BNG critica que Rueda mobilice 900 M€ para a industria militar mentres escatima con só 157 M€ no plan de axudas pola guerra
Bloque Nacionalista Galego 3-04-2026, 17:33 social, international
Brais Ruanova considera “unha broma de mal gusto” que o PP só dispoña 6,2 millóns para apoiar aos fogares vulnerables, 17,5 veces menos que Euskadi
Reclama unha “rectificación” e convida aos populares a “copiar” o plan que presentou o Bloque, de 700 millóns, para protexer a familias e empresas
![]()
O portavoz de Economía e Industria do BNG, Brais Ruanova, denuncia as cantidades ridículas que o Goberno de Rueda destina ao plan de axudas para paliar os efectos da guerra en Oriente Próximo, tan só 157 millóns de euros que contrastan, critica, cos 900 millóns de euros que a Xunta quere mobilizar para a industria militar a partir dun investimento de 183 M, tal e como se recolle na Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo 2025-2030.
Ruanova considera “especialmente dramática” a contía que o Executivo do PP contempla no plan para axudar ás familias e ás clases sociais máis vulnerábeis, apenas 6,2 millóns de euros que contrapón os 105 (17 veces máis) que destina a protección social o Goberno de Euskadi dentro do seu paquete de medidas para paliar os efectos do conflito bélico.
“Parece unha broma de mal gusto”, asegura o deputado nacionalista, sinalando que a escasa dotación orzamentaria para protección social no plan da Xunta aínda adquire maior gravidade se se compara cos cinco millóns de euros que o PP pretende inxectar na promoción turística de Galiza como “destino de tranquilidade” a través dese paquete de axudas pola guerra.
O deputado de Economía e Industria do BNG vén de facer unha análise do plan galego, que contrapón aos aprobados, por exemplo, en Euskadi (1.047M€) e Cataluña (400). Análise na que se pon de manifesto, así mesmo, a escasa contía do plan do PP no apoio ás empresas, 62 millóns en préstamos. Fronte a eses 62 M€ de Galiza, Euskadi destina 450 millóns, 7,2 veces máis.
No caso de sectores “tan estratéxicos” na economía galega como o mar e o agro o Goberno de Rueda destina apenas 45 M€, advirte Ruanova, que critica, ademais, a falta de axudas directas ou que, no caso do sector do mar, as subvencións da Xunta sexan exclusivamente para modernización de infraestruturas portuarias, lonxas e cadeas de frío e para proxectos que incrementen o valor engadido do produto.
O mesmo sucede, engade, co sector agrogandeiro, con axudas para “agricultura de precisión” ou “compra de maquinaria” cando un dos grandes problemas que afrontan agora estes sectores é a factura dos combustíbeis e derivados.
“Esixímoslle á Xunta que rectifique e cambie de rumbo”, apunta Rúanova Vilas-Boas, que empraza ao Goberno de Rueda a “copiar” as propostas do plan elaborado polo goberno alternativo do BNG para afrontar as consecuencias da guerra.
Un plan que, detalla, propón mobilizar “como mínimo” 700 millóns de euros e inclúe, entre outras medidas, a posta en marcha dun “escudo social” para “protexer ás persoas” fronte á subida de prezos derivada da escalada bélica. O escudo social do Bloque contempla medidas como duplicar o complemento autonómico para as pensións non contributivas, un bono social de transporte de 30 euros/mes, reforzo extraordinario das prestacións de emerxencia social nos servizos municipais ou garantir a protección fronte aos desafiuzamentos sen alternativa habitacional e limitar, en coordinación co Goberno do Estado, o incremento en alugueiros e hipotecas.
Parches e máis débeda para o futuro
Á protección das empresas con préstamos, o plan do BNG suma liñas de axudas e subvencións directas a fondo perdido -sobre todo para aqueles sectores máis expostos á subida dos combustíbeis-, o levantamento de peaxes das autoestradas da Xunta ou un plan de diversificación e resiliencia produtiva. Ademais, inclúense medidas encamiñadas á autonomía enerxética ou o control de prezos, como extremar o papel da Comisión Galega da Competencia para investigar e sancionar prácticas especulativas ou abusivas.
Colaborar cos concellos e reforzar o seu financiamento para garantir prestación de servizos públicos básicos é outra das propostas que destaca Brais Ruanova, que define o plan do BNG como un “escudo social galego integral” fronte aos “parches e a débeda para o futuro” do PP. “Ante as consecuencias derivadas da guerra, Galiza non pode quedar atrás”, conclúe.
Het Vlaams Belang eist dat familierechtbanken een verbod krijgen om samen te werken met vzw Het Huis zolang er geen grondig onderzoek naar de vzw is gevoerd. De vzw kwam de afgelopen jaren al meermaals in opspraak, maar werd nog steeds niet grondig doorgelicht.“Ik heb de problemen bij Het Huis het afgelopen jaar vijf keer aangekaart in het parlement, maar de minister wou er zich gewoon niks van aantrekken”, zegt Kamerlid Alexander Van Hoecke(Vlaams Belang).“Het is compleet onverantwoord om kwetsbare kinderen naar een vzw te blijven sturen die nog nooit grondig is doorgelicht en waar het ene probleem na het andere naar boven komt.”
read more..El Parlament de Catalunya ha debatut i votat la moció subsegüent a la interpel·lació al Govern sobre la situació de la justícia, impulsada per Junts per Catalunya, amb l’objectiu d’abordar reptes estructurals del sistema judicial com el desplegament de la Llei d’eficiència, la multireincidència, els recursos humans i la garantia dels drets lingüístics. La diputada Ariadna Urroz ha defensat la iniciativa destacant que “aborda qüestions clau com el desplegament de la Llei d’eficiència, la multireincidència, la necessitat de mitjans personals i la situació del català a la justícia”.
read more..El partit presentarà una esmena a la totalitat a la proposta per aconseguir que “els diners dels catalans es quedin a Catalunya”
El vicepresident Toni Castellà ha instat ERC a aprofitar el tràmit al Congrés dels Diputats per reconduir l’acord de finançament cap al concert econòmic. En roda de premsa, Castellà ha fet una apel·lació a l’independentisme a aprofitar “l’escletxa històrica” per reclamar un concert econòmic: “tenim una escletexa històrica per exigir el model de concert i transitar aquest model de cafè per a tothom a un model de concert, històricament reivindicat per Catalunya i que és just i és un deure ètic per la ciutadania de Catalunya”.
![]()
A iniciativa exixe á Xunta, Goberno do Estado e autoridades europeas que actúen con urxencia para protexer as seis persoas galegas que viaxan na misión
read more..Présent en Corse depuis 1975, l'Insee a publié hier une étude sur les
évolutions démographiques, économiques, sociales et sociétales de notre
Pays depuis 50 ans.
Deux chiffres marquent particulièrement : entre 1975 et 2022, la
population d e la Corse est passée d e 226 000 à 351 270 habitants, soit
une hausse d e plus d e 55 % .
Avec un solde naturel négatif (plus de décès que de naissances), cette
croissance démographique exponentielle est portée exclusivement par
le solde migratoire.
Olalla Rodil ve os populares “enfurruñados” co acordo acadado polo Bloque e exixe a Rueda que deixe de mentir para boicotear a transferencia
O texto pactado supón que o Estado asumiría o custo económico que se puidese derivar dunha eventual anulación da prórroga de 25 anos outorgada por Aznar
read more..Wie voor een leefloon aanklopt bij het OCMW en kampt met een verslaving, zal verplicht een begeleidingstraject moeten volgen. Dat maakt minister van Maatschappelijke Integratie Anneleen Van Bossuyt bekend. “Een leefloon is er om mensen in nood te ondersteunen, niet om een verslaving te financieren op kosten van de samenleving. Wie steun wil krijgen, moet dan ook hulp aanvaarden.”
read more..Het Verenigd College stelt vandaag een begroting voor de Gemeenschappelijke Gemeenschapscommissie (GGC) voor met een tekort van 35 miljoen euro in 2026 en een zogenaamd begrotingsevenwicht tegen 2029. Volgens Brussels fractievoorzitter Gilles Verstraeten is dat echter een begroting gebouwd op wensdenken, zonder transparantie, zonder ernstig financieel plan en zonder geloofwaardige hervormingen. “Vooral gebakken lucht dus.”
read more..Néstor Rego denuncia que executivo estatal e galego avanzan “sen estudos rigorosos e dando as costas ao sector pesqueiro galego
O BNG demanda desbotar a extensión de novas zonas para o despregamento da eólica mariña, frear as poxas previstas e apoiar as reivindicacións da Plataforma en Defensa e dos Ecosistemas Mariños
read more..