BNG exixe medidas urxentes para frear a baixada do prezo do leite e poñer fin a "unha inxustiza inaceptable"

Bloque Nacionalista Galego 22-02-2026, 23:11

Cooperativa O Rodo

Ana Pontón advirte de que as empresas leiteiras anuncian recortes de seis céntimos por litro na renovación dos contratos

O BNG denuncia que Galiza volve ter o prezo máis baixo do Estado a pesar de producir leite da máxima calidade

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, acompañada pola eurodeputada Ana Miranda, que pola tarde participará na charla informativa na comarca para explicar ás e aos gandeiros como afectará o tratado de Mercosur á súa actividade e cal é o posicionamento que mantivo o Bloque na defensa do sector, e mais pola deputada pola comarca Ariadna Fernández e responsables da organización no Deza, realizou hoxe unha visita á comarca para coñecer de primeira man a situación do sector lácteo.

A eurodeputada Ana Miranda asegurou que “seguiremos defendendo o noso sector agrograndeiro fronte ao Acordo UE-Mercosur, tan lesivo para o sector cárnico”, e subliñou que, por ese motivo, “nas xornadas que hoxe estamos facendo en Rodeiro e que levaremos por todo o país, estamos explicando verdadeiramente quen é quen e como votaron o PP e o PSOE”, aos que acusou de “estar vendendo o sector”.

A primeira hora da mañá, a comitiva nacionalista estivo na Cooperativa Agraria "O Rodo" e en Gandería Pereirón, onde Pontón agradeceu a Héctor a súa acollida destacando esta explotación como "un exemplo de calidade e bo facer do noso sector, unha das moitas que fan que Galiza produza o 42% do leite fresco de todo o Estado".

Con todo, a líder nacionalista alertou da "inxustiza inaceptable" que sofren as produtoras e produtores galegos. "A pesar desa calidade excepcional, o prezo do leite en Galiza volve estar por debaixo da media. De feito, en 2025 fomos a comunidade co prezo máis baixo de todo o Estado", denunciou. Pontón preguntouse retoricamente por que ocorre isto cando ademais o Estado español consume máis leite do que produce, polo que "non hai saturación do mercado", e criticou duramente a pasividade do goberno de Rueda: "Mentres os gandeiros reciben o peor prezo, a Xunta desenténdese e mira cara outro lado".

A situación pode agravarse nas vindeiras semanas. "A información que nos traslada o sector é que as empresas leiteiras están a comunicar aos gandeiros que a renovación dos contratos a partir de marzo se vai facer á baixa, cun recorte de seis céntimos ou máis por litro. Isto afondaría no prexuízo que soportan as nosas explotacións", alertou Pontón.

Ante esta "emerxencia", o BNG pon sobre a mesa medidas concretas. A primeira é convocar de inmediato á industria e aos produtores nunha mesa para poñer fin a uns prezos que ano tras ano sitúan o leite galego á cola do Estado. A segunda pasa por propoñer unha distribución das axudas que protexa ás pequenas e medianas explotacións, "que son a inmensa maioría e as que fan posible un rural vivo". E a terceira medida é poñer en marcha un plan para mobilizar 100.000 hectáreas de aquí a 2030, co obxectivo de ampliar a superficie das explotacións, aumentar a produción de pastos e forraxes e mellorar as axudas da PAC que reciben.

"Coidar e apoiar ao noso sector leiteiro é fundamental desde todos os puntos de vista: económico, social e ambiental. É unha peza esencial para manter un rural vivo, coidado e con futuro. Non podemos esquecer que o 90% do territorio é rural e acolle ao 40% da poboación. Polo tanto, Galiza non se pode entender sen o rural", concluíu Pontón.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-exixe-medidas-urxentes-frear-baixada-do-prezo-do-leite-poner-fin-inxsutiza-inaceptable/20260221155520042281.html

Related News

Ex-premiers Alexander De Croo(Anders) en Sophie Wilmès(MR) worden wellicht nog dit jaar benoemd tot minister van staat.“Dat is een zogenaamd prestigieuze eretitel voor wie zich - al even zogenaamd -‘bijzonder verdienstelijk’ heeft gemaakt”, zegt fractievoorzitter in de Kamer Barbara Pas(Vlaams Belang).“In dit geval bestaat die verdienste erin dit land verder naar de verdoemenis geholpen te hebben.”

read more..

Les dues formacions ecosobiranistes avancen en una agenda compartida per defensar el dret a l’habitatge, aturar la massificació turística, millorar la connectivitat i un finançament just, tant a les institucions de balears com a Madrid i Europa

read more..

Depuis plusieurs semaines, des prises de parole laissent entendre que l’UDB serait divisée quant à son positionnement pour les élections municipales à Lorient. Ce n’est pas le cas.

read more..

Esquerra Republicana denuncia des del Parlament de Catalunya la situació que alguns catalans i catalanes van viure aquest dijous als Jocs Olímpics de Milà-Cortina quan se’ls van retirar senyeres i estelades, durant la prova d’esprint d’esquí de muntanya. Justament en la competició on el català Oriol Cardona es va emportar la medalla d’or i es va convertir en el primer atleta en ser campió olímpic en aquesta disciplina. 

read more..

Dans chaque grand moment de l’histoire, les femmes ont joué un rôle décisif. Vous avez tenu les foyers, transmis la langue et les traditions, protégé notre patrimoine et porté nos couleurs dans la culture, l’économie, les arts, le sport... Votre engagement, discret ou éclatant, a permis à notre identité de survivre.

read more..

Vandaag vinden in Straatsburg cruciale onderhandelingen plaats over de nieuwe Europese terugkeerwet. Voor de N-VA is de inzet duidelijk: wie geen recht heeft op verblijf, moet de Europese Unie ook effectief verlaten. “Vandaag keert 80% van de mensen zonder verblijfsrecht niet terug. Dat is onaanvaardbaar en ondermijnt het draagvlak voor asiel”, zei minister van Asiel en Migratie Anneleen Van Bossuyt in een gesprek op Radio 1.

read more..

Junts, Sumar, ERC, PNB, EH Bildu, Podem, Compromís i el BNG s’uneixen per crear una comissió d’investació per aclarir si hi ha responsabilitat institucional i reclamar una reparació per a les víctimes

read more..

Si le Grand Est avait le moindre résultat positif ou bilan à défendre, ses porte-paroles n’en seraient pas réduits à l’amalgame à peine déguisé et aux fantasmes envers Unser Land.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031