BNG reclama a reforma integral da N-541 ao seu paso por Cerdedo Cotobade para garantir a seguranza viaria
Bloque Nacionalista Galego 29-04-2026, 11:24 reform, security
Carme da Silva Méndez insta o Ministerio a “abandonar a inacción e atender dunha vez por todas unha demanda histórica da veciñanza de Cerdedo Cotobade
A organización nacionalista rexistra iniciativas nas Cortes do Estado para demandar o compromiso real do Goberno e levar a cabo un plan integral con actuacións concretas
![]()
A senadora do BNG, Carme da Silva Méndez, demanda ao Goberno do Estado unha actuación integral da estrada N-541 ao seu paso polo termo municipal de Cerdedo Cotobade co obxectivo de poñer fin á elevada sinistralidade que presenta este vial e garantir a seguranza das persoas usuarias. As iniciativas rexístranse após a reunión con representantes do BNG a nivel local e comarcal.
A senadora do BNG, Carme da Silva Méndez, denuncia que “estamos ante unha das estradas máis perigosas do Estado, cun trazado sinuoso, elevado tráfico pesado e múltiples puntos negros que levan anos sen unha solución estrutural”. Neste sentido, lembra que “os accidentes con vítimas mortais, como o sucedido na Noiteboa de 2022 ou o recente atropelo en Calvelo, evidencian a urxencia de actuar con decisión”.
Da Silva critica a falta de compromiso do Goberno do Estado, sinalando que “as actuacións realizadas até o momento son claramente insuficientes e responden a unha política de parches que non resolve os problemas de fondo”. Así mesmo, cualifica de “inadmisíbel” que o Ministerio de Transportes continúe negando a existencia de tramos de concentración de accidentes como xustificación para non acometer melloras de calado.
Unha reforma integral, non parches
A iniciativa do BNG céntrase especialmente na parte resolutiva, instando o Goberno do Estado e, de maneira directa, o Ministerio de Transportes a adoptar medidas concretas e urxentes. “Demandamos ao Goberno que realice unha auditoría integral de seguranza viaria na N-541 ao seu paso por Cerdedo Cotobade, que permita identificar todos os puntos de risco e definir unha actuación global e definitiva” sinala a senadora.
Ademais, o BNG exixe a execución dunha batería de medidas que responden a demandas históricas da veciñanza, entre as que destacan “a reposición integral do asfaltado con materiais antideslizantes e a corrección dos peraltes nas curvas, a implantación de medidas de acougado do tráfico na entrada ao núcleo de Cerdedo e a instalación dunha pasarela peonil en Calvelo, acompañada dun carril de incorporación no punto quilométrico 84 en dirección Ourense, a urbanización da contorna da marquesiña e a creación dunha vía ciclista e peonil até o río Tenorio” enumera.
Paralelamente, Carme da Silva Méndez defende a construción dun paso inferior peonil en Tenorio que conecte o Centro de Saúde coa farmacia e mellora dos accesos a Cutián, en San Xurxo de Sacos, e ao lugar de Cádavo, en Santa María de Sacos.
“É preciso reforzar a iluminación en tramos especialmente perigosos, nomeadamente nas zonas de curvas entre Viascón e A Longa, Barbeitos e Sacos, Sacos e Dorna, e Pedre e Cerdedo, así como adaptar a estrada como travesía nos núcleos de poboación polos que discorre, como Calvelo, Tenorio, Viascón, A Longa, Barbeitos, Dorna e Santa María de Sacos” require a senadora do BNG ao Goberno do Estado.
Por último, a organización nacionalista demanda a posta en funcionamento das luminarias existentes en Santa María de Sacos e a instalación de nova iluminación en puntos especialmente perigosos, como o acceso á Carballeira de San Xusto.
A senadora nacionalista sinala que “non estamos a falar de grandes investimentos, senón de actuacións necesarias e perfectamente asumíbeis que poden salvar vidas”. Por iso, instou o Ministerio a “abandonar a inacción e atender dunha vez por todas unha demanda histórica da veciñanza de Cerdedo Cotobade”.
Izjava predsednice Narodne skupštine Republike Srbije Ane Brnabić da studentski protesti imaju za cilj otcepljenje Vojvodine je najobičniji spin i rezultat je straha zbog činjenice da istraživanja pokazuju da 60% građana Srbije smatra da država ide u pogrešnom smeru, a da više od 60% podržava proteste i blokade fakulteta.
read more..En una conferència al Fòrum Nova Economia, ha reclamat “aturar la voracitat fiscal dels socialistes”
El secretari general ha presentat una bateria de propostes en defensa de la classe mitjana i per “acabar amb l’actual infern fiscal”
read more..Paulo Ríos acusa ao PP de "secuestrar" o desenvolvemento de Cangas e de usar as infraestruturas como "moeda de cambio" electoral
“O PP ten secuestrado o avance de Cangas por puro sectarismo político; actúan coa máxima de ‘canto peor, mellor’” sinalou
read more..El secretari general de Junts alerta que ignorar el català com a criteri d’integració en el procés de regularització d’immigrants “és marginar la llengua”
read more..Cari Amici,
buona domenica e ben ritrovati con l’appuntamento settimanale con “La Settimana Leghista”, la newsletter per tenervi aggiornati sull’attività della Lega a tutti i livelli, al Governo, in Parlamento, in Europa e sui territori.
Questa settimana è iniziata con i risultati delle elezioni amministrative, che hanno visto il centrodestra ottenere ottimi risultati in tutta Italia, a partire dai successi di Venezia e Reggio Calabria. Ancora una volta, chi pronosticava una battuta d’arresto del centrodestra ha dovuto fare i conti con la realtà delle urne.
Grazie a tutti gli elettori che hanno dato fiducia alla Lega e ai suoi candidati. Un ringraziamento particolare ai militanti, agli amministratori e ai candidati che hanno portato il simbolo della Lega sui territori con passione, impegno e coraggio, spesso affrontando campagne elettorali difficili e, in alcuni casi, praticamente contro tutti. Fra i migliori risultati ottenuti spiccano Macerata (12,87%), Chieti (10,95%), Lecco (10,64%) e Reggio Calabria (6,81%), città nelle quali il consenso alla Lega è cresciuto rispetto alle elezioni europee del 2024.
E ora avanti tutta: domenica 7 e lunedì 8 giugno appuntamento con i ballottaggi, per continuare a portare buon governo, concretezza e buonsenso sui territori.
Anche questa settimana la Lega ha continuato a lavorare con determinazione sui temi della sicurezza, del sostegno alle imprese, della difesa del lavoro italiano e della tutela delle famiglie, portando avanti proposte e risultati concreti nell’interesse dei cittadini.
Matteo Salvini
Se vi è piaciuta questa newsletter, potete invitare i vostri amici a iscriversi, per essere sempre più numerosi. È molto semplice: basta compilare il modulo che trovate qui: legaonline.it/newsletter.
read more..Ana Pontón advirte de que as empresas leiteiras anuncian recortes de seis céntimos por litro na renovación dos contratos
O BNG denuncia que Galiza volve ter o prezo máis baixo do Estado a pesar de producir leite da máxima calidade
read more..La jornada sobre vivienda organizada por Chunta Aragonesista tendrá lugar mañana viernes en el salón de actos de la DPH de 18 a 20.30 horas y contará con personas conocedoras de la mayor problemática que vive la sociedad oscense, aragonesa y europea.
read more..It’s hard to believe eighteen months have passed since we last gathered in this hall.
And since then, we’ve made a lot of progress as a party.
But as you heard from Stephen Flynn this morning, I’m only just getting started.
We are on the eve of a crucial election.
I have been out campaigning with you all over Scotland, and here’s what I know and what I have seen.
We are ready.
read more..Munell: “La transició energètica del país només tindrà èxit si la fem junts amb el món local, el sector, i la ciutadania”
El Parlament de Catalunya ha aprovat una moció de Junts que reclama que el Pla Territorial Sectorial d’Energies Renovables (PLATER) es desplegui amb consens real amb els ajuntaments, el sector i la ciutadania, i no d’esquena al territori.
read more..