BNG exixe actuacións urxentes ante as deficiencias no despregamento da fibra óptica en Lugo

Bloque Nacionalista Galego 30-04-2026, 11:26 social, development

Néstor Rego Candamil reclama unha intervención decidida do Ministerio para pór fin á discriminación que sofre o rural galego

O deputado do BNG sinala as eivas actuais do despregamento da fibra óptica e urxe, no concreto, a solucionar a falta de conexión das comarcas lucenses

Néstor Rego

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denuncia as importantes carencias no despregamento da fibra óptica nas comarcas de Lugo, unha situación que está a deixar millares de fogares sen acceso a unha conexión de internet de calidade e agravando a fenda dixital, especialmente no rural. Ante esta situación, Rego exixe ao Goberno actuacións urxentes que permitan solucionar estas deficiencias e garantir a conexión da cidadanía.

Segundo os datos do Informe de Cobertura de Banda Larga de 2023, apenas 63,01% das vivendas de Lugo contan cunha conexión de polo menos 100 megas, situándose entre os territorios con peor acceso do Estado. En termos absolutos, estímase que 28.429 fogares dos 137.472 existentes non dispoñen de fibra óptica.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego Candamil, denuncia que “esta situación é absolutamente inaceptábel e evidencia o fracaso das políticas do Goberno en materia de conectividade no rural galego”. Ademais, subliña que “non só non se está a avanzar, senón que en moitos casos se está a retroceder, deixando sen servizo vivendas que antes contaban con ADSL tras a retirada do cobre”.

Néstor Rego alerta de casos especialmente graves como o do concello de Cervantes, onde apenas 11,03% dos fogares teñen acceso á fibra óptica. A esta situación súmanse outros concellos como Ribeira de Piquín, Folgoso do Courel, Negueira de Muñiz ou Muras, todos eles con porcentaxes inferiores a 20%. “Así non hai posibilidade de fixar poboación nin de desenvolver proxectos de vida dignos no rural” afirma.

A formación nacionalista tamén denuncia que os problemas de conectividade non se limitan ás zonas máis illadas, senón que afectan mesmo áreas próximas á cidade de Lugo, como o paseo fluvial ou a parroquia de Galegos, onde a veciñanza continúa sen acceso á fibra.

Outro dos aspectos que critica o BNG é a falta de resposta das compañías de telecomunicacións, ás que acusa de ofrecer unha atención neglixente ás persoas usuarias. “Hai unha absoluta indefensión da veciñanza, que non recibe solucións nin das empresas nin da Administración”, sinala o deputado.

Neste sentido, o BNG considera que o Goberno non pode seguir escudándose no Programa ÚNICO-Banda Larga, xa que o seu desenvolvemento no rural está a ser claramente insuficiente. “As empresas están a incumprir os compromisos adquiridos a pesar de recibir subvencións públicas, deixando fóra do despregamento as zonas menos rendíbeis” denuncia Rego.

Ante esta situación, o BNG exixe ao Goberno do Estado que recoñeza a gravidade dos datos de cobertura en Lugo e adopte medidas urxentes para revertelos, actuando tamén para garantir que ningún fogar quede sen acceso á fibra óptica, especialmente no rural.

“O Goberno debe supervisar e controlar o cumprimento das obrigas das empresas beneficiarias de fondos públicos, chegando a impulsar inspeccións e, se for o caso, sancionar as compañías que incumpran os compromisos adquiridos” demanda Rego. Por último, insta a desenvolver unha estratexia efectiva para garantir a igualdade no acceso a internet de calidade en todo o territorio galego.

“O acceso a internet de calidade non é un luxo, é un dereito básico e unha condición imprescindíbel para o desenvolvemento económico, social e demográfico do país” conclúe Néstor Rego, quen tamén reclama unha intervención decidida do Ministerio para pór fin á discriminación que sofre o rural galego.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-exixe-actuacions-urxentes-deficiencias-despregamento-da-fibra-optica-lugo/20260429130548042701.html

Related News

A deputada Iria Carreira denuncia unha taxa de vacantes do 32% nos PSX e unha xestión “caótica” por parte da Xunta, con cambios sen planificación nin formación previa

read more..

Jorge Pueyo, presidente de CHA: “Compartimos la necesidad de impulsar la ‘Vía aragonesa’, como herramienta para construir un Aragón abierto, plural, con empleo de calidad y bienestar para todas las personas que vivimos y trabajamos en nuestro país”. David Lázaro, secretario general de OSTA: “Coincidimos en que nuestras condiciones laborales se deben negociar en Aragón, además del compromiso con Aragón y sus gentes, la lucha para conseguir empleo de calidad, una mayor Justicia social y un mejor reparto de la riqueza”.

read more..

Zur heutigen Landespressekonferenz mit LIDA-SH/zebra e.V. zu antisemitischen Vorfällen in Schleswig-Holstein erklärt die innen- und rechtspolitische Sprecherin der SSW-Landtagsfraktion, Sybilla Nitsch:

„Die leicht rückläufigen Zahlen dürfen niemanden in falscher Sicherheit wiegen. Die eigentliche Alarmmeldung dieser Pressekonferenz war eine andere: Immer mehr jüdische Menschen verlieren das Vertrauen, dass Staat und Gesellschaft sie ausreichend schützen. Viele ziehen sich zurück. Viele verzichten inzwischen darauf, sich offen als jüdisch zu erkennen zu geben. Selbst Synagogen werden nicht mehr uneingeschränkt als sichere Orte wahrgenommen. Das ist erschütternd.

read more..

“When given the opportunity to stand up for Wales, they’ll save Starmer’s blushes every time” says Llyr Grufydd MS

read more..

Carme da Silva Méndez insta o Ministerio a “abandonar a inacción e atender dunha vez por todas unha demanda histórica da veciñanza de Cerdedo Cotobade

A organización nacionalista rexistra iniciativas nas Cortes do Estado para demandar o compromiso real do Goberno e levar a cabo un plan integral con actuacións concretas

read more..

El diputado Yoné Caraballo denuncia una “trama” por parte de CC que
esconde un modelo de privatización sociosanitaria que utiliza el Insular
como excusa

read more..

Abrimos un proceso de reflexión y reorganización interna tras las elecciones andaluzas

Tras las elecciones andaluzas, Andalucía Por Sí – Andalucistas pone en marcha un proceso de reflexión, análisis y reorganización política con el objetivo de evaluar la situación actual del proyecto andalucista y preparar con seriedad el próximo ciclo político y municipal.

read more..

El portaveu adverteix el ministre que “el catalanisme sobiranista ja ha complert i ara és l’Estat espanyol, que presumeix de ser tant rellevant a Europa, qui ha de demostrar-ho amb fets”

read more..

Zur Verabschiedung des sogenannten Bau-Turbos im Bauausschuss erklärt der Vorsitzende der SSW-Ratsfraktion Kiel, Ratsherr Marcel Schmidt:

„Der Wohnraummangel ist eines der drängendsten Probleme in Kiel. Zu wenig Wohnungen, lange Planungsverfahren und hohe Baukosten sorgen dafür, dass dringend benötigter Wohnraum nicht schnell genug entsteht. Vor diesem Hintergrund ist es richtig und notwendig, neue Instrumente zu nutzen, um Verfahren zu beschleunigen und den Wohnungsbau voranzubringen. Genau hier setzt der sogenannte Bau-Turbo an, der nun im Bauausschuss beschlossen wurde – ein wichtiger Schritt, um Bewegung in festgefahrene Prozesse zu bringen

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031