BNG reclama ao Goberno actuacións urxentes na N-640 e o impulso decidido da variante da Estrada

Bloque Nacionalista Galego 26-04-2026, 17:20 development

Carme da Silva Méndez urxe un Plan Integral de mellora e rehabilitación da N-640 e sinala que “é o momento de retomar o proxecto da variante da Estrada”

Xoán Reices denuncia o mal estado da N-640 e a pasividade do Ministerio de Transportes: “a solución para garantir a seguranza viaria non é parchear”

O BNG organiza unha caravana simbólica para reclamar ao Goberno o arranxo integral da estrada ao seu paso pola Estrada

Protesta N-640

A senadora do Bloque Nacionalista Galego, Carme da Silva Méndez, e o voceiro do BNG no Concello da Estrada, Xoán Reices, participan nun acto simbólico organizado pola formación nacionalista —unha caravana de protesta— para exixir ao Goberno do Estado asumir con urxencia o compromiso de executar actuacións na estrada N-640, co obxectivo de mellorar a seguranza viaria e cumprir cos compromisos adquiridos en relación á variante da Estrada.

Ademais da senadora e do voceiro, no acto do BNG participaron militantes e simpatizantes, así como a deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Ariadna Fernández González, o responsábel comarcal, Xoán Blanco, e o responsábel local do BNG na Estrada, Carlos Enxamio.

Mellorar a seguranza viaria constitúe unha das principais preocupacións do BNG. Por este motivo, no Acordo de Investidura conseguido pola organización nacionalista incluíuse un plan plurianual con actuacións urxentes na rede viaria galega. Entre as infraestruturas recollidas figura a N-640 na súa totalidade, facendo especial fincapé na necesidade de avanzar na execución da variante da Estrada.

Pola súa parte, o voceiro municipal do BNG enfatiza no descontento da veciñanza coas administracións, no concreto o Ministerio de Transportes, ante a súa pasividade para solucionar os problemas de seguranza viaria na N-640. “Non pode ser que a solución que se nos dea sexa parchear. Temos problemas de seguranza, producíndose moitos accidentes, algúns mortais, e existen moitas cuestións que resolver: o paso da estrada polo centro da vila, no Sol, en Ponte Liñares, etc.” enumera Xoán Reices.

Plan Integral de mellora e rehabilitación

“O actual estado da N-640 ao seu paso pola Estrada presenta un deterioro evidente, con múltiples deficiencias que afectan gravemente á circulación” sinala a senadora nacionalista. Ante esta situación e após a dilación do executivo estatal, o BNG organiza esta caravana de protesta para denunciar que as galegas e os galegos están “fartas e fartos das fochancas nesta estrada e dos incumprimentos pola variante”.

Carme da Silva Méndez demanda ao Goberno do Estado un maior compromiso. Segundo as iniciativas rexistradas pola formación nacionalista, o executivo acorda contemplar actuacións en distintos tramos desta vía, tanto en Lugo como en Pontevedra, a través do Plan Especial de Reparación e Conservación de Estradas do Estado aprobado polo Ministerio de Transportes.

“O BNG reclama ao Ministerio de Transportes a posta en marcha dun Plan Integral de mellora e rehabilitación da N-640 para abordar os problemas derivados da falta de mantemento, reforzar a seguranza viaria, corrixir as deficiencias do firme, adaptar a estrada ás condicións de travesía urbana así como implantar medidas que reduzan a perigosidade” sinala a senadora do BNG.

Impulso da variante da Estrada

Carme da Silva, ademais, entende que “é o momento de retomar de maneira decidida este proxecto estratéxico, dotándoo dos recursos necesarios para garantir a súa execución”. Trátase, afirma a senadora nacionalista, dunha infraestrutura estratéxica para o municipio, xa que permitiría desviar o tráfico, especialmente o pesado, evitando o seu paso polo núcleo urbano e mellorando así a calidade de vida da veciñanza.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-reclama-ao-goberno-actuacions-urxentes-n-640-impulso-decidido-da-variante-da-estrada/20260425151507042684.html



Related News

Donald Trump a bel et bien remplacé le droit international par la loi du plus fort. Pour l’UDB, les Européens doivent en tirer les conséquences et accélérer la construction d’une Europe fédérale.
On peut se montrer très critique à l’égard du régime de Maduro car celui-ci a plongé un pays riche de son pétrole dans la misère, forcé un tiers de sa population à l’exil, volé des élections et multiplié les emprisonnements politiques.

read more..

La Région Grand Est vient de lancer une vaste campagne publicitaire pour promouvoir son action.

Au-delà du montant engagé, cette campagne pose une question simple : quelle est aujourd’hui la priorité de l’action publique ?

read more..

Néstor Rego destaca a influencia do BNG para levar a cabo políticas transformadoras e en beneficio das maiorías sociais, así como o impulso da Axenda Galega

“Se cun único deputado e unha senadora fomos quen de conseguir todo isto, que non seríamos capaces de lograr con máis representación” engade Mosquera

Geno Carballeira subliña o traballo desenvolvido polo BNG para dar resposta ás necesidades reais da veciñanza de Narón: “conseguiu frear as corruptelas da SAREB”


read more..

El regidor d’Esquerra Republicana a Barcelona, Jordi Coronas, ratifica a l’Audiència Nacional la denúncia contra Israel per l’assalt a la flotilla el 2025

read more..

A deputada do BNG denuncia o estado ruinoso dalgúns centros educativos da cidade e os recortes en profesorado, rateos e atención á diversidade*

O PP vota en contra dunha iniciativa que emprazaba á Xunta a atender as reivindicacións presentadas pola Federación Provincial das ANPA

read more..

De Britse Labour-regering van premier Keir Starmer heeft het ETA-visum(Electronic Travel Authorization) van Vlaams Parlementslid Filip Dewinter(Vlaams Belang) ingetrokken, waardoor hij het Verenigd Koninkrijk niet langer kan binnenreizen. Dewinter was uitgenodigd door de Britse activist en journalist Tommy Robinson om zaterdag deel te nemen aan de manifestatie“Unite the West” in Londen, waar volgens de organisatoren honderdduizenden deelnemers worden verwacht voor een protest tegen massa-immigratie en islamisering. Dewinter reageert scherp op de beslissing:“In plaats van een ETA aan te vragen had ik misschien beter met een opblaasbaar bootje vanaf de Belgische kust naar Dover gevaren, mijn paspoort vernietigd en politiek asiel gevraagd. Dan was ik wellicht met open armen ontvangen door Starmer.”

read more..

El diputat acusa l’executiu de Pedro Sánchez de governar “sense majoria i d’esquena al Parlament”

read more..

Junts denuncia que el sistema de beques exclou famílies en risc de pobresa i acusa el ministeri d’imposar un batxillerat aliè a la realitat catalana

read more..

El diputado canarista reclama que el Gobierno de Canarias obligue a la
patronal del transporte sanitario a respetar la categoría profesional y
salarial del colectivo

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031