BNG exixe un plan urxente de axudas ás familias, PEMES e explotacións agrarias afectadas polos temporais
Iago Tabarés denuncia que o goberno do PP na Xunta aínda non activou medidas propias malia a declaración de zona catastrófica en toda Galiza
A iniciativa nacionalista reclama un programa extraordinario que cubra os danos non atendidos por seguros nin por outras administracións