cara ás persoas usuarias” subliña Rego.
Mantemento e prevención frente ás chuvias
Para o BNG, non é xustificábel que ante previsións meteorolóxicas adversas a única resposta de Renfe e ADIF sexa o feche do tráfico ferroviario. “O que debe facer o Goberno é garantir unha revisión e inspección exhaustiva das vías, taludes e infraestruturas que permita manter a circulación mesmo en condicións de chuvia intensa, evitando desprendementos, caídas de árbores ou acumulacións de auga que poidan supoñer un risco” demanda.
Neste sentido, Néstor Rego exixe que o executivo detalle cando se realizou a última revisión da liña, con que periodicidade se levan a cabo estas inspeccións e cales foron as últimas actuacións de mantemento efectuadas no tramo afectado. “Cun mantemento adecuado e suficiente, non debería existir risco ningún que xustifique a suspensión prolongada do servizo” sostén.
O BNG reclama, en definitiva, a reposición inmediata dos trens convencionais entre Santiago e Vilagarcía, a mellora da atención e información ás persoas usuarias e a posta en marcha dun plan de mantemento rigoroso que evite que situacións semellantes volvan repetirse. “A Galiza non pode seguir sufrindo recortes e decisións arbitrarias nun servizo público esencial como é o ferroviario” conclúe o deputado nacionalista.
"Uiteindelijk willen de meeste ouders hetzelfde: er zijn voor hun kinderen én hun steentje bijdragen aan de samenleving", stelt Vlaams Parlementslid Nadia Sminate op doorbraak.be.
read more..Terwijl de hele politieke wereld de voorbije weken meedraait in het debat tussen de centenindex van de regering en het alternatief van de Groep van Tien, stelt het Vlaams Belang de fundamentele vraag die niemand durft te stellen: waarom moet de automatische indexering überhaupt worden aangepakt?"Beide voorstellen morrelen aan een systeem dat werkt en treffen de gewone burger in de portemonnee", zegt Kamerlid Kurt Moons(Vlaams Belang).
read more..Het Vlaams Belang diende vandaag in het Brussels Parlement een voorstel van resolutie in om de transitparking Herrmann-Debroux in Oudergem uit de lage emissiezone(LEZ) te halen. Op die manier zou de randparking toegankelijk kunnen blijven voor alle voertuigen.“Je kan automobilisten niet vragen om hun vervuilende wagen achter te laten en over te stappen op het openbaar vervoer, om hen vervolgens ook nog te weren uit de randparkings”, zegt Bob De Brabandere, fractieleider van het Vlaams Belang in het Brussels Parlement.“De meeste randparkings liggen intussen buiten de LEZ, maar in het zuidoosten van het gewest moeten mensen het maar uitzoeken. Dat is absurd en maakt het pendelaars nodeloos moeilijk.”
read more..Volgens nieuwe berichtgeving vandaag blijken in België al zeker 93 spermadonoren vaker te zijn gebruikt dan wettelijk is toegelaten.“Bijzonder verontrustend,” reageert Kamerlid Katleen Bury.“Minstens even bedenkelijk is dat bevoegd minister Frank Vandenbroucke(Vooruit) ondertussen moest bekennen dat cruciale gegevens over fertiliteitsincidenten niet op een gestructureerde of gecentraliseerde manier beschikbaar zijn”.
read more..Eind 2024 had de overheid een recordbedrag van 23,5 miljoen euro aan inbeslaggenomen cryptomunten in handen. Toch kon er in 2024 minder dan 3 miljoen euro aan cryptomunten geveild worden en zo naar de schatkist vloeien. Tussen 2021 en 2023 werd er bovendien geen enkele veiling georganiseerd. Dat blijkt uit informatie die federaal parlementslid Alexander Van Hoecke(Vlaams Belang) opvroeg.“Het gaat om miljoenen uit criminele activiteiten die niet naar de schatkist vloeien, en dat terwijl een veelvoud daarvan zelfs nooit inbeslaggenomen wordt.” Het Vlaams Belang vraagt om een actieplan.
read more..El grup parlamentari de Junts registrarà una proposició de llei per lectura única per modificar el Decret llei 5/2026 que va aprovar ahir dijous el Parlament, de mesures urgents en matèria de transport públic interurbà de viatgers per carretera, amb l’objectiu d’assegurar el coneixement del català entre el personal del servei. La iniciativa plantejarà modificar la normativa per incorporar explícitament que el personal del servei tingui com a requisit necessari els mínims coneixements de català, fixats en un nivell B1, en el marc de la renovació de la flota i l’increment de l’oferta de serveis.
read more..El portaveu alerta que el Govern “va tard i malament” perquè és “dependent, incompetent i inestable”
read more..Vandaag organiseerde onze Antwerpse provinciale afdeling een eerste 'open vergadering' in Mechelen-Battel. Tijdens deze bijeenkomst gaf nationaal bestuurslid Benjamin Ariën een heldere uiteenzetting over het belang en de rol van de Vlaamse Volksbeweging. Hij lichtte toe hoe onze organisatie zich inzet voor Vlaanderen en hoe lokale afdelingen daarin een belangrijke schakel vormen.
read more..La situació a Rodalies és inadmissible, no es pot anunciar el restabliment del servei i que això no passi
Els accidents provocats per causes naturals són incontrolables, però la no inversió i la deixadesa de l’Estat en el servei de Rodalies a Catalunya és el que fa que tot el servei s’aturi per por, desconfiança i incapacitat de garantir-ne la seguretat.
read more..