Ana Pontón propón un plan para loitar contra as horas extra ilegais que supoñen unha fraude de 160 M€ anuais ás traballadoras e aos traballadores
Bloque Nacionalista Galego 22-04-2026, 09:35 social, legislation
Responsabiliza a Rueda da duración das baixas laborais por ter a sanidade pública colapsada e acúsao de criminalizar á clase traballadora
Recorda que Galiza é a segunda comunidade con menos baixas do Estado. Dato AIREF: 24 por cada mil afiliados á Seguridade Social vs as 34 do Estado
Recrimínalle que non actúe fronte a sinistralidade cando Galiza é a cuarta comunidade con máis mortes do Estado, un total de 666 entre 2014 e 2025
![]()
A portavoz nacional, Ana Pontón, propuxo no Parlamento a posta en marcha dun plan de loita contra a fraude nas horas extra ilegais que supoñen unha fraude de 160 millóns de euros cada ano aos traballadores e traballadoras.
“Son 122.000 horas extras gratuítas que cada semana fan os traballadores e as traballadoras deste Pais e que nin cobran con salarios, nin tampouco con días libres” afondou Pontón nunha sesión de control na que afeou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que ignore esta realidade mentres criminaliza á clase traballadora coa súa “infame campaña” sobre as baixas laborais.
A líder nacionalista reprochou ao titular do Executivo que tampouco lle preocupe que Galiza sexa a cuarta comunidade con máis mortes no traballo de todo o Estado, con 666 persoas falecidas entre os anos 2014 e 2025, nin tampouco o custo anual de 60.000 millóns da corrupción, na que, remarcou, “o Partido Popular ocupa un lugar destacadísimo”.
“Pero nin o custe da corrupción, nin a fraude das horas extra, nin tampouco o custo que significa a altísima mortalidade laboral, lle preocupa ao señor Rueda, a súa medida estrela é perseguir por terra, mar e aire aos traballadores e traballadoras de baixa porque, segundo vostedes, son vagos e maleantes que finxen estar enfermos”, reprobou.
Pontón recordou que Galiza é a segunda comunidade de todo o Estado con menos baixas, 24 por cada mil afiliados á Seguridade social, fronte ás 34 do Estado, segundo os datos da AIREF. “A pesar disto, aí está vostede, criminalizando aos traballadores e traballadoras para tapar a súa incompetencia política”, criticou ao titular do Executivo, ao que tamén acusou de que con esta medida tamén está cuestionando a profesionalidade do persoal médico.
Nesta liña, responsabilizou a Rueda da duración das baixas laborais por ter a sanidade pública colapsada. “Temos 21 psicólogos para atender a 400 centros de saúde, pero segundo o gurú Rueda, a culpa de que as baixas duren moito é dos traballadores e traballadoras que finxen depresión”, criticou, para recordar a continuación que as listas de espera en traumatoloxía están disparadas, cun incremento do 76% nos últimos seis anos, mentres “o gurú Rueda vén a dicir que a culpa de que as baixas se prolonguen é dos traballadores e traballadoras que finxen ter lumbalxia”.
A portavoz nacional acusou ao presidente da Xunta de “darlle máis poder ás mutuas que paga a patronal para que decidan cando estás listo para poder darte de alta”, na vez de reforzar a sanidade pública, como defende o BNG.
Neste sentido, instou ao Goberno do PP a actuar no ámbito sanitario para deixar de ter unha atención primaria colapsada ou que se retrasen probas diagnósticas. “A duración das baixas laborais é un problema porque cada día que un traballador ou unha traballadora espera por unha proba, por unha consulta ou por un diagnóstico, é un día máis que empeora a súa saúde e a súa capacidade de recuperación”, afirmou para remarcar que “as baixas son o dereito á saúde”.
“Non utilice isto como unha nova volta de torca para privatizar máis o noso sistema sanitario a través das mutuas que paga a patronal”, reclamou ao titular do Executivo.
Pontón puxo tamén sobre a mesa unha terceira proposta: un plan para mellorar as condicións laborais e de seguridade no traballo “para que Galiza deixe de estar no ranking desa triste estatística de máis accidentes laborais mortais”.
Propostas todas elas coas que o Bloque, alegou, quere protexer os dereitos dos traballadores e das traballadoras e non machacalos como pretende un Rueda cuxa “única obsesión agora” é as baixas laborais, pese a que, reiterou, Galiza é a segunda comunidade con menos baixas de todo o Estado.
A líder nacionalista emprazou ao titular do Executivo a non desviar o debate na súa resposta co caso do exconselleiro do Mar. “Cando queira, onde queira e á hora que queira, falamos sobre o seu lamentable comportamento no caso Villares, pero nada vai evitar que hoxe teña que vir aquí a responder sobre a inmoralidade de perseguir aos traballadores e traballadoras por estar enfermos, que é do que vostede non quere falar”, replicoulle.
Neste punto, acusou aos populares de ser “manipuladores da realidade” ao intentar confundir ao conxunto da cidadanía mesturando termos e recordoulles que “unha cousa é o absentismo e outra o dereito das e dos traballadores a estar enfermos e ter unha baixa”.
“En Madrid temos a Feijóo dicíndonos que se regularizan a inmigrantes que son violadores e aquí temos ao señor Rueda dicíndonos que os galegos e as galegas son vagos e maleantes porque exercen o dereito a coller unha baixa cando están enfermos. Este é o nivelón do Partido Popular”, concluíu.
Terwijl België miljoenen euro’s aan ontwikkelings- en humanitaire projecten financiert op de Westelijke Jordaanoever, wordt diezelfde infrastructuur zonder enige compensatie vernield door het Israëlisch leger en kolonisten. Dat blijkt uit een vraag van Kamerlid Britt Huybrechts(Vlaams Belang).Dergelijk beleid is niet alleen inefficiënt, maar ronduit onverantwoord in tijden van zware begrotingsdruk.“Het is complete waanzin dat wij met belastinggeld projecten financieren in het buitenland die vervolgens zonder enige schadeloosstelling worden vernield.”
read more..Néstor Rego Candamil reclama unha intervención decidida do Ministerio para pór fin á discriminación que sofre o rural galego
O deputado do BNG sinala as eivas actuais do despregamento da fibra óptica e urxe, no concreto, a solucionar a falta de conexión das comarcas lucenses
read more..In een openhartig interview blikt premier Bart De Wever terug op een zwaar jaar. Afgelopen week dwong een zware infectie hem zelfs tot een dag volledige stilte en thuisrust. De premier spaart in dit gesprek met VTM Nieuws-journaliste Hannelore Simoens zijn eigen beleid niet en noemt de huidige btw-hervorming een “stinkende kameel” die dringend terug naar de tekentafel moet. Van zijn gespannen ontmoeting met Donald Trump tot de “spionageroman” rond Euroclear: de premier legt zijn kaarten op tafel.
read more..L’Assemblea Nacional Catalana ha rebut aquest migdia a la plaça Urquinaona la marxa que va sortir de Salses, Catalunya Nord, el dia 11 i que, després de 15 etapes, ha arribat avui a Barcelona. El president de l’ANC, Lluís Llach, ha agraït als integrants de la columna de la Catalunya Nord “la càrrega simbòlica” de la iniciativa: “En un moment de dubtes i renúncies, vosaltres sempre hi sou”.
read more..Zu den aktuellen Diskursen in der Berichterstattung und Äußerungen der Architektenkammer SH zum Bau-Turbo erklärt der Vorsitzende der SSW-Ratsfraktion Kiel, Ratsherr Marcel Schmidt:
„Jahrelang hat sich die Kooperation zu sehr auf die Fördergelder des Landes für den sozialen Wohnungsbau verlassen und dabei die Bildung eigener Ressourcen und Möglichkeiten zum Schaffen von bezahlbarem Wohnraum durch die Stadt vernachlässigt. Nun versucht man mit schnellgestrickten Anträgen zur Senkung von Baustandards und dem Verbiegen des Bau-Turbos Abhilfe zu schaffen. Beide Versuche erweisen sich als untauglich. Die nicht mit der Bau- und Wohnbranche abgesprochenen Änderungen verunsichern Investoren und haben bereits deutliche Kritik von Haus & Grund sowie der Architekten- und Ingenieurkammerkammer Schleswig-Holstein erzeugt.
Unsere Häfen sind keine lokalen Nebenprojekte, sondern strategische Infrastruktur – für Wirtschaft, Energiewende, Tourismus und Sicherheit. Einen Hafeninfrastrukturfonds müssen wir umsetzen statt prüfen.
Des del CIEMEN expressem el nostre més sentit condol per la mort de Blanca Serra i Puig, que ens ha deixat aquest divendres. La seva desaparició representa una gran pèrdua per al conjunt del país i, especialment, per a l’independentisme i els moviments de defensa de la llengua i la cultura catalanes.
read more..Campos afirma que Canarias necesita una estrategia integral y valiente
basada en vivienda pública, mejores salarios, defensa del REF y
diversificación “real”
Via het Vlaamse adoptieplatform adopteereendier.be vonden vorig jaar 20.323 dieren een nieuwe thuis. Dat zijn er gemiddeld 55 per dag. De website, die dieren uit asielen in heel Vlaanderen bundelt, trok in 2025 bovendien voor het eerst meer dan 1 miljoen unieke bezoekers. “Wie goed heeft nagedacht en een dier in huis wil halen, kijkt best eerst op adopteereendier.be”, zegt minister van Dierenwelzijn Ben Weyts. “Daar vind je nog heel veel fantastische dieren die op zoek zijn naar een nieuwe thuis.”
read more..