Ana Pontón: “Non á guerra, imperialismo nunca máis”

Bloque Nacionalista Galego 11-03-2026, 09:22 anti-globalization, protest, international

Pídelle ao PP non repetir a foto criminal dos Azores e empraza a Rueda a poñerse do lado da Paz, do lado correcto da historia

Grupo BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, entoou o “non á guerra, imperialismo nunca máis” ao inicio do Pleno deste martes, pediulle ao PP non repetir a foto criminal dos Azores e emprazou a Rueda a poñerse do lado da Paz, do lado correcto da historia.

“Deixe de renderlle pleitesía aos EEUU e a Trump, denuncie a violación do dereito internacional e diga non a esta guerra criminal e inxusta”, demandoulle.

Lembrando as palabras de Eduardo Galeano “as guerras menten, ningunha guerra ten a honestidade de confesar que matan para roubar (..)”, esixiulle ao PP que “non siga coa mentira, porque sabemos que as bombas que lanzan en Irán, moitas delas sobre os corpos de nenas inocentes, non buscan a paz e o progreso, só buscan roubar o petróleo e controlar Oriente Medio”. “Señoras do PP, non repitan a foto dos Azores”, expresou, reclamándolle a un Rueda ausente que “rectifique” e que se poña “do lado correcto da historia”.

Pontón asegurou que o BNG e a maioría de galegos e galegas, antes e agora, “dixemos e seguimos dicindo non á guerra imperialista, criminal e inxusta promovida polos Estados Unidos, Israel e os seus aliados. Non a unha guerra que está incendiando Oriente Medio e que fai estremecer o mundo. Unha guerra que, ademais de morte, destrución e sufrimento, está provocando gravísimas consecuencias no comercio, na actividade económica e no custo da vida.”

Recalcou neste punto que a cidadanía galega non ten que pagar a guerra dun “xenocida como Netanyahu e dun criminal como Trump”, e por iso lle pediu ao Partido Popular e a Rueda que, por unha vez, “se poña diante dos dereitos humanos e do interese de Galiza” , que “deixe de renderlle pleitesía aos EEUU e a Trump”, que denuncie a violación do dereito internacional e que diga “non a esta guerra criminal e inxusta”.

Tras defender o dereito da soberanía dos pobos e a resolución pacífica dos conflitos, nunha aposta “sempre, sempre, pola paz”, lamentou que o PP perdese no Pleno a oportunidade de “poñerse do lado do que pensan a maioría dos galegos e das galegas, que non queren asistir impasibles ante outra guerra criminal e inxusta”.

“Tanto lles custa despregarse un pouco das directrices do PP de Madrid e defender o sentido común, a dignidade humana, dicir “non á guerra” e despegarse das políticas imperialistas de Trump?, interpelou dirixíndose ás bancadas populares.

Pontón fixo estas declaracións ao inicio do Pleno, despois de que os deputados e deputadas do BNG amosasen desde os seus escanos uns carteis con lemas en contra da guerra.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-ponton-non-guerra-imperialismo-nunca-mais/20260310122217042386.html

Related News

MK would like to thank Cllr Drew Creek, the leader of the Green Party Group on Cornwall Council for his kind words on our 75th anniversary.

read more..

More and more influential people are speaking out about the state of our water companies — from pollution to leaks to dividends and sky‑high bills. It’s no surprise, given how badly these services have been managed. 

read more..

Het Verenigd College stelt vandaag een begroting voor de Gemeenschappelijke Gemeenschapscommissie (GGC) voor met een tekort van 35 miljoen euro in 2026 en een zogenaamd begrotingsevenwicht tegen 2029. Volgens Brussels fractievoorzitter Gilles Verstraeten is dat echter een begroting gebouwd op wensdenken, zonder transparantie, zonder ernstig financieel plan en zonder geloofwaardige hervormingen. “Vooral gebakken lucht dus.” 

read more..

Landeskommandant Christoph Schmid kritisiert Autonomiereform, Olympia-Darstellung und politische Mutlosigkeit – Ehrenmajore ernannt

Mit deutlichen Worten hat der Südtiroler Schützenbund bei seiner 61. Ordentlichen Bundesversammlung in Bozen mehr politische Führung, mehr Einsatz für die Einheit Tirols und eine unmissverständliche Verteidigung der Autonomie eingefordert. Landeskommandant Christoph Schmid sprach von einem Land, das zunehmend führungs- und orientierungslos wirke, während Bundesgeschäftsführer Egon Zemmer eine kämpferische Bilanz eines arbeitsreichen Schützenjahres zog.

read more..

Brais Ruanova defendeu un si rotundo á serra da Groba mentres o PP opta por un modelo de espolio dos recursos e de capital foráneo

read more..

Justitie zal naar schatting dit jaar 5,8 miljoen euro aan verwijlinteresten betalen omwille van laattijdig betaalde facturen. Onder meer de gevangenissen zullen daardoor minder werkingsbudget krijgen.“Dit zijn miljoenen die gewoon de vuilbak worden ingegooid omdat Justitie er niet in slaagt facturen tijdig te betalen”, zegt Kamerlid Alexander Van Hoecke(Vlaams Belang) die de cijfers opvroeg.

read more..

A deputada Iria Carreira denuncia o desleixo con pacientes especialmente vulnerables que requirirían unha maior protección por parte da Xunta

read more..

De Fryske Steaten hawwe harren op 15 april unanym útsprutsen tsjin de driigjende sintralisaasje fan EU subsydzjes. De Europeeske Kommisje hat foar de kommende sânjierrige begrutting (2028-2034) útsteld om tenei mei ien nasjonaal programma per lân te wurkjen. Dat soe betsjutte dat Fryslân yn de takomst net mear sels bepale kin hoe en wêr’t it jild ynset wurdt.

read more..

El portaveu de Junts al Parlament reclama inversions immediates a Rodalies i critica que ERC converteixi la línia orbital en condició per aprovar els pressupostos de 2026

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031