BNG demanda solucións urxentes ante o colapso na atención presencial dos CAISS na Galiza

Bloque Nacionalista Galego 29-04-2026, 11:25 social

Néstor Rego Candamil reclama ao Goberno a cobertura das prazas vacantes e a ampliación do cadro de persoal, así como eliminar a cita previa obrigatoria

O BNG defende garantir unha atención áxil, digna e de calidade en todas as oficinas da Seguranza Social na Galiza e atender especialmente a situación na Coruña

Néstor Rego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denuncia a grave situación que atravesa a atención presencial nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) na Galiza, cunha especial incidencia na Coruña, onde a cidadanía está a atopar serias dificultades para acceder a servizos básicos e o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao Goberno solucións inmediatas.

As dificultades para conseguir cita nos CAISS non son novas, mais a situación tense agravado até niveis inasumíbeis, impedindo que moitas persoas poidan recibir orientación ou realizar trámites esenciais relacionados coas pensións de xubilación, prestacións por coidado de menores ou adopción, baixas laborais, incapacidade permanente, o Ingreso Mínimo Vital (IMV), ou pensións de viuvez e orfandade, entre outras.

O BNG denuncia que, lonxe de garantir unha atención áxil e eficaz, as oficinas da Seguranza Social na Galiza están a ofrecer un servizo claramente insuficiente. Na Coruña, por exemplo, a situación é especialmente preocupante: “a atención sen cita previa continúa a verse obstaculizada e, no caso de tentar concertala, a cidadanía atópase coa inexistencia de citas dispoñíbeis nas oficinas de referencia”. No mes de abril, de facto, a única oficina con citas era a de Melide, mentres que para o mes de maio xa non hai dispoñibilidade en ningún centro.

“Esta realidade resulta intolerábel, especialmente tendo en conta que moitas das persoas afectadas son maiores, con dificultades de mobilidade ou sen acceso a medios de transporte propios” sinala Rego. O feito de que se vexan obrigadas a desprazarse máis de 70 quilómetros desde comarcas como Bergantiños ou a Costa da Morte até oficinas afastadas e mal comunicadas implica unha vulneración do dereito a unha atención pública digna.

Segundo sinalan organizacións sindicais e de consumidores, a principal causa desta situación é a falta de persoal, agravada polo incremento de expedientes e servizos. Os cadros de persoal actuais son claramente insuficientes para atender a demanda existente.

Neste contexto, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao Goberno do Estado que recoñeza a gravidade da situación e actúe de inmediato. “Debe existir un reforzo inmediato do persoal en todas as oficinas, co obxectivo de garantir unha atención áxil, digna e de calidade, así como adoptar todas as medidas que sexan necesarias para rematar co colapso do servizo” incide Rego. Así mesmo, o deputado sinala a necesidade de que se elimine a obriga de cita previa para a atención presencial na Seguranza Social e no conxunto da Administración Xeral do Estado.

O BNG advirte de que a situación actual implica un deterioro grave dos servizos públicos e unha discriminación para a cidadanía galega, polo que exixe solucións inmediatas e estruturais que garantan o dereito a unha atención pública accesíbel e eficiente.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-demanda-solucions-urxentes-colapso-atencion-presencial-dos-caiss-galiza/20260428104013042693.html

Related News

Tijdens de Ronde van Vlaanderen zetten de Vlaams Belang Jongeren (VBJ) naar jaarlijkse gewoonte de Oude Kwaremont in Vlaamse kleuren. De iconische helling kleurde volop geel en zwart terwijl het peloton passeerde. De actie trok de aandacht van duizenden supporters. "Wij laten deze gelegenheid niet onbenut om onze Vlaamse trots in de kijker te zetten", aldus VBJ-voorzitter Mercina Claesen.

read more..

Svim ženama želimo sretan Dan žena.

Auguriamo a tutte le donne un felice 8 marzo.

read more..

In de Senaat stond een resolutie over borstkanker op de agenda, met bijzondere aandacht voor de rol van milieufactoren. Senator Anke Vermeersch: “Die parlementaire bespreking bevestigt wat steeds meer wetenschappelijke studies aantonen: borstkanker is geen louter individueel of genetisch probleem, maar ook het gevolg van structurele omgevingsrisico’s waarvoor het beleid verantwoordelijkheid draagt”.

read more..

À la suite de la décision rendue par le Tribunal administratif régional le 30 janvier dernier, l’Union Valdôtaine a analysé en détail le jugement ainsi que le dossier électoral disponible. Il en ressort que la décision du Tribunal s’apparente, en substance, à une opération de « sauvetage » en faveur de la liste Alleanza Verdi e Sinistra. Deux bulletins, jugés invalides lors de deux vérifications distinctes par le Bureau électoral régional — composé des magistrats du Tribunal civil d’Aoste — en raison de la présence de signes de reconnaissance de l’électeur, ont ainsi été validés.

read more..

Vlaams minister van Onderwijs en Justitie Zuhal Demir pleit voor een grondige hervorming van de manier waarop we naar leerlingen met specifieke behoeften kijken. In een gesprek in De Ochtend waarschuwt ze voor de wildgroei aan labels in het onderwijs. “Maar we willen geen herhaling van het M-decreet”, zegt ze duidelijk.

read more..

BOZEN – In den vergangenen Wochen wurden in den Schützenkompanien des Südtiroler Schützenbundes die Kommandantschaften neu gewählt. In 32 Kompanien kam es dabei auch zu einem Wechsel des Hauptmannes.

read more..

Vlaams Belang-Kamerlid Werner Somers dient een voorstel in om de Grondwet te herzien en de deelstaten volledige fiscale en financiële autonomie te geven. De partij wil de huidige geldstromen omkeren zodat Vlaanderen zelf zijn belastingen kan innen. 

read more..

Elon Musk will uns zu Cyborgs machen, Ray Kurzweil träumt vom Supermenschen, Nick Bostrom philosophiert über KI‑Herrschaft, Max More propagiert Unsterblichkeit, Mark Zuckerberg bohrt unser Gehirn digital auf, Jeff Bezos will uns ins All katapultieren und Bill Gates experimentiert still mit Biotech: Willkommen im Zeitalter der Tech‑Götter. Und wir finanzieren diese Typen auch noch.

read more..

Vlaams Parlementslid Frédéric Erens(Vlaams Belang) heeft donderdag in de Commissie Mobiliteit en Openbare Werken van het Vlaams Parlement bezwaar aangetekend tegen het ontwerp van decreet dat een CO₂-heffing invoert voor vrachtwagens."Dit gaat niet om het klimaat, dit is een ordinaire belastingverhoging die onze transportsector kapotmaakt en de Vlaamse consument recht in de portemonnee raakt", aldus Erens.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031